Viaxe a Córdoba, Espazos +60
A beiras do Guadalquivir érguese unha cidade cun pasado grandioso e rúas cheas de lendas. Fenicios, romanos, árabes, xudeus e cristiáns deixaron a súa pegada en monumentos, prazas e tradicións que hoxe seguimos gozando. A Mesquita-Catedral, o Alcázar dos Reis Cristiáns, a Torre de Calahorra e a Xudería son testemuñas dunha Córdoba que chegou a ser a cidade máis poboada de Europa na súa época dourada.
Unha viaxe para camiñar entre historia e cultura, onde cada recuncho ten unha historia.
9 de abril – Recollida nos Espazos +60 e traslado ao aeroporto de Santiago. Voo directo a Málaga e traslado ao hotel en Córdoba en autocar. Cea e aloxamento no Hotel HC Mezquita Center. Primeiro contacto con Andalucía e a súa luz especial.
10 de abril – Almorzo no hotel e excursión de día completo. Pola mañá visitaremos a Mesquita-Catedral, cunha visita guiada a un dos monumentos máis emblemáticos do mundo islámico e cristián. Exploraremos o bosque de columnas, o mihrab, a macsura e a nave renacentista, descubrindo a evolución histórica deste templo único.
A continuación, percorrido polo Casco Histórico, declarado Patrimonio da Humanidade. Desde o Triunfo de San Rafael, explicación da Torre da Calahorra, o Ponte Romano e a Porta do Ponte, contextualizando a súa importancia defensiva e simbólica na historia da cidade.
Xantar no Restaurante Posada Caballo Andaluz.
Pola tarde, percorrido polos tradicionais Patios Cordobeses do barrio de San Basilio, declarados Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Acceso a 5 patios privados con fontes, flores e arquitectura popular.
Cea e aloxamento no hotel.
11 de abril – Almorzo e excursión de día completo. Pola mañá visitaremos o Conxunto Arqueolóxico de Medina Azahara, trasladándonos ao xacemento da cidade palatina mandada construír por Abderramán III. Percorrido pola Casa de Yafar, o Salón Rico, murallas e portas monumentais, comprendendo a súa importancia histórica e artística.
Xantar en Bodegas Mezquita Céspedes.
Pola tarde, visita aos Baños do Alcázar Califal, restos arqueolóxicos dos antigos baños árabes, explicando a importancia da auga, a hixiene e a vida cortesá na época andalusí. A continuación, visita ao Alcázar dos Reis Cristiáns, fortaleza-palacio de gran relevancia histórica, co percorrido polas salas, patios e xardíns, coas explicacións sobre o seu papel durante a Reconquista, a estancia dos Reis Católicos e a relación con Cristóbal Colón.
Cea e aloxamento no hotel.
12 de abril – Almorzo e excursión de día completo. Saída cara a Lucena, cidade con un pasado histórico rico, marcado pola convivencia de culturas xudía, musulmá e cristiá e con destacado patrimonio barroco. Visita aos principais monumentos: Castelo do Moral, Igrexa de San Mateo, Palacio de Santa Ana e Casa dos Mora.
Xantar no Restaurante El Patio do Hotel Santo Domingo de Lucena.
Pola tarde, visita a Priego de Córdoba, un dos pobos máis bonitos de Andalucía, famoso polo seu patrimonio monumental e exquisito aceite de oliva. Coñecido como “Xoia do Barroco Cordobés” e “Cidade da Auga”, cunhas rúas con macetas policromadas, fontes e recunchos que encantan. Regreso a Córdoba.
Cea e aloxamento no hotel.
13 de abril – Almorzo e excursión de día completo. Pola mañá, visita guiada a un olivar e almazara en Montilla, un dos mellores aceites do mundo, cun percorrido polos segredos da súa fabricación con máis dun século de antigüidade, incluíndo degustación.
Xantar no Restaurante Don Quixote de Montilla.
Pola tarde, visita ás Bodegas Alvear, a bodega máis antiga de Andalucía e segunda de España, con percorrido polo lagar, sala de fermentación e zona de crianza. Cata de viños emblemáticos: Amontillado, Oloroso e Pedro Ximénez.
Cea especial de despedida no “Tablao El Jaleo”. Aloxamento no hotel.
14 de abril – Almorzo e saída cara a Carmona. Tempo libre para gozar do seu casco histórico amurallado, con rúas estreitas e casas encaladas, mantendo un auténtico encanto andaluz.
Xantar no Restaurante Molino de la Romera.
Traslado ao aeroporto de Sevilla e voo de regreso a Santiago. Chegada aos Espazos +60 e fin do viaxe.
Hotel:
Hotel Mezquita Center
Prezos (baseados nun grupo de 40 persoas de pago):
- Habitación dobre socio ABANCA: 1.580 €
- Habitación dobre socio: 1.738 €
- Suplemento habitación individual: 200 €
A viaxe organizada por Bivestour inclúe:
- Voos previstos ida: Santiago – Málaga e regreso Sevilla – Santiago coa compañía Vueling
- Santiago - Málaga > 13:30 h - 15:05 h
- Sevilla - Santiago > 17:10 h - 18:35 h
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Santiago. Maleta facturada incluída
- Moderno autocar para traslados e visitas do itinerario
- 5 noites de aloxamento en Hotel HC Mezquita Córdoba 4*
- Réxime de pensión completa con auga ou copa de viño ou cervexa ou refresco
- Café nos xantares e ceas
- Xantares especialmente seleccionados en restaurantes locais
- Cea de despedida no “Tablao El Jaleo”
- Guía desde a orixe
- Unha persoa da axencia Bivestour e 2 acompañantes de Afundación
- Guías locais para todas as visitas detalladas no programa
- Entradas: Mezquita de Córdoba, Baños do Alcázar, Alcázar dos Reis, Patios en San Basilio, Medina Azahara, Castelo do Moral, Palacio dos Condes de Santa Ana, Casa da Mora, visita guiada a unha Almazara e ás Bodegas Alvear
- Audioguías para todas as visitas
- Seguro de viaxe e cancelación (non reembolsable)
Prazos de pagamento
- Ao confirmar a praza: 850 €
- Antes do 10 de marzo: socios ABANCA 730 €, non socios 888 €
Condicións de cancelación:
- 29 días antes da saída: 50 % do importe total
- 30 días antes da saída: 100 % do importe total
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A solicitude de inscrición será efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, dispoñible dende o 19 de febreiro ás 10:00 horas ata que se completen as prazas. Para verificar que a solicitude se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación de solicitude. Se non o recibe, contacte co teléfono 698 197 990.
A confirmación da praza realizarase mediante un novo correo electrónico, momento no que deberá efectuar o primeiro pagamento.
As prazas do autobús asignaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio/a e desexa viaxar con nós, pode acudir a un Espazo +60 ou solicitar cita previa.
(*) Condicións completas dispoñibles no seu Espazo +60 Afundación ou en Bivestour (C/ Fernando González, 4 - A coruña; 881 906 086).