Ruta cultural pola Ribeira Sacra - Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 organiza unha ruta cultural pola Ribeira Sacra o mércores 27 de maio, cun percorrido por algúns dos enclaves históricos e paisaxísticos máis destacados deste territorio galego.
A primeira parada será no Mosteiro de San Pedro de Rocas, considerado o conxunto monacal máis antigo de Galicia e único por conservar parte da súa estrutura orixinal escavada na rocha.
A ruta continuará no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, mosteiro de orixe medieval que chegou a converterse nun dos máis importantes de Galicia.
Tras unha pausa para xantar e descansar, a xornada rematará cun percorrido en catamarán pola Ribeira Sacra, con saída e regreso desde o embarcadoiro de Santo Estevo.
A saída será ás 9:30 horas, detrás do Goberno Civil, xunto á oficina de Abanca.
Prezo: 55 euros
Inscrición previa no Espazo +60, no teléfono 988 23 63 03 ou a través do seguinte formulario.