Inaugurado en 2001, o Espazo +60 de Monforte de Lemos está situado nunha antiga casa de finais do século XIX dotado dunhas modernas instalacións tras a súa restauración. O edificio presenta a arquitectura típica dos edificios construídos a finais do século XIX nesta localidade. No seu exterior, conserva idéntica a fachada brasonada co seu escudo pertencente ao Corpo de Enxeñeiros da Armada. Cunha extensión aproximada de 2000 m2, consta de dous andares comunicados por ascensores que permiten a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida.
Volvemos con enerxías renovadas e ganas de vernos de novo!
● Consulta a programación de actividades presenciais e inscríbete cubrindo o formulario dende o 3 de setembro ás 10.00 horas ata o 20 de setembro ás 13.00 horas.
● Consulta a programación de actividades +60 ONLINE e insríbete a partires do 9 de setembro na web de Afundación.
Se queres saber máis, coñece a fondo o programa dos Espazos +60 no Boletín núm. 0, Boletín núm. 1
Características
1ª planta
Gabinetes de traballo social
Biblioteca, sala de prensa e revistas
Sala de xogos e terraza
Sala de Usos múltiples e aseos
2ª planta
Aula de informática
Gabinete de podoloxía
Salas de estar e de exposicións temporais
Aseos
Servizos
SERVIZOS PRESTADOS POR DIFERENTES PROFESIONAIS EXTERNOS CON CITA PREVIA
Podoloxía: Luns 15.30 a 20.00 h.
Traballo social: Luns a venres 10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00 h
O centro conta ademais con biblioteca e prensa durante o horario de apertura deste e ciberaula para navegación gratuíta en horario de non impartición de actividades formativas.
Horarios
Luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 20.00 h
Pechado durante o mes de agosto, festivos e os días 24 e 31 de decembro.
Localización
Ver mapa más grande
Asóciate
Máis información no 982 402 853 ou a través de correo-e
Contacto