A Colección de Afundación é unha das mellores da arte galega. Conta na actualidade cun fondo de 5.000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías. Abarca un percorrido polas distintas etapas artísticas galegas con obras fundamentais que recollen toda a historia da nosa arte desde o s. XIX ata os nosos días.
Grandes autores representativos na historia da arte galega dan vida aos fondos da colección: Villaamil, Sotomayor, Lloréns, Serafín Avendaño, Ovidio Murguía de Castro, Joaquín Vaamonde, Carlos Sobrino, Jesús Corredoira, Sotomayor, Arturo Souto, Castelao, Laxeiro, Colmeiro, Seoane, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Urbano Lugrís, Jorge Castillo, Leopoldo Nóvoa, Antón Lamazares, Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Manuel Vilariño, Vari Caramés, Pamen Pereira ou Quintana Martelo, entre outros moitos.
A nosa Colección foi declarada «Ben de Interese Cultural» (BIC) pola Xunta de Galicia no ano 2015, o que certifica o compromiso que adquirimos para a conservación e difusión dun elemento básico do patrimonio cultural de Galicia polo seu carácter singular e amplamente representativo do panorama artístico galego.
O traballo de conservación, catalogación e difusión dos fondos que levamos a cabo garanten a continuidade futura deste patrimonio artístico e cultural, e reafirmamos o noso compromiso coa sociedade galega de manter e divulgar a nosa colección.
Disfruta de un Tour Virtual polo noso Espacio Colección