Visita ao Pazo de Trasalba e ao Museo do Traxe Tradicional (Ourense) - Espazo +60 Ferrol
O grupo de Rutas Históricas organiza unha nova saída cultural para visitar o Pazo de Trasalba e o Museo do Traxe Tradicional, situados en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).
A actividade terá lugar o vindeiro 22 de abril de 2026, con saída ás 8:30 horas desde a parada de autobús de Correos. Trátase dunha oportunidade única para coñecer un dos pazos máis emblemáticos de Galicia e achegarse á historia e evolución do traxe tradicional galego.
O prezo da actividade é de 40 euros e conta cun total de 52 prazas dispoñibles.
É necesaria inscrición previa, que poderá realizarse o luns 20 de abril ás 17:00 horas no Espazo +60 Ferrol.