Descubre a illa secreta de Galicia: excursión á Illa de Tambo - Espazo +60 Pontedeume y Betanzos
O vindeiro 23 de maio propoñémosche unha escapada inesquecible para coñecer un dos recunchos máis sorprendentes e descoñecidos de Galicia: a Illa de Tambo.
Partiremos ás 08:30 horas desde Pontedeume en dirección ao porto de Combarro, onde embarcaremos rumbo a esta xoia natural situada na ría de Pontevedra. Unha guía oficial acompañaranos durante aproximadamente tres horas nunha ruta circular accesible, perfecta para descubrir a historia, a natureza e os segredos que agocha a illa.
A experiencia inclúe comida mariñeira a bordo con empanada, mexillóns, arroz de marisco, sobremesa, bebida e pan.
Ao rematar a visita en barco, achegarémonos a Pontevedra, onde disporás de tempo libre para pasear pola cidade ou, quen o desexe, poderá realizar unha visita guiada a un museo.
Prezo: 60 €
Inscrición obrigatoria antes do 18 de maio.