Xa sexa un destino próximo ou unha viaxe a un lugar recóndito, a experiencia de viaxar pode ser unha gran fonte de desfrute. Saír de nosa casa sérvenos para esquecer preocupacións, obrigas e rutinas, abrir a nosa mente, coñecer costumes e culturas e conectar con outras persoas.
En Afundación programamos viaxes pensadas para que as persoas gocen ao máximo, ocupándonos de resolver calquera imprevisto que poida xurdir, xa que, ademais dos guías oficiais, o grupo vai acompañado por persoal de Afundación.
Ademais, segundo a época do ano, cada Espazo +60 de Afundación presenta plans de lecer en grupo para coñecer o patrimonio histórico e natural da nosa terra, visitar museos e acudir a celebracións tradicionais, en ocasións con clases teóricas previas. Esta oferta constitúe un excelente vehículo para favorecer o encontro e as relacións sociais entre persoas de diferentes localidades.
-
Viaxe a París, Espazos +60 Afundación
Pasearán pola Île de la Cité, continuarán polo barrio de Saint Germane, visitarán Montmartre, un dos barrios máis encantadores e extravagantes de París, o Palacio de Versalles...-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 8 ao 12 de xullo de 2025
-
-
NOVAS ACTIVIDADES 2025/2026 nos Espazos +60 Afundación
Xa podes consultar a programación cos horarios e días das actividades e inscribirte entre o 4 e o 19 de setembro-
ONDE:
ConsultarNOVAS ACTIVIDADES 2025/2026 nos Espazos +60 Afundación
-
-
Viaxe a Istambul e a Capadocia, Espazos +60 Afundación
Visitarán a marabillosa rexión de Capadocia, pararán nos vales de Avcilar e Güvercinlik onde gozarán dunha incrible paisaxe lunar, visitarán unha cidade subterránea escavada polas primeiras comunidades cristiás, visitarán o barrio de Fener e Balat declarado. Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, farán unha viaxe en barco polo Bósforo, visitarán o Gran Bazar, Santa Sofía...-
ONDE:
ConsultarViaxe a Istambul e a Capadocia, Espazos +60 Afundación
-
Datas:
Do 15 ao 22 de setembro de 2025
-
-
Segunda quenda viaxe a Xapón, Espazos +60 Afundación
Visitarán, entre outras cousas, o Santuario Meji, o Templo Sensoji, gozarán dunha vista espectacular de Shijuku, tomarán o teleférico ata o Monte Kachikachi para admirar as vistas do maxestoso Monte Fuji e do Lago Kawaguchi, visitarán o Castelo Matsumoto, o Castelo. de Osaka, tomarán o tren bala a Hiroshima...-
ONDE:
ConsultarSegunda quenda viaxe a Xapón, Espazos +60 Afundación
-
Datas:
Do 18 ao 28 de setembro de 2025
-
Horario:
-
-
Andaina: Camiño de San Rosendo e a Raíña Santa
Actividade dirixida polos voluntarios de senderismo (3) do Espazo+60 de Ourense-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Xoves, 25 de setembro.
-
Horario:
Saída ás 8:30 h e regreso arredor das 18.30-19h
-
-
Viaxe a Xapón, Espazos +60 Afundación
Visitarán, entre outras cousas, o Santuario Meji, o Templo Sensoji, gozarán dunha vista espectacular de Shijuku, tomarán o teleférico ata o Monte Kachikachi para admirar as vistas do maxestoso Monte Fuji e do Lago Kawaguchi, visitarán o Castelo Matsumoto, o Castelo. de Osaka, tomarán o tren bala a Hiroshima...-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 23 de outubro ao 2 de novembro de 2025
-
-
VIAXE AOS FIORDOS LEONESES - Espazo +60 Ferrol, Pontedeume e Betanzos
Cultura, natureza e gastronomía nunha mesma viaxe.-
ONDE:
ConsultarVIAXE AOS FIORDOS LEONESES - Espazo +60 Ferrol, Pontedeume e Betanzos
-
Datas:
Do 24/10/2025 ó 26/10/2025
-
-
ANDAINA A EMBELESADORA - Espazo +60 Ourense
Ruta organizada por voluntarios guías do Espazo +60 de Ourense nas inmediacións de Taboada (Lugo), que discorre polas parroquias de San Miguel de Vilela e Santiago de Sobrecedo.-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Martes, 28 de outubro do 2025
-
Horario:
8.45 h. Partimos da parada de autobús, detrás da subdelegación de Goberno, xunto a oficina de Abanca.
-
-
Viaxe a Uzbekistán, Espazos +60 Afundación
Visitarán Tashkent, a vibrante capital de Uzbekistán, o complexo Khasti Imam, sede do famoso Corán de Usman, e o animado bazar de Chorsu. Tamén explorarán a Praza Amir Temur e a Praza da Independencia. Desde Tashkent, viaxarás en tren ata Samarcanda, a xoia histórica da Ruta da Seda. Continuarán en tren ata Bukhara. O último destino será Khiva, unha cidade de contos de fadas.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 29 de outubro ao 6 de novembro de 2025
-
-
OS ESPAZOS+60 VAN DE BALNEARIO, APÚNTASTE?
LISTA DE AGARDA - Desfruta duns días de benestar e natureza no Balneario de Mondariz.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 17 ao 22 de novembro do 2025
-
-
2º TURNO - OS ESPAZOS+60 VAN DE BALNEARIO, APÚNTASTE?
LISTA DE AGARDA - Desfruta duns días de benestar e natureza no Balneario de Mondariz.-
ONDE:
Consultar2º TURNO - OS ESPAZOS+60 VAN DE BALNEARIO, APÚNTASTE?
-
Datas:
Do 24 ao 29 de novembro do 2025
-
-
Cruceiro polo Danubio para ver os mercadillos navideños, Espazos +60 Afundación
Esta experiencia de cruceiro excepcional levarache ao longo do lendario río Danubio, coñecido pola súa beleza paisaxística e a súa rica historia. Este itinerario abrangue un percorrido desde Nuremberg a destinos con encanto como Ratisbona, Passau, Viena, cada un destes portos ofrece unha oportunidade única para mergullarse na cultura, historia e patrimonio de Europa Central.-
ONDE:
ConsultarCruceiro polo Danubio para ver os mercadillos navideños, Espazos +60 Afundación
-
Datas:
Do 4 ao 10 de decembro de 2025
-
-
Ruta arqueolóxica e de natureza - Espazo +60 Ourense
Ruta guiada polas terras do Courel na que nos acompañará un Técnico Deportivo de Media Montaña, arqueólogo e membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO «Montañas do Courel».-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Xoves 5 de febreiro do 2026
-
Horario:
07.45 h
-
-
VIAXES +60 para este 2026, Espazos +60
Se che apaixona viaxar e descubrir novas culturas, pero hai certos destinos aos que nunca pensarías ir só ou soa, as nosas viaxes son para ti.-
ONDE:
Consultar
-
-
Visita guiada por Ourense cidade da man do alumnado de FP Turismo de CIFP A Farixa - Espazo +60
O Espazo +60 de Ourense organiza unha visita guiada pola cidade de Ourense, en colaboración co alumnado do FP de Turismo do CIFP A Farixa, o día 24 de febreiro, ás 11:00 h, con saída desde a Alameda de Ourense (Praza Bispo Cesáreo).-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Martes, 24 de febreiro do 2026
-
Horario:
11.00 a 12.30 h aprox.
-
-
Visita cultural ó Mosteiro de Oseira - Espazo +60 Ourense
Este febreiro vive unha experiencia única: visita ao histórico Monasterio de Oseira e a un obrador de pan, onde aprenderemos a facer pan artesanal.-
ONDE:
ConsultarVisita cultural ó Mosteiro de Oseira - Espazo +60 Ourense
CENTRO EXTERNO
-
Datas:
Xoves, 26 de febreiro do 2026
-
Horario:
9.30 h
-
-
Charla sobre o Festival Ilustrado de Ferrol - Espazo +60 Ferrol
Anímaste a descubrir o Festival Ilustrado e como participar nas súas actividades?-
ONDE:
Espazo +60 Ferrol -
Datas:
Luns, 9 de marzo do 2026
-
Horario:
17.00 h
-
-
Visita guiada "Mulleres para pensar. Ideas para defender" - Espazo +60 Lugo
Visita comentada á exposición “Mulleres para pensar. Ideas para defender” para coñecer a memoria histórica das mulleres e a achega de 30 pensadoras e activistas clave na xenealoxía do feminismo.-
ONDE:
ConsultarVisita guiada
CENTRO EXTERNO
-
Datas:
Martes, 10 de marzo do 2026
-
Horario:
18.00 h
-
-
Visita guiada: Doméstica - Espazo +60 Ourense
Faremos unha visita guiada pola exposición “DOMÉSTICA. O obxecto contemporáneo na Colección de Arte Afundación”, unha mostra que aborda o obxecto desde unha perspectiva contemporánea con obras dos séculos XX e XXI pertencentes á Colección de Arte Afundación.-
ONDE:
ConsultarVisita guiada: Doméstica - Espazo +60 Ourense
-
Datas:
12/03/2026
24/03/2026
-
-
Saída de rutas históricas - Espazo +60 Ferrol
Unha xornada cultural que combina a visita ao Centro de Supercomputación de Galicia cun percorrido guiado pola exposición de Asorey no Gaiás.-
ONDE:
Espazo +60 Ferrol -
Datas:
17 de marzo do 2026
-
Horario:
Saída ás 8.30 horas
-
-
Tarde de teatro: "Con de tres pés” de Carlos Blanco - Espazo +60 Monforte
O Espazo +60 de Monforte, dentro da súa programación de lecer activo, propón asistir en grupo á obra de teatro “Con de tres pés”, protagonizada por Carlos Blanco e Belén Constenla, para gozar dunha afección común.-
ONDE:
ConsultarTarde de teatro:
CENTRO EXTERNO
-
Datas:
Xoves, 26 de marzo do 2026
-
Horario:
20.15 h
-
-
Visita guiada a exposición de fotografía “Read Me”, Santiago Barreiros - Espazo +60 Ourense
O 26 de marzo, xoves, farase unha visita guiada ao Centro Cultural Marcos Valcárcel para ver a exposición “Read Me” co grupo de fotografía.-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Xoves, 26 de marzo do 2026
-
Horario:
11.30 a 12.30 horas
-
-
Viaxe a Córdoba, Espazos +60
A beiras do Guadalquivir érguese unha cidade cun pasado grandioso e rúas cheas de lendas. Fenicios, romanos, árabes, xudeus e cristiáns deixaron a súa pegada en monumentos, prazas e tradicións que hoxe seguimos gozando. A Mesquita-Catedral, o Alcázar dos Reis Cristiáns, a Torre de Calahorra e a Xudería son testemuñas dunha Córdoba que chegou a ser a cidade máis poboada de Europa na súa época dourada. Unha viaxe para camiñar entre historia e cultura, onde cada recuncho ten unha historia.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 9 ao 14 de abril do 2026
-
-
Viaxe ó Norte de Italia, Espazos +60
Descubre o Norte de Italia, onde lagos soñados, cidades elegantes e paisaxes alpinas únense para crear unha viaxe chea de historia e beleza.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 10 ao 14 de abril do 2026
-
-
Viaxe a Toledo e Puy du Fou - Espazos +60 Betanzos, Pontedeume e Ferrol
Descubre unha escapada única que combina historia, cultura e espectáculo. Propoñémosche unha viaxe inesquecible a Toledo, cidade Patrimonio da Humanidade, e ao impresionante parque temático Puy du Fou España.-
ONDE:
ConsultarViaxe a Toledo e Puy du Fou - Espazos +60 Betanzos, Pontedeume e Ferrol
-
Datas:
Do 14 ao 16 de abril do 2026
-
Horario:
Consultar
-
-
ANDAINA CAMIÑO DA AMARGURA - Espazo +60 Ourense
Espectacular ruta pola Ribeira Sacra, no concello de Nogueira de Ramuín, entre bosques autóctonos e con impresionantes vistas do río Sil e do mosteiro de Santo Estevo.-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Xoves, 16 de abril do 2026
-
Horario:
Saída ás 08.00 horas
-
-
Visita ao Pazo de Trasalba e ao Museo do Traxe Tradicional (Ourense) - Espazo +60 Ferrol
Nova saída cultural do grupo de Rutas Históricas para descubrir o patrimonio de Trasalba e a tradición etnográfica galega.-
ONDE:
Espazo +60 Ferrol -
Datas:
Mércores, 22 de abril do 2026
-
Horario:
Consultar
-
-
Segredos dunha Santa - Espazo +60 Ourense
Descubriremos os segredos desta ruta tan especial, visitando a igrexa de Santa Mariña e o entorno do castro de Armea, cheo de lendas e historia.-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Xoves, 23 de abril do 2026
-
Horario:
10.00 a 14.00 horas
-
-
Viaxe a Teruel, Espazos +60
Benvidos a Teruel, terra de historia, natureza e tradicións que enamoran! Esta viaxe ofrece unha experiencia única, combinando comodidade e autenticidade en cada destino. Prepara as túas maletas e acompáñanos nesta experiencia inesquecible!-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 24 ao 29 de maio do 2026
-
-
2º turno Viaxe a Ámsterdam, Espazos +60
Viaxar a Ámsterdam é vivir unha experiencia que conecta, que inspira e que permanece. É unha cidade que non se visita só, senón que se sente. E cando chega o momento de partir, algo no corazón sempre desexa volver.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 16 ao 20 de xuño do 2026
-
-
Viaxe a Ámsterdam, Espazos +60
Viaxar a Ámsterdam é vivir unha experiencia que conecta, que inspira e que permanece. É unha cidade que non se visita só, senón que se sente. E cando chega o momento de partir, algo no corazón sempre desexa volver.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 30 de xuño ao 4 de xullo do 2026
-
-
Viaxe Cruceiro por Croacia e Montenegro, Espazos +60
Desfrute dunha viaxe única por Croacia e Montenegro, situados no corazón da costa dálmata, un lugar de beleza inigualable. Dubrovnik, coñecida como a “perla do Adriático”, Trogir, Hvar, Korčula e Kotor son cidades de visita obrigada, xunto cos parques nacionais de Mljet e Krka, auténticas obras da natureza.-
ONDE:
ConsultarViaxe Cruceiro por Croacia e Montenegro, Espazos +60
-
Datas:
Do 16 ao 23 de xullo
-
-
Viaxe a Córcega e Cerdeña, Espazos +60
Embárcate nunha viaxe entre Córcega e Cerdeña, dúas illas mediterráneas onde a natureza salvaxe, as vilas con encanto e os mares turquesa crean un paraíso que namora desde o primeiro intre.-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 4 ao 11 de setembro do 2026
-
-
Viaxe a Tunes, Espazos +60
Unha viaxe fascinante polos grandes tesouros de Tunes. Desde a medina de Tunes capital, Cartago e o encantador Sidi Bou Said, ata as cidades históricas de Dougga e Kairouan. O percorrido continúa cara ao sur para descubrir o anfiteatro do Jem, as casas trogloditas de Matamata, o deserto do Sahara en Douz con paseo en dromedario e o oasis de Tozeur, atravesando o espectacular Chott el Jerid. Finaliza na costa, con estancia en Hammamet e visita ao Cabo Bon.-
Datas:
Do 1 ao 9 de outubro do 2026
-
-
Viaxe á Rioxa, Espazos +60
asea entre viñedos, descobre pobos medievais e déixate sorprender por unha terra onde a tradición e a gastronomía forman parte de cada momento. “A Rioxa é unha viaxe para saborear e descubrir: cada pobo, cada adega e cada paisaxe de viñedos contan unha historia que merece ser vivida.”-
ONDE:
Consultar
-
-
Viaxe a Vietnam e Camboxa 2º turno, Espazos +60
Vietnam e Camboxa non son simplemente destinos: son emocións que se viven intensamente e que permanecen moito tempo despois do regreso. É unha viaxe que transforma, que inspira e que deixa unha pegada profunda en quen a realiza, unha travesía da alma, unha aventura para quen desexa descubrir Asia desde o corazón, coa mirada curiosa e o espírito aberto ao extraordinario. Vietnam e Camboxa non se visitan, vívense, respíranse, e cámbiante para sempre. ¿Listo para emprender esta viaxe?-
ONDE:
ConsultarViaxe a Vietnam e Camboxa 2º turno, Espazos +60
-
Datas:
Do 27 de outubro ao 8 de novembro do 2026
-
-
Viaxe a Vietnam e Camboxa, Espazos +60
Vietnam e Camboxa non son simplemente destinos: son emocións que se viven intensamente e que permanecen moito tempo despois do regreso. É unha viaxe que transforma, que inspira e que deixa unha pegada profunda en quen a realiza, unha travesía da alma, unha aventura para quen desexa descubrir Asia desde o corazón, coa mirada curiosa e o espírito aberto ao extraordinario. Vietnam e Camboxa non se visitan, vívense, respíranse, e cámbiante para sempre. ¿Listo para emprender esta viaxe?-
ONDE:
Consultar -
Datas:
Do 3 ao 15 de decembro do 2026
-