• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Viaxe á Rioxa, Espazos +60

Maiores Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Viaxe á Rioxa, Espazos +60
  • 18-10-2026 23-10-2026 Viaxe á Rioxa, Espazos +60 asea entre viñedos, descobre pobos medievais e déixate sorprender por unha terra onde a tradición e a gastronomía forman parte de cada momento. “A Rioxa é unha viaxe para saborear e descubrir: cada pobo, cada adega e cada paisaxe de viñedos contan unha historia que merece ser vivida.” Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

Historia, viño e tradición únense nesta viaxe para descubrir algúns dos recunchos máis auténticos da Rioxa.

A Rioxa é famosa mundialmente polos seus viños, a súa tradición vitivinícola e as súas paisaxes de viñedos que se estenden entre outeiros e ríos.
Os seus pobos medievais, mosteiros, castelos e rúas empedradas ofrecen unha xanela á historia e á vida tradicional rioxana. Unha viaxe pensada para degustar, descubrir e vivir a esencia da Rioxa entre cultura, gastronomía e patrimonio.

18 de outubro | Galicia - Logroño

Saída en autocar desde os diferentes espazos + 60 con destino a Logroño. Durante o traxecto realizaremos paradas técnicas para garantir o confort do grupo e aproveitar para descansar e gozar da paisaxe.

Xantar en ruta nun restaurante seleccionado.

Chegada a Logroño pola tarde e acomodación no Hotel NH Herencia Rioja, onde as persoas viaxeiras poderán relaxarse e familiarizarse coas instalacións.

Cea e aloxamento no hotel.

19 de outubro | Logroño, Laguardia e Bodegas Marqués de Riscal

Comezamos a xornada cun almorzo no hotel e encontro co noso guía para iniciar unha visita panorámica de Logroño. Percorreremos o seu casco histórico, descubrindo prazas, monumentos emblemáticos e recunchos que nos falan de séculos de historia e cultura local.

Continuamos cara ás Bodegas Marqués de Riscal, onde gozaremos dunha cata e descubriremos a historia desta prestixiosa adega e a tradición vitivinícola da rexión.

Xantar no Restaurante El Bodegón, en Laguardia.

Pola tarde visitaremos Laguardia, un dos pobos medievais máis fermosos de España, con tempo para pasear polas súas rúas empedradas e fotografar as súas murallas.

Regreso a Logroño para unha cea especial, gozando da animada ruta de petiscos pola rúa Laurel, acompañados do noso guía local, vivindo o ambiente, os sabores e a tradición local que se combinan nunha experiencia única.

Aloxamento no hotel.

20 de outubro | Nájera, San Millán de la Cogolla e Pedroso

Almorzo no hotel e encontro co guía para comezar a xornada.

Visita guiada ao conxunto monumental de Santa María la Real de Nájera. Seguiremos cara ao Mosteiro de San Millán de la Cogolla (Yuso), berce da lingua castelá e Patrimonio Mundial da UNESCO.

Xantar no Restaurante Espacio Cáscaras, unha experiencia auténtica na Rioxa. Situado nunha antiga nave rural reconvertida, ofrece unha experiencia acolledora e diferente, cunha cociña baseada en produtos locais, de tempada e receitas tradicionais rioxanas reinterpretadas con creatividade.

A continuación, pasearemos pola aldea serrá de Pedroso antes de regresar ao hotel.

Cea e aloxamento no hotel.

21 de outubro | Briones, Haro e Fuenmayor

Almorzo no hotel e encontro co guía para comezar a xornada.

Comezaremos percorrendo Briones, unha pintoresca vila cun casco histórico que parece detido no tempo, onde as súas prazas, rúas empedradas e monumentos emblemáticos nos contarán a historia de xeracións de rioxanos.

A continuación, dirixirémonos a Haro, capital do viño da Rioxa, onde visitaremos as históricas Bodegas Bilbaínas. Durante a visita descubriremos os segredos do proceso de elaboración dos seus viños, desde a vendima ata a crianza, e gozaremos dunha cata que nos permitirá apreciar a calidade e riqueza das súas diferentes variedades.

Tras a cata, pasearemos polo casco histórico de Haro, contemplando as súas prazas, edificios emblemáticos e recunchos cheos de historia.

Xantar no Restaurante Beethoven. A xornada continuará en Fuenmayor, onde nos adentraremos no seu contorno vitivinícola e patrimonio local, apreciando a harmonía entre viñedos, arquitectura tradicional e paisaxes que convidan a deterse e gozar do momento.

Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

22 de outubro | Sajazarra, Cuzcurrita e Finca La Emperatriz

Almorzo no hotel e encontro co guía para comezar a xornada.

Comezaremos visitando as encantadoras vilas medievais de Sajazarra e Cuzcurrita del Río Tirón, onde cada rúa, praza e edificio nos falará de séculos de historia e tradición. As súas murallas, recunchos empedrados e fachadas cheas de carácter transportaranos a outra época.

A continuación, dirixirémonos á Finca La Emperatriz. Alí realizaremos un percorrido guiado polos viñedos históricos e gozaremos dunha cata de viños que espertará todos os nosos sentidos, acompañada dun xantar tradicional rioxano que reflicte a riqueza gastronómica da rexión.

Tras esta experiencia, achegarémonos a Santo Domingo de la Calzada, unha vila chea de encanto onde visitaremos a súa catedral, símbolo do paso do Camiño de Santiago.

A xornada culminará cunha visita ás prestixiosas Bodegas Franco-Españolas, para descubrir os seus segredos enolóxicos. Pecharemos o día cunha cea de despedida nun dos seus salóns.

Regreso ao hotel e aloxamento.

23 de outubro | Logroño - Galicia

Tras un último almorzo no hotel, despedímonos da Rioxa e emprendemos o regreso en autobús cara aos nosos distintos puntos de orixe.

Durante o traxecto realizaremos unha parada para xantar no restaurante La Peseta de Astorga, famoso polo seu delicioso cocido maragato, unha experiencia gastronómica que porá o broche de ouro á nosa aventura.

Así se pecha unha viaxe inesquecible que combina historia, paisaxes e sabores auténticos, deixando recordos que permanecerán na memoria e no corazón de cada persoa viaxeira.

Hotel previsto: NH Logroño Herencia 4*

Prezo (baseado nun grupo de 35 persoas de pago):

  • Prezo en habitación dobre socio ABANCA - 1.767 €
  • Prezo en habitación dobre socio - 1.944 €
  • Suplemento habitación individual - 375 €

Esta viaxe, organizada por Bivestour, inclúe:

  • Moderno autocar durante todo o percorrido
  • Saída desde os diferentes Espazos + 60
  • 5 noites de aloxamento no hotel NH Herencia Rioja****
  • Réxime de pensión completa con auga ou copa de viño ou cervexa ou refresco
  • Café nos xantares e ceas
  • Xantares especialmente seleccionados en restaurantes locais cunha coidada gastronomía
  • Ruta de petiscos pola rúa Laurel con guías locais, en grupos reducidos de ata 12 persoas
  • Inclúe 4 petiscos, cada un acompañado da súa bebida, en distintos establecementos
  • Guías locais para as visitas detalladas no programa
  • Entradas: Pórtico de Santa María en Laguardia, Santa María la Real de Nájera, Mosteiro de San Millán de la Cogolla e Catedral de Santo Domingo de la Calzada
  • Visita e cata: Bodegas Marqués de Riscal e Bodegas Bilbaínas
  • Visita, cata e xantar na Finca La Emperatriz
  • Cea de despedida en Bodegas Franco-Españolas
  • Audioguía para todas as visitas
  • Unha persoa da axencia de viaxes Bivestour e 2 acompañantes de Afundación
  • Seguro de viaxe e cancelación (non reembolsable en caso de cancelación da viaxe)

O prezo NON inclúe:

  • Extras no hotel
  • Servizos non especificados no apartado anterior

Condicións de cancelación:

  • 80 días antes da saída, 25 % do importe total
  • 60 días antes da saída, 35 % do importe total
  • 45 días antes da saída, 55 % do importe total
  • 30 días antes da saída, 100 % do importe total

Prazos de pagamento:

  • No momento da confirmación da praza: 500 €
  • Antes do 30 de xullo: 600 €
  • Antes do 30 de setembro: socios ABANCA 667 € - non socios 844 €

 

Importante: A orde das visitas poderá ser susceptible de cambios.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

A solicitude de inscrición será efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, ata que se completen as prazas. Para verificar que a solicitude se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación de solicitude. Se non o recibe, contacte co teléfono 698 197 990.

A confirmación da praza realizarase mediante un novo correo electrónico, momento no que deberá efectuar o primeiro pagamento.
As prazas do autobús asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Se aínda non é socio/a e desexa viaxar con nós, pode acudir a un Espazo +60 ou solicitar cita previa.

(*) Condicións completas dispoñibles no seu Espazo +60 Afundación ou en Bivestour (C/ Fernando González, 4 - A coruña; 881 906 086).

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078