O Espazo +60 de Ourense, ubicado en pleno centro da cidade, foi pioneiro ao ofrecer novidosos servizos e actividades aos seus asociad@s. Inaugurado en 1982, dispón de 4 andares con ascensor e sen barreiras arquitectónicas, o que o fai accesible a calquera persoa.
Volvemos con enerxías renovadas e ganas de vernos de novo!
● Consulta a programación de actividades presenciais e inscríbete cubrindo o formulario dende o 3 de setembro ás 10.00 horas ata o 20 de setembro ás 13.00 horas.
● Consulta a programación de actividades +60 ONLINE e inscríbete a partires do 23 de setembro na web de Afundación.
Se queres saber máis, coñece a fondo o programa dos Espazos +60 no Boletín núm. 0, Boletín núm. 1
Características
1ª planta
Dirección e información
Perrucaría
Aula de informática
Sala de usos múltiples
2ª planta
Cafetaría
Biblioteca
Sala de prensa
3ª planta
Salón de actividades
Sala de masaxes e podoloxía
4ª planta
Salas de usos múltiples
En todas as plantas existen aseos adaptados a persoas con mobilidade reducida.
Servizos
SERVIZOS PRESTADOS POR DIFERENTES PROFESIONAIS EXTERNOS CON CITA PREVIA
Masaxe de relaxación: Luns 10.00 a 13.00 h, mércores 10.00 a 13.00 e 16.00 a 19.00 h
Perrucaría: Luns a venres 9.30 a 13.00 h
Podoloxía: Martes 10.00 a 13.00 e 16.00 a 19.00 h
Traballo social: Luns a venres 10.00 a 13.00 h
O centro conta ademais con biblioteca, prensa e cafetaría durante o horario de apertura deste e ciberaula para navegación gratuíta en horario de non impartición de actividades formativas.
Horarios
Luns a venres de 9.15 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 h, excepto o venres que se pechará ás 20.00 h
Pechado durante o mes de agosto, festivos e os días 24 e 31 de decembro
Localización
Ver mapa más grande
Asóciate
Máis información no 988 236 303 ou a través de correo-e
Contacto