• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Viaxe a Vietnam e Camboxa 2º turno, Espazos +60

Maiores Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Viaxe a Vietnam e Camboxa 2º turno, Espazos +60
  • 27-10-2026 08-11-2026 Viaxe a Vietnam e Camboxa 2º turno, Espazos +60 Vietnam e Camboxa non son simplemente destinos: son emocións que se viven intensamente e que permanecen moito tempo despois do regreso. É unha viaxe que transforma, que inspira e que deixa unha pegada profunda en quen a realiza, unha travesía da alma, unha aventura para quen desexa descubrir Asia desde o corazón, coa mirada curiosa e o espírito aberto ao extraordinario. Vietnam e Camboxa non se visitan, vívense, respíranse, e cámbiante para sempre. ¿Listo para emprender esta viaxe? Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Do 27 de outubro ao 8 de novembro do 2026

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

Unha viaxe a Vietnam e Camboxa é unha invitación a descubrir dous mundos que conviven entre tradición, espiritualidade e unha beleza natural que conmociona desde o primeiro instante. É un percorrido que esperta os sentidos, que convida a camiñar amodo e a deixarse envolver pola historia, os aromas e a hospitalidade das súas xentes. Aquí, cada amencer trae consigo unha promesa de asombro e cada paso abre unha xanela a culturas que latexan con forza desde tempos ancestrais.

En Vietnam, as paisaxes semellan deseñadas para emocionar: a baía de Halong, cos seus milleiros de illas de pedra emerxendo entre brétemas prateadas, ofrece unha das imaxes máis icónicas de Asia. Pasear polas súas augas tranquilas, en silencio, mentres o sol se derrama sobre os cantís, é unha experiencia que fica gravada na memoria. Hanoi sorprende pola súa vitalidade, onde as motos flúen coma un río interminable e as fachadas coloniais contan historias doutras épocas. En contraste, Hoi An convida a baixar o ritmo: faroliños de cores que iluminan a noite, mercados perfumados e unha elegancia serena que fai que un queira quedar un pouco máis. A viaxe continúa cara ao sur, onde o delta do Mekong desprega a súa vida cotiá entre canles, hortas e embarcacións que transportan froitas recén colleitadas. Alí, o sorriso dos seus habitantes convértese no mellor recordo que un pode levar consigo. Cada encontro, cada sabor e cada paisaxe compoñen un mosaico que sorprende e namora sen présa.

Camboxa, pola súa banda, conmociona desde unha profundidade distinta. O silencio de Angkor Wat ao amencer é case sagrado: a luz dourada revela pouco a pouco os relevos de pedra e o templo semella espertar ante os ollos do viaxeiro. Explorar Angkor Thom, Ta Prohm e os seus templos devorados por raíces centenarias é como adentrarse nun relato que mestura historia e lenda. E máis alá das súas ruínas, Camboxa convida a coñecer a resiliencia e a calidez do seu pobo, que abre as súas portas con xenerosidade e autenticidade.

DÍA 1. MARTES 27 OUTUBRO - OPORTO – ESTAMBUL – SAIGÓN

Presentación á hora indicada no Espazo +60 da cidade de orixe para realizar o traslado en servizo privado ata o aeroporto de Oporto. Tras os trámites de facturación e embarque, saída en voo regular ás 16:10 horas con destino a Estambul. Chegada ás 23:55 h e saída en voo da mesma compañía ás 02:35 horas con destino a Ho Chi Minh (Saigón).

Cea e noite a bordo.

DÍA 2. MÉRCORES 28 OUTUBRO – SAIGON – HO CHI MINH

Chegada ao aeroporto de Saigon, onde os estará agardando o seu guía de fala hispana. Traslado ao hotel para facer o check-in e descansar un pouco. Comezaremos a nosa viaxe cunha visita panorámica de Ho Chi Minh, na que pasaremos polo centro da cidade, vendo a praza de “La Commune de Paris”. Visitaremos tamén a Catedral, deseñada en Francia e levantada por un simple enxeñeiro, o Sr. Bourar; a oficina de correos de estilo colonial, que inclúe unha parte da estrutura de ferro deseñada por un discípulo de Gustave Eiffel; a alcaldía, a Ópera… e, por último, o Palacio da Reunificación (exterior), antigo palacio do Goberno que foi arrasado polos tanques o 30 de abril de 1975, o que significou a caída do réxime do Vietnam do Sur.

Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.

DÍA 3. XOVES 29 OUTUBRO – HO CHI MINH – CU CHI – DELTA DO MEKONG – HO CHI MINH

Almorzo. Traslado para visitar os túneles de Cu Chi, situados a 70 quilómetros ao noroeste da cidade de Ho Chi Minh, creados desde 1948 polos Viet Minh para combater os franceses. Trátase dunha cidade subterránea con salas de estar, cociñas, almacéns, armerías, hospitais e centros de mando… Durante a guerra contra os Estados Unidos, toda a zona de Cu Chi foi declarada un dos campos de batalla e foi intensamente bombardeada. Regreso a Saigón despois de 4 horas de visita.

Saída cara ao espectacular Delta do Mekong. Á chegada, tomaremos un barco que nos levará a través dos estreitos canais, rodeados dunha densa vexetación, ata o corazón do Delta. É un mundo completamente diferente, onde a vida se desenvolve arredor do río.

Xantar nun restaurante local. Ao longo do día poderemos degustar moitos destes produtos locais, como froitas exóticas e autóctonas cultivadas nas hortas do Delta, así como os caramelos de coco elaborados en fábricas familiares. Volveremos á beira realizando un paseo nun tipo de vehículo típico da zona e posteriormente, tomando unha embarcación a remo, atravesaremos os canais.

Regreso a Ho Chi Minh. Cea nun restaurante local e aloxamento en Ho Chi Minh.

DÍA 4. VENRES 30 OUTUBRO – SAIGÓN – HUE

Almorzo. Á hora indicada, traslado ao aeroporto para tomar o voo cara a Hue. Á chegada visitaremos o mausoleo do emperador Khai Dinh, cuxa construción durou 11 anos, e o do emperador Tu Duc, da dinastía Nguyen, un dos máis destacados emperadores de Vietnam.

Xantar nun restaurante local. Visitaremos a Cidade Imperial, desde onde a dinastía Nguyen gobernou entre 1802 e 1945. Comezaremos pola Porta de Ngo Mon, construída en 1833 en estilo tradicional vietnamita baixo o reinado do rei Minh Mang. Continuaremos polo Palacio Thai Hoa, lugar de coroación de 13 reis Nguyen; o templo The Mieu, onde se atopan os altares en honra aos emperadores, desde Gia Long ata Khai Dinh. Ao final, visitaremos a aldea do incenso Thuy Xuan, onde coñeceremos o proceso tradicional de elaboración do incenso vietnamita.

Traslado ao hotel.

Cea e aloxamento.

DÍA 5. SÁBADO 31 OUTUBRO - HUE – DANANG - HOI AN

Almorzo no hotel. Paseo en barco polo romántico Río dos Perfumes e visita da pagoda Thien Mu. Saída cara a Hoi An. De camiño, realizaremos unha panorámica de Danang e unha parada para visitar o coñecido Puente do Dragón.

Xantar nun restaurante local. Chegada a Hoi An.

Cea no hotel e aloxamento.

DÍA 6. DOMINGO 1 NOVEMBRO - HOI AN – TRA QUE – HOI AN

Tras o almorzo, comezaremos a visita de Hoi An, antigo e importante porto comercial asiático dos séculos XVII e XVIII, cuxa arquitectura e estilo de vida relaxado apenas mudaron. Paseo polo centro histórico para visitar antigas casas de comerciantes, o templo chinés Phuc Kien, unha casa tradicional e o Salón de Asembleas Cantonés, construído a finais do século XVIII por inmigrantes chineses. Remataremos no emblemático Ponte Xaponés, con máis de 400 anos de antigüidade.

Traslado a Tra Que para unha excursión de medio día centrada na agricultura orgánica tradicional. Pasearemos pola horta, coñeceremos os métodos tradicionais sen produtos químicos e aprenderemos como se prepara e fertiliza a terra con algas locais. A terra fértil produce algunhas das verduras e herbas máis saborosas da rexión. Da man dun chef local aprenderemos a preparar pratos tradicionais como o Tam Huu e o Banh Xeo.

Xantar en Tra Que. De regreso ao centro histórico, paseo polo río Hoai onde realizaremos un ritual con lanternas florais que soltaremos no río como desexo de saúde, sorte e paz.

Cea nun restaurante local e aloxamento en Hoi An.

DÍA 7. LUNS 2 NOVEMBRO - HOI AN - DANANG – HANOI

Almorzo e encontro co guía no hotel. Traslado ao aeroporto para voar a Hanoi.

Chegada, xantar en restaurante local e traslado ao hotel. Tempo libre.

Cea en restaurante local e aloxamento.

DÍA 8. MARTES 3 NOVEMBRO - HANOI

Almorzo. Comezo das visitas en Hanoi, capital de Vietnam, cidade de avenidas arboradas, arquitectura colonial francesa, lagos tranquilos e templos orientais. Visitaremos o mausoleo de Ho Chi Minh (exterior), a súa casa sobre pilotes, o Palacio do Gobernador (exterior), a Pagoda do Pilar Único e a pagoda Tran Quoc.

Xantar en restaurante local. Pola tarde, visita á prisión-museo Hoa Lo, coñecida como “o Hilton”, ao Templo da Literatura (primeira universidade do país, fundada en 1070), ao lago Hoan Kiem e paseo en xiclo polo Barrio Antigo das 36 rúas.

Cea e aloxamento.

DÍA 9. MÉRCORES 4 NOVEMBRO – HANOI - BAÍA DE HALONG/LAN HA

Almorzo. Saída por estrada cara á Bahía de Halong, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Percorrido entre arrozais e paisaxes rurais ata a chegada e embarque nun xunco tradicional de madeira.

Xantar a bordo. Navegación entre illas como a da Tartaruga ou a da Cabeza de Home.

Cea e aloxamento a bordo.

DÍA 10. XOVES 5 NOVEMBRO - HALONG/LAN HA - HANOI – SIEM REAP

Almorzo. Sesión opcional de taichí no convés. Brunch mentres continuamos navegando. Desembarco e regreso a Hanoi.

Xantar en restaurante. Traslado ao aeroporto para voar a Siem Reap (Camboxa). Á chegada, participación nunha cerimonia privada de bendición na pagoda Wat Damnal, guiada por monxes locais.

Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.

DÍA 11. VENRES 6 NOVEMBRO - SIEM REAP – ANGKOR THOM – ANGKOR WAT

Almorzo. Visita a Angkor Thom en tuk-tuk: templo Bayon, Baphuon, Phimeanakas, terrazas reais e Ta Prohm.

Xantar en restaurante local. Pola tarde, visita a Angkor Wat, Patrimonio Mundial da UNESCO e obra mestra da arte khmer. Contemplación do solpor.

Cea con espectáculo de danza Apsara e aloxamento.

DÍA 12. SÁBADO 7 NOVEMBRO - SIEM REAP – TONLE SAP – PHNOM PENH - ESTAMBUL

Almorzo e saída cara a Phnom Penh. Parada no lago Tonle Sap, o maior lago de auga doce do sueste asiático. Navegación ata a aldea flotante de Chong Kneas.

Xantar en ruta. Traslado ao aeroporto de Phnom Penh para voo cara a Estambul.

Cea e noite a bordo.

DÍA 13. DOMINGO 8 NOVEMBRO - ESTAMBUL - OPORTO

Chegada a Estambul e enlace con voo destino Oporto. Chegada, recollida de equipaxes e traslado en servizo privado á nosa cidade de orixe.

Fin da viaxe e dos nosos servizos.

Hoteis previstos ou semellantes:

  • Hanoi: Pan Pacific Hanoi 5*
  • Halong: La Regina Grand Cruise 5*
  • Hoi An: Little Oasis Hoi An Hotel & SPA 5*
  • Hue: Senna Hue Hotel 5*
  • Ho Chi Minh: New World Saigon Hotel 5*
  • Siem Reap: Courtyard by Marriott Siem Reap Resort 5*

Prezo (baseado nun grupo de 40 persoas de pago):

  • Prezo en habitación dobre socio ABANCA: 4.160 €
  • Prezo en habitación dobre socio: 4.576 €
  • Suplemento habitación individual: 860 €

*No caso de cancelación do acompañante ou de non atopar persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.

Importante:

Prezos calculados en función do cambio de moeda, combustible e tarifas a Xaneiro de 2026, pendentes de revisión no momento da emisión, sendo susceptibles de cambio de prezo.

A orde do itinerario pode modificarse sen previo aviso, así como a orde das visitas, sen que isto altere o contido do programa, que se respecta íntegramente.

Traslados desde os Espazos +60 de cada cidade ata o aeroporto de Oporto e viceversa.

  • Billetes de avión en liña regular coa compañía Turkish Airlines Oporto / Estambul / Saigón e Phnom Penh / Estambul / Oporto cos seguintes horarios (suxeitos a cambios):

27/10.- Oporto 16:10 h – Estambul 23:55 h
28/10.- Estambul 02:35 h - Saigón 16:30 h
07/11.- Phnom Penh 19:15 h – Estambul 05:15 h +1
08/11.- Estambul 07:55 h – Oporto 09:55 h

  • Billetes de avión para voos internos Saigón / Hue, Danang / Hanoi e Hanoi / Siem Reap.
  • Franquía dunha maleta facturada en adega de 20 kg por persoa.
  • Taxas aeroportuarias vixentes na actualidade.
  • Aloxamento nos hoteis previstos ou similares en cuarto dobre: 2 noites en Hanoi, 1 en Halong, 2 en Hoi An, 1 en Hue, 2 en Saigón e 2 en Siem Reap.
  • Réxime de pensión completa con bebidas incluídas: 1 auga ou 1 refresco ou 1 cervexa por persoa e servizo.
  • Todos os traslados en vehículos con aire acondicionado.
  • Visitas e excursións: mausoleo de Ho Chi Minh (exterior), casa de Ho Chi Minh, Palacio do Gobernador (exterior), pagodas do Pilar Único e de Tran Quoc, prisión-museo Hoa Lo, Templo da Literatura, lago Hoan Kiem e paseo en ciclo; cruceiro pola Bahía de Halong; visita de Hoi An: templo chinés Phuc Kien, Salón de Asembleas Cantonés e Ponte Xaponesa; excursión a Tra Que; visita panorámica de Danang incluíndo parada no Puente do Dragón; visita ao mausoleo do emperador Khai Dinh e á aldea do incenso Thuy Xuan; paseo en barco polo Río dos Perfumes e visita á pagoda Thien Mu; visita á Cidade Imperial; visita panorámica de Saigón, incluíndo os exteriores da Catedral, a Oficina de Correos, a Alcaldía, a Ópera e o Palacio da Reunificación; paseo en barco polo delta do Mekong; visita aos Túneles de Cu Chi; visita de Angkor e Angkor Wat; asistencia á cerimonia de bendición na pagoda Wat Damnal; paseo en barco polo lago Tonle Sap.
  • Guía local de fala hispana durante todo o percorrido, agás no barco en Halong / Lan Ha (onde os pasaxeiros serán atendidos pola tripulación).
  • 1 acompañante de Nautalia Viajes e 2 acompañantes de Afundación durante toda a viaxe.
  • Audioguías individuais para as visitas.
  • 1 botella de auga e 1 toalliña húmida por pasaxeiro e día.
  • Taxas turísticas locais.
  • Propinas.
  • Seguro de viaxe, asistencia e cancelación non reembolsable (160 €).
  • Agasallo para cada viaxeiro.

O prezo NON inclúe:

  • Visado de entrada a Camboxa (aproximadamente 30 USD, pago en destino)
  • Extras nos hoteis
  • Calquera outro servizo non especificado no apartado de servizos incluídos

Prazos de pago:

  • No momento da confirmación da praza: 710€
  • Antes do 20 julio: 1150€
  • Antes do 20 de agosto: 1150€
  • Antes do 20 de septiembre:
    • 1150€ socio ABANCA + suplemento habitación individual (860€)
    • 1566€ socio + suplemento habitación individual (860€)

Condicións de cancelación:

  • Desde o momento da confirmación da viaxe ata 121 días antes da saída: 400 €
  • Entre 120 e 91 días antes da saída: 600€
  • Entre 90 e 61 días antes da saída: 1.500€
  • Entre 60 e 31 días antes da saída: 2.500€
  • 30 días antes da saída: 100%

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

A solicitude de inscrición será efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, ata que se completen as prazas. Para verificar que a solicitude se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación de solicitude. Se non o recibe, contacte co teléfono 698 197 990.

A confirmación da praza realizarase mediante un novo correo electrónico, momento no que deberá efectuar o primeiro pagamento.
As prazas do autobús asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Se aínda non é socio/a e desexa viaxar con nós, pode acudir a un Espazo +60 ou solicitar cita previa.

(*) Condicións completas dispoñibles no seu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia Viajes (R/ Durán Loriga, 12. A Coruña. 15003; 981 117 659).

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078