2º TURNO - OS ESPAZOS+60 VAN DE BALNEARIO, APÚNTASTE?
As persoas socias dos Espazos +60 de Afundación van de balneario a Mondariz.
Programa:
- Luns: Chegada ao mediodía, xantar buffet, acceso ao Palacio da Auga SPA, presentación do Balneario a cargo da Dra. Laura Gómez e cea temática Romería Galega.
- Martes: Almorzo, ruta histórica polas fontes de Mondariz, xantar, circuíto termal e cea buffet.
- Mércores: Visita guiada a Baiona e Virxe da Rocha, xantar, circuíto termal e cea buffet.
- Xoves: Visita ao Palacio da Brejoeira en Monçao (Portugal), xantar, circuíto termal e cea buffet.
- Venres: Ruta natural polo río Tea, xantar, circuíto termal, cea de despedida con música en directo e baile.
- Sábado: Almorzo, acceso ao Palacio da Auga, xantar e saída.
Prezos:
Prezo por persoa en base 40 participantes:
- Socio ABANCA, habitación dobre: 595 €
- Socio outra entidade, habitación dobre: 655 €
- Suplemento habitación individual socio ABANCA: 100 €
- Suplemento habitación individual socio outra entidade: 110 €
Forma de pagamento:
- No momento da inscrición, ingresar 150 € mediante transferencia a BALNEARIO DE MONDARIZ, S.A. Conta: ES81 0081 0492 4500 0129 2532 Concepto: Balneario + nome e apelidos da persoa inscrita.
- O importe restante poderá ingresarse ata o 14 de novembro na mesma conta.
LISTA DE AGARDA
Formulario de inscrición (as prazas de autobús asignaranse por orde de inscrición). O prazo de inscripción abrirase o xoves 23 de outubro ás 12.00 h.
Cancelación gratuíta ata o 10 de novembro.