O voluntariado de Afundación Obra Social ABANCA compoñémolo profesionais da nosa Fundación e de ABANCA, en activo ou na xubilación, así como familiares, amizades, persoas socias dos Espazos +60, persoas usuarias das nosas actividades, clientes e colaboradores, que entendemos o voluntariado como unha forma de expresar e canalizar, de forma altruísta e solidaria, o noso compromiso coa contorna, prestando unha axuda desinteresada a causas sociais, ambientais, así como ás comunidades locais nas que desenvolvemos a nosa actividade.

A solidariedade, a cooperación, o respecto, o traballo en equipo e o compromiso son valores que inspiran o noso programa, nacido en 2014.

Esperámoste:
Se aínda non te sumaches ao programa de voluntariado de Afundación Obra Social ABANCA, enche o formulario que atoparás aquí e contactaremos contigo.

Unha vez te rexistres, terás á túa disposición toda a información sobre as actividades promovidas por Afundación Obra Social ABANCA nas que poderás participar.

Voluntariado corporativo

Afundación, como entidade de acción voluntaria rexistrada, programa actividades de voluntariado para profesionais de Afundación e de ABANCA que desexan compartir o seu tempo libre contribuíndo a unha causa maior.

O noso programa de voluntariado desenvólvese naqueles lugares onde temos presenza como entidade. É o camiño no que converxen os desexos dos cidadáns para deixar no mundo unha pegada positiva.

Voluntariado +60

Cos nosos proxectos de voluntariado interxeracional poderás contribuír ao diálogo coa mocidade, nenos e nenas, participando nos clubs de lectura en centros de secundaria. A través dos proxectos de voluntariado cultural e educativo poderás achegar os teus coñecementos a outras persoas maiores participando como formador/a ou guía de roteiros históricos, ou participar en actuacións dos nosos grupos artísticos de contacontos, teatro, monicreque ou musicais en beneficio de diferentes colectivos.