Tarde de cine: unha cita para gozar da Festa do Cine - Espazo +60 Monforte
O Espazo +60 Afundación de Monforte, dentro da súa programación de lecer activo, organiza unha tarde de entretemento e convivencia nos Multicines Hollywood de Monforte de Lemos con motivo da celebración da Festa do Cine.
A actividade ten como obxectivo gozar dunha experiencia cultural compartida e, ao mesmo tempo, apoiar o cine da cidade e a industria cinematográfica. A película escollida para a ocasión é O diaño viste de Prada 2, unha comedia dramática estadounidense protagonizada por Meryl Streep, Anne Hathaway, Emily Blunt, Simone Ashley e Stanley Tucci, entre outros intérpretes.
A cita será o xoves 11 de xuño, de 20.00 a 22.15 horas, nos Multicines Hollywood (Rúa Ramón Otero Pedrayo, 11). O prezo da entrada é de 3,50 euros e non é necesaria inscrición previa.