Viaxe a Ámsterdam, Espazos +60
Descubrir Ámsterdam é abrir unha ventá a unha cidade onde a beleza flúe coa mesma naturalidade ca a auga polos seus canles. Dende o primeiro paso, a sensación é a de entrar nun lugar vibrante, cheo de vida, historia e pequenas sorpresas que agardan en cada recuncho. É unha cidade que namora sen présa, con calma, convidando a gozala como quen desfruta dun paseo ao solpor.
Entre casas inclinadas que semellan saídas dun conto, rúas empedradas e pontes iluminadas que debuxan o seu reflexo na auga, Ámsterdam inspira a deixarse levar. As súas bicicletas pasan veloces, os seus cafés desprenden o arrecendo do café recentemente moído e os seus mercados énchense de cor cada mañá. Pasear polo Barrio dos Museos é sentir como a cultura se converte nunha parte esencial da viaxe; contemplar os cadros de Van Gogh ou perderse na maxestuosidade do Rijksmuseum esperta unha emoción difícil de describir.
E ao caer a tarde, a cidade transfórmase. As luces acéndense suavemente, os canles brillan coma fíos dourados e o ambiente vólvese íntimo e acolledor. É o momento perfecto para un paseo en barca, un baño de calma que permite descubrir Ámsterdam dende a súa esencia máis pura. Despois, unha cea xunto á auga ou unha copa nas súas terrazas convida a gozar dun instante que un quixera facer eterno.
30 de xuño - Presentación á hora indicada na cidade de orixe para realizar o traslado en servizo privado ata o aeroporto de Santiago. Coa axuda do noso persoal, realizaranse os trámites de facturación e embarque en voo regular directo con saída ás 13:00 horas e destino Ámsterdam.
Chegada ao aeroporto de Ámsterdam ás 15:35 horas e, unha vez recollida a equipaxe, encontro co noso guía local para efectuar o traslado ao hotel.
Tempo libre, cea e aloxamento no hotel.
1 de xullo - Almorzo no hotel. A continuación, realizaremos unha visita panorámica por Ámsterdam, cidade única no mundo, construída sobre unha extensa rede de canles e cuxo nome significa literalmente “dique sobre o río Amstel”. Durante o percorrido coñeceremos algúns dos seus lugares máis emblemáticos, como a Praza Dam, corazón histórico da cidade, onde se ergue o impoñente Palacio Real; a Torre das Bágoas, a histórica Bolsa de Ámsterdam, así como a Explanada dos Museos, onde se concentran algúns dos principais centros culturais do país.
Finalizada a visita, realizaremos un cruceiro polos canles de Ámsterdam, unha das experiencias máis representativas da cidade. Dende a auga poderemos admirar elegantes casas señoriais, pontes históricas e fachadas que reflicten máis de cinco séculos de esplendor arquitectónico, declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Xantar en restaurante. Pola tarde, visita incluida ao Museo Van Ghog (con audioguía).
Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
2 de xullo - Almorzo no hotel. Á hora prevista, saída para realizar unha completa excursión por algúns dos pobos máis pintorescos e tradicionais dos Países Baixos, situados á beira do Ijsselmeer, antigo Mar do Norte convertido hoxe nun tranquilo mar interior.
A primeira parada será Marken, unha pequena illa unida ao continente por un dique, famosa polas súas casas de madeira construídas sobre estacas e por conservar intactas moitas das súas tradicións, incluídos os traxes típicos dos seus habitantes. Continuación cara a Volendam, unha animada vila mariñeira coñecida polo seu encantador porto, as súas fachadas coloridas e o seu ambiente local, onde disporán de tempo libre para pasear e gozar da contorna.
Xantar e continuación da ruta ata Edam, localidade mundialmente coñecida polo seu tradicional mercado de queixos e o seu coidado casco histórico, que nos transportará á Holanda máis auténtica.
Para finalizar, visita a Zaanse Schans, un museo ao aire libre que alberga os emblemáticos muíños de vento holandeses, ademais de obradoiros artesanais e casas tradicionais, ofrecendo unha excelente visión da vida rural doutros tempos.
Regreso a Ámsterdam, cea e aloxamento.
3 de xullo - Almorzo no hotel. Pola mañá, percorrido polo barrio do Jordaan, probablemente o barrio máis coñecido de Ámsterdam. Antigamente habitado pola clase obreira, sempre destacou polos fortes lazos comunitarios entre os seus habitantes. Na actualidade é un barrio frecuentado por artistas e xente nova, cheo de restaurantes, bares e espazos de encontro, converténdose nun centro vibrante da vida cultural da cidade.
Posteriormente visita á Casa de Ana Frank, un dos lugares máis conmovedores e significativos de Ámsterdam. Nesta vivenda agochouse durante máis de dous anos a familia Frank, onde Ana escribiu o seu famoso diario. O percorrido permite coñecer as estancias orixinais, o anexo secreto e diversas exposicións que contextualizan a vida durante a ocupación nazi. Unha visita profundamente emotiva que invita á reflexión e á memoria histórica.
Xantar e, pola tarde, asistiremos á Heineken Experience, visita á famosa e orixinal fábrica de cervexa, onde coñeceremos a historia desta recoñecida marca, o seu proceso de elaboración e a súa evolución ao longo do tempo. A visita inclúe unha degustación de dúas cervexas por persoa.
Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
4 de xullo - Almorzo no hotel. Pola mañá, tempo libre para as últimas compras ou para visitar opcionalmente o Rijksmuseum, que alberga unha das coleccións de arte máis importantes dos Países Baixos, con obras mestras de Rembrandt e Vermeer. O guía de Nautalia acompañará o grupo a un mercado típico.
Xantar en restaurante e posterior traslado ao aeroporto de Ámsterdam para tomar o voo de regreso directo con saída ás 20:50 horas. Chegada ao aeroporto de Santiago ás 23:25 horas e, tras a recollida da equipaxe, traslado en servizo privado á cidade de orixe.
Chegada e fin da viaxe e dos nosos servizos.
Hotel:
Casa Amsterdam 3* SUP
Prezos (baseados nun grupo de 45 persoas de pago):
- Prezo en habitación dobre socio ABANCA: 1.995 €
- Prezo en habitación dobre socio: 2.194,50 €
- Suplemento habitación individual: 450 €
O programa de viaxe organizado por Nautalia inclúe:
- Traslado en servizo privado cidade de orixe / aeroporto de Santiago / cidade de orixe
- Asistencia por parte do persoal de Nautalia no aeroporto de Santiago
- Billetes de avión en voos directos Santiago / Ámsterdam / Santiago
Santiago - Ámsterdam > 13.00 h - 15.35 h
Ámsterdam - Santiago > 20.50 h - 23.25 h
- Franquía gratuíta dunha maleta facturada por persoa
- Taxas de aeroporto vixentes na data actual
- Todos os traslados
- Estancia no aloxamento proposto ou similar, en habitación dobre
- Réxime de pensión completa con bebidas incluídas (auga, refresco, cervexa ou copa de viño)
- Guía de fala hispana en destino
- Visitas, entradas e excursións detalladas no itinerario: Visita panorámica da cidade, con cruceiro poos canais e guía local. Excursión ós pobos de Volendam, Marken, Edam e Zaanse Schans, con guía local “Heineken Experience”. Vista ó barrio do Jordaan con guía local. Visita á casa de Ana Frank (suxeito a dispoñibilidade de entradas) e ó Museo Van Gogh con audioguía
- Guía acompañante cualificado de Nautalia dende a orixe
- Dous acompañantes de Afundación
- Audioguías individuais
- Seguro de viaxe de asistencia e cancelación non reembolsable (60 €)
- Taxas turísticas locais
- Agasallo para cada viaxeiro
Imporante:
A orde do itinerario pode modificarse sen previo aviso, así como a orde das visitas, sen que isto altere o contido do programa, que se respecta íntegramente. Prezos calculados en función do cambio de moeda, combustible e tarifas a Xaneiro de 2026, pendentes de revisión no momento da emisión, sendo susceptibles de cambio de
prezo.
O importe do seguro de viaxe non é reembolsable, independentemente das causas ou do aviso previo co que se produza unha posible cancelación.
Prazos de pago:
- No momento da confirmación da praza: 495€
- Antes do 22 marzo: 500€
- Antes do 22 de abril: 500€
- Antes do 22 de maio:
- 500€ socio ABANCA + suplemento habitación individual (450€)
- 700€ socio + suplemento habitación individual (450€)
Condicións de cancelación:
- Desde o momento da confirmación da viaxe ata 121 días antes da saída: 150 €
- Entre 120 e 91 días antes da saída: 300€
- Entre 90 e 61 días antes da saída: 500€
- Entre 60 e 31 días antes da saída: 800€
- 30 días antes da saída: 100%
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A solicitude de inscrición será efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, dispoñible dende o 19 de febreiro ás 10:00 horas ata que se completen as prazas. Para verificar que a solicitude se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación de solicitude. Se non o recibe, contacte co teléfono 698 197 990.
A confirmación da praza realizarase mediante un novo correo electrónico, momento no que deberá efectuar o primeiro pagamento.
As prazas do autobús asignaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio/a e desexa viaxar con nós, pode acudir a un Espazo +60 ou solicitar cita previa.
(*) Condicións completas dispoñibles no seu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia Viaxes (R/ Durán Loriga, 12. A Coruña. 15003; 981 117 659).