A creación no campo da literatura e a arte ten o seu recoñecemento a través dos nosos premios anuais.
Coñece máis sobre estes e participa.
Premio de Poesía Afundación

Este certame literario é unha iniciativa de Afundación e o Centro PEN de Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e ten como obxectivo impulsar a creación en lingua galega.
Se contas cunha obra poética inédita, consulta as bases e fainos chegar o teu orixinal.
Bases do XIX Premio de Poesía Afundación. Gañador@s do Premio de Poesía Afundación. PDF - 100 kBPremio Afundación de Periodismo Julio Camba

Dentro do eido xornalístico convocamos anualmente este concurso literario que premia autoras/ es de artigos escritos en castelán, publicados en medios de comunicación de prensa. Gañador da XLI edición neste 2020: «En Madrid llueve mal» de Luis Pousa, publicado en La Voz de Galicia..
Consulta as bases da edición 2021: Bases do Premio Julio Camba 2021 Gañador@s do Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba desde os seus comezos. PDF - 500 kBPremio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Dentro do eido xornalístico convocamos anualmente este concurso literario que premia autoras/ es de artigos escritos en galego, publicados en medios de comunicación de prensa. Gañadora da XVII edición en 2020: Cristina Pato por «Realidades paralelas»», en La Voz de Galicia.
Consulta as bases : Bases do premio 2020 - 2021
Gañador@s do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego desde os seus comezos. PDF – 1 MbConcurso de Beléns Afundación

O noso Concurso de Beléns chega á súa 55 edición con novidades. Por mor da covid-19, este ano adaptámonos ás circunstancias e abrimos convocatoria a todos os particulares e colectivos, solicitando o envío de imaxes das creacións. Desta volta, os beléns non se presentarán fisicamente, senón a través de fotografías, que logo se exporán de maneira virtual desde esta páxina web. O xurado valorará a creatividade, a claridade da mensaxe solidaria e mellor execución. Queremos seguirnos a implicar coma cada ano no Nadal, nesta ocasión, coa seguridade de que imos estar ben.
Exposición de fotografías de Beléns 2020 : Máis información de datas e horarios