Viaxe a Toledo e Puy du Fou - Espazos +60 Betanzos, Pontedeume e Ferrol
Do 14 ao 16 de abril de 2026 | Saída desde Ferrol
Descubre unha escapada única que combina historia, cultura e espectáculo. Propoñémosche unha viaxe inesquecible a Toledo, cidade Patrimonio da Humanidade, e ao impresionante parque temático Puy du Fou España.
Durante tres días gozarás de visitas guiadas, gastronomía tradicional e un dos mellores espectáculos históricos do mundo.
14 DE ABRIL – FERROL · ÁVILA · TOLEDO
Saída cara a Ávila. Xantar en restaurante e visita guiada polos seus monumentos máis emblemáticos. Continuación cara a Toledo. Chegada ao hotel, distribución de habitacións, cea e aloxamento.
15 DE ABRIL – PUY DU FOU ESPAÑA
Almorzo no hotel e traslado ao parque. Día completo gozando de espectáculos e poboados históricos. Todos os espectáculos inclúen Pase Emoción (asentos preferentes). Xantar e cea incluídos no recinto. Pola noite, espectáculo “O Soño de Toledo” (entrada preferente). Regreso ao hotel e aloxamento.
16 DE ABRIL – TOLEDO · FERROL
Almorzo no hotel. Visita guiada polo casco histórico de Toledo (catedral, sinagogas e legado das tres culturas). Xantar en restaurante. Regreso a Ferrol á hora acordada.
Prezo por persoa en habitación dobre: 465 €
Suplemento habitación individual: 75 €
O PREZO INCLÚE (Organizado por Viaxes Embajador):
- Autobús durante todo o percorrido
- Estancia no Hotel Real de Toledo (3*)
- Almorzos e ceas no hotel
- Xantar en restaurante en Ávila
- Xantar en restaurante en Toledo
- Entrada a Puy du Fou España con xantar e cea incluídos
- Espectáculos con Pase Emoción
- Espectáculo “O Soño de Toledo” (entrada preferente)
- Visitas con guía local en Ávila e Toledo
- 1/4 de auga e 1/4 de viño nas comidas
- Seguro completo de asistencia e cancelación
Inscríbete ata o 27 de marzo nos Espazos +60 de Betanzos (981 772 911) ou Pontedeume (981 431 304).