Vantaxes

Se es maior de 65 anos ou tes entre 55 e 65, os nosos centros ofrécenche numerosas actividades e servizos por tan só 45 € ao ano, ou 15 € se es cliente de ABANCA. Podes desenvolver nun mesmo espazo moitas e variadas habilidades, ademais de aportar as túas experiencias e coñecer a máis persoas. Ti escolles o que che interesa.

Estas son as actividades e servizos que tes ao teu alcance nos nosos centros:

  • Coidado da saúde e prácticas saudables: Ioga, Pilates, Taichi, aeróbic, zumba, ximnasia natural e mental, relaxación, bailes de salón ou musicoterapia, ademais de servizos de podoloxía ou masaxe.
  • Cultura: Club de lectura, teatro, música, artesanía, visitas culturais...
  • Educación e coñecementoo: Idiomas, novas tecnoloxías, educación financeira...
  • Participación comunitaria: Voluntariado e actividades interxeracionais a través do programa «O valor da experiencia».
  • Lecer activo: Segundo a época do ano, cada un dos centros Afundación presenta ademais novos programas e planes de lecer en grupo, coma viaxes ou actividades conxuntas para persoas maiores e mozas.

Se tes interese en te asociares connosco, presenta a seguinte documentación nalgún dos Espazos +60 e teremos unha entrevista para coñecernos:

Ou se prefires envíanos este formulario e chamámoste.

Formulario de solicitude de cita