Visita guiada "Mulleres para pensar. Ideas para defender" - Espazo +60 Lugo
Con motivo da celebración do 8M, o Espazo+60 organiza unha visita comentada á exposición “Mulleres para pensar. Ideas para defender”.
Da man do Foro Feminista de Lugo, as persoas participantes poderán achegarse á memoria histórica das mulleres, ás súas reivindicacións e á súa contribución ao desenvolvemento do feminismo desde o século XVIII ata a actualidade.
Durante a visita afondarase na historia e nas achegas intelectuais de 30 mulleres pensadoras e activistas fundamentais para comprender a xenealoxía feminista, a través do seu pensamento crítico e do seu legado nas loitas pola igualdade.
Data: martes, 10 de marzo de 2026
Hora: ás 18.00 h
Lugar: Biblioteca Pública (Avda. Ramón Ferreiro, 23. Lugo)
Inscricións no Espazo+60 de Lugo 982 241 878 ou a través de mais60lugo@afundacion.org
Prazo de inscrición aberto ata o 10 de marzo ás 14.00 h.