Saída de rutas históricas - Espazo +60 Ferrol
As persoas participantes na actividade de Rutas Históricas gozarán dunha saída cultural en Santiago de Compostela. A xornada comezará coa visita ao Centro de Supercomputación de Galicia ás 10:00 horas. Posteriormente, realizarase un xantar en A Nave de Vidán.
Pola tarde, ás 16:00 horas, terá lugar unha visita guiada á exposición dedicada a Asorey no Gaiás, completando así unha experiencia que combina ciencia, historia e arte nun mesmo día.
A saída será ás 8:30 horas desde Correos. A actividade ten un custo de 40 € e require inscrición previa. As prazas son limitadas.
Máis información no Espazo +60 de Ferrol.