• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Viaxe a Vietnam e Camboxa, Espazos +60

Maiores Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Viaxe a Vietnam e Camboxa, Espazos +60
  • 03-12-2026 15-12-2026 Viaxe a Vietnam e Camboxa, Espazos +60 Vietnam e Camboxa non son simplemente destinos: son emocións que se viven intensamente e que permanecen moito tempo despois do regreso. É unha viaxe que transforma, que inspira e que deixa unha pegada profunda en quen a realiza, unha travesía da alma, unha aventura para quen desexa descubrir Asia desde o corazón, coa mirada curiosa e o espírito aberto ao extraordinario. Vietnam e Camboxa non se visitan, vívense, respíranse, e cámbiante para sempre. ¿Listo para emprender esta viaxe? Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Do 3 ao 15 de decembro do 2026

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

Unha viaxe a Vietnam e Camboxa é unha invitación a descubrir dous mundos que conviven entre tradición, espiritualidade e unha beleza natural que conmociona desde o primeiro instante. É un percorrido que esperta os sentidos, que convida a camiñar amodo e a deixarse envolver pola historia, os aromas e a hospitalidade das súas xentes. Aquí, cada amencer trae consigo unha promesa de asombro e cada paso abre unha xanela a culturas que latexan con forza desde tempos ancestrais.

En Vietnam, as paisaxes semellan deseñadas para emocionar: a baía de Halong, cos seus milleiros de illas de pedra emerxendo entre brétemas prateadas, ofrece unha das imaxes máis icónicas de Asia. Pasear polas súas augas tranquilas, en silencio, mentres o sol se derrama sobre os cantís, é unha experiencia que fica gravada na memoria. Hanoi sorprende pola súa vitalidade, onde as motos flúen coma un río interminable e as fachadas coloniais contan historias doutras épocas. En contraste, Hoi An convida a baixar o ritmo: faroliños de cores que iluminan a noite, mercados perfumados e unha elegancia serena que fai que un queira quedar un pouco máis. A viaxe continúa cara ao sur, onde o delta do Mekong desprega a súa vida cotiá entre canles, hortas e embarcacións que transportan froitas recén colleitadas. Alí, o sorriso dos seus habitantes convértese no mellor recordo que un pode levar consigo. Cada encontro, cada sabor e cada paisaxe compoñen un mosaico que sorprende e namora sen présa.

Camboxa, pola súa banda, conmociona desde unha profundidade distinta. O silencio de Angkor Wat ao amencer é case sagrado: a luz dourada revela pouco a pouco os relevos de pedra e o templo semella espertar ante os ollos do viaxeiro. Explorar Angkor Thom, Ta Prohm e os seus templos devorados por raíces centenarias é como adentrarse nun relato que mestura historia e lenda. E máis alá das súas ruínas, Camboxa convida a coñecer a resiliencia e a calidez do seu pobo, que abre as súas portas con xenerosidade e autenticidade.

(*) Este programa esta suxeito a cambios ou modificacións.

 

3 de decembro – Presentación á hora indicada na cidade de orixe para realizar o traslado en servizo privado ata o aeroporto de Oporto para, coa axuda do noso staff nestes trámites, facturación e embarque en voo regular con saída ás 16:10 horas e destino Istambul. Chegada ás 23:55 h e saída en voo da mesma compañía ás 02:25 horas con destino Hanoi.

Cea e noite a bordo.

4 de decembro – Chegada do voo ás 15:25 horas ao aeroporto de Hanoi e, unha vez recollida a equipaxe, encontro co noso guía local para realizar o traslado ao hotel.

Distribución dos cuartos e resto da tarde libre.

Cea en restaurante local e aloxamento no hotel.

5 de decembro – Tras o almorzo, comezamos as visitas de Hanoi. Actualmente, Hanoi é a capital de Vietnam, única cidade asiática cunha arquitectura colonial francesa, lagos apacibles e templos orientais. O tour inclúe o mausoleo de Ho Chi Minh (visita exterior), a casa de Ho Chi Minh sobre pilotes, o Palacio do Gobernador (visita exterior), a pagoda do Pilar Único e a pagoda de Tran Quoc. Xantar en restaurante local.

Despois do xantar, trasladámonos á prisión-museo Hoa Lo, máis coñecida como “o Hilton” polos centos de prisioneiros americanos que estiveron encarcerados entre 1954 e 1973. Continuamos co Templo da Literatura, a primeira universidade do país fundada no ano 1070, e visitamos o lago Hoan Kiem ou lago da Espada Restituída. Realizaremos un paseo en ciclo polo Barrio Antigo de Hanoi, tamén coñecido como o barrio das 36 rúas, onde antigamente cada rúa estaba asociada a un gremio de artesáns.

Cea nun restaurante local. Aloxamento.

6 de decembro – Despois do almorzo, encontro co guía no hall do hotel. Saída por estrada cara á Baía de Halong/Lan Ha, unha parte da Baía de Halong, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, nun traxecto a través das fértiles terras agrícolas do delta do río Vermello e paisaxes de campos de arroz, búfalos de auga, exemplo da vida rural e tradicional de Vietnam.

Chegada a Halong e embarque a bordo dunha embarcación tradicional de madeira, “xunco”.

Xantar a bordo.

Continuamos navegando e descubrindo as numerosas illas da Baía como a da Tartaruga, a do can, Cabeza de Home, etc.

Cea e aloxamento a bordo.

7 de decembro – Os máis madrugadores poderán participar na demostración de Taichi na cuberta superior.

A continuación servirase un espléndido brunch, mentres continuamos a navegación entre as innumerables illas e illotes, visitando os máis destacados.

Sobre as 10:30–11:00 desembarcaremos e iniciaremos o regreso a Hanoi. Chegada a Hanoi e traslado directo ao aeroporto para tomar o voo a Danang. Á nosa chegada, recepción e traslado ao hotel.

Cea no hotel. Aloxamento.

8 de decembro – Despois do almorzo, comeza a visita á cidade de Hoi An, un importante porto comercial de Asia nos séculos XVII e XVIII, cuxa arquitectura e relaxado estilo de vida cambiaron moi pouco nos últimos anos. Paseo polo centro da cidade antiga para visitar as tradicionais casas dos comerciantes, o templo chinés Phuc Kien, unha casa antiga de arquitectura tradicional e o Salón de Asembleas Cantonés, construído a finais do século XVIII por inmigrantes chineses procedentes das rexións de Guangdong e Cantón. Finalmente, visitaremos a Ponte Xaponesa, con máis de 400 anos de antigüidade.

Despois trasladarémonos a Tra Que para realizar unha excursión de medio día explorando as actividades da agricultura orgánica local nos arredores de Hoi An. Alí, os agricultores locais traballan os campos orgánicos utilizando métodos tradicionais que se remontan a centos de anos. Faremos un breve paseo polo horto e coñeceremos ao agricultor local para observar os métodos tradicionais de cultivo sen produtos químicos e os seus efectos positivos no medio ambiente. O agricultor explicaranos como preparar e fertilizar a terra con algas do lago local. A rica terra desta aldea produce algunhas das verduras e herbas máis saborosas de todo Hoi An.

Baixo a guía dun chef local, aprenderemos os métodos tradicionais de preparación dalgúns pratos típicos do centro de Vietnam, como o Tam Huu (rol de primavera) e o Banh xeo (filloa vietnamita).

Xantar en Tra Que.

De volta aos barrios antigos, gozaremos dun paseo tranquilo polo río Hoai, onde realizaremos un ritual con lanternas florais que soltaremos no río como desexo de boa saúde, sorte e paz.

Cea nun restaurante local. Aloxamento en Hoi An.

9 de decembro – Almorzo no hotel. A continuación, traslado por estrada a Hue, a antiga capital imperial vietnamita, a través do paso de Hai Van (océano de nubes). Polo camiño, faremos unha visita panorámica da cidade de Danang e unha parada para visitar a famosa Ponte do Dragón, coas súas curvas douradas.

Chegada a Hue. Xantar en restaurante local.

Pola tarde, visitaremos o mausoleo do emperador Khai Dinh, cuxa construción durou 11 anos, e o do emperador Tu Duc, da dinastía Nguyen, último e máis lonxevo emperador de Vietnam. Para rematar, visitaremos a aldea do incenso Thuy Xuan, onde teremos a oportunidade de aprender sobre a fabricación tradicional do incenso vietnamita.

Cea en restaurante local. Chegada ao hotel e aloxamento.

10 de decembro – Almorzo. A continuación, paseo en barco polo romántico Río dos Perfumes e visita da pagoda Thien Mu. Visitaremos a Cidade Imperial, desde onde a dinastía Nguyen gobernou entre 1802 e 1945. Comezaremos pola Porta de Ngo Mon, construída en 1833 en estilo tradicional vietnamita baixo o reinado do rei Minh Mang, pasando polo Palacio Thai Hoa, lugar de coroación de 13 reis Nguyen, e polo templo The Mieu, onde se atopan os altares en honra aos emperadores, desde o primeiro, Gia Long, ata o último, Khai Dinh.

Xantar en restaurante local. Á hora indicada, traslado ao aeroporto para tomar o voo con destino Ho Chi Minh. Á chegada, recepción e traslado ao hotel.

Cea no hotel. Aloxamento.

11 de decembro – Almorzo. Comezaremos cunha visita panorámica da cidade, pasando polo centro, a praza da “Commune de París”, a Catedral deseñada en Francia e construída polo enxeñeiro Bourar, a oficina de correos de estilo colonial con parte da estrutura de ferro deseñada por un discípulo de Gustave Eiffel, a alcaldía, a Ópera… e finalmente o Palacio da Reunificación (exterior), antigo palacio do Goberno que foi tomado polos tanques o 30 de abril de 1975, marcando a caída do réxime do Vietnam do Sur.

Saída cara ao espectacular Delta do Mekong. Á chegada, tomaremos un barco que nos levará polos estreitos canais, rodeados dunha densa vexetación, ata o corazón do Delta. É un mundo completamente distinto, onde a vida se desenvolve arredor do río. Ao longo do día, degustaremos produtos locais como froitas exóticas cultivadas nos hortos do Delta e caramelos de coco elaborados en fábricas familiares. Regresaremos á beira realizando un paseo nun vehículo típico da zona e, posteriormente, nunha embarcación a remo atravesaremos os canais.

Xantar nun restaurante local.

Regreso a Ho Chi Minh. Cea nun restaurante local e aloxamento en Ho Chi Minh.

12 de decembro – Almorzo. Traslado para visitar os túneles de Cu Chi, situados a 70 km ao noroeste da cidade de Ho Chi Minh (unha hora e media en coche), creados desde 1948 polos Viet Minh para combater aos franceses. Trátase dunha auténtica cidade subterránea, con salas de estar, cociñas, almacéns, armerías, hospitais e centros de mando.

Durante a guerra contra os Estados Unidos, toda a zona de Cu Chi foi declarada campo de batalla e intensamente bombardeada. Regreso a Saigón tras unhas 4 horas de visita.

Xantar nun restaurante local. 

Traslado ao aeroporto para tomar o voo de saída cara a Siem Reap, en Camboxa.

Chegada ao aeroporto de Siem Reap, encontro co noso guía e a continuación, teremos a incrible experiencia da cerimonia de bendición na pagoda, que se atopa no corazón da cidade de Siem Reap. Wat Damnak é unha das pagodas máis fermosas cunha arquitectura colonial francesa e un xardín cheo de estatuas grandes. Levaremos velas e paos de incenso á pagoda para participar nunha cerimonia privada de bendición, levada a cabo polos monxes locais que viven na pagoda. Antes de partir, recibiremos un pequeno recordo dos monxes para lembrar este momento tan especial.

Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.

13 de decembro – Almorzo. Comezamos coa visita de Angkor Thom. Saída en Tuk-Tuk (motocarro típico de Camboxa) cara á porta sur do complexo, coas súas impresionantes estatuas que representan o movemento do océano. Visitaremos a antiga capital de Angkor Thom (século XII), o templo Bayon, único polas súas 54 torres decoradas con 200 caras sorrintes de Avalokitesvara, o templo Baphuon, construído baixo o mandato de Jayavarman I, o Phimeanakas e as terrazas do Rei Leproso e dos Elefantes, así como as cámaras reais. Continuaremos cara a Ta Prohm, un dos templos máis espectaculares da zona, conservado case igual que no momento do seu descubrimento e cheo de misterio.

Xantar en restaurante local.

Pola tarde, traslado en bus para visitar o máis famoso dos templos: Angkor Wat, declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO. O complexo cobre 81 hectáreas, comparable en extensión ao Palacio Imperial de Pequín. As coñecidas cinco torres forman parte da bandeira camboxana e representan os cinco picos do Monte Meru; os muros simbolizan as montañas e o val, e o océano que os rodea. Esta obra mestra do século XII está considerada como o primeiro exemplo da arquitectura e arte clásicos khmer. Ao final, contemplaremos o solpor sobre Angkor Wat.

Cea nun restaurante local con espectáculo de danza Apsara.

Regreso ao hotel e aloxamento.

14 de decembro – Almorzo e saída moi cedo cara a capital de Camboxa. De camiño realizaremos unha parada no lago Tonle Sap, o maior lago de auga doce do sueste asiático, que na estación das choivas pode chegar a multiplicar por dez a súa extensión, pasando de 2.600 km² a ata 25.000 km². Navegaremos ata a aldea flotante de Chong Kneas, coas súas casas elevadas sobre palafitas de madeira para evitar as inundacións durante a tempada de choivas.

Xantar en restaurante local en ruta.

Chegada ao aeroporto de Phnom Penh para saír en voo ás 19:15 horas con destino Istambul. Cea e noite a bordo.

15 de decembro – Chegada ao aeroporto de Istambul ás 05:15 horas e ligazón ás 07:55 horas con voo da mesma compañía con destino a Oporto. Chegada ao aeroporto de Oporto ás 09:55 horas e, tras a recollida das equipaxes, traslado en servizo privado á nosa cidade de orixe.

Chegada e fin da viaxe e dos nosos servizos.

Hoteis previstos ou semellantes:

  • Hanoi: Pan Pacific Hanoi 5*
  • Halong: La Regina Grand Cruise 5*
  • Hoi An: Little Oasis Hoi An Hotel & SPA 5*
  • Hue: Senna Hue Hotel 5*
  • Ho Chi Minh: New World Saigon Hotel 5*
  • Siem Reap: Courtyard by Marriott Siem Reap Resort 5*

Prezo (baseado nun grupo de 40 persoas de pago):

  • Prezo en habitación dobre socio ABANCA: 4.160 €
  • Prezo en habitación dobre socio: 4.576 €
  • Suplemento habitación individual: 860 €

*No caso de cancelación do acompañante ou de non atopar persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.

Importante:

Prezos calculados en función do cambio de moeda, combustible e tarifas a Xaneiro de 2026, pendentes de revisión no momento da emisión, sendo susceptibles de cambio de prezo.

A orde do itinerario pode modificarse sen previo aviso, así como a orde das visitas, sen que isto altere o contido do programa, que se respecta íntegramente.

A viaxe organizada por Nautalia inclúe:

  • Traslado en servizo privado cidade de orixe / aeroporto do Porto / cidade de orixe
  • Asistencia por parte do staff de NAUTALIA no aeroporto do Porto
  • Billetes de avión en voos regulares Porto / Istambul / Hanoi e Saigón / Istambul / Porto coa compañía Turkish Airlines

Oporto 16:10 h – Istambul 23:55 h / Istambul 02:25 h – Hanoi 15:25 h

Phnom Penh 19:15 –Istambul 05:15 h+1 / Istambul 07:55 h – Oporto 09:55 h

  • Franquía gratuíta de 1 maleta facturada por persoa, máximo 20 kg
  • Voos Hanoi / Danang, Hue / Saigón e Saigón / Siem Reap
  • Taxas de aeroporto e porto vixentes a día de hoxe
  • Todos os traslados en vehículos con aire acondicionado
  • Estancia nos aloxamentos propostos ou similares en base a habitación dobre: 

    2 noites en Hanoi, 1 noite en Halong, 2 noites en Hoi An, 1 noite en Hue, 2 noites en Ho Chi Minh, 2 noites en Siem Reap
  • Réxime de Pensión Completa con bebidas incluídas: auga ou 1 refresco ou 1 cervexa
  • Visitas e excursións: 

    Mausoleo de Ho Chi Minh (exterior), Casa de Ho Chi Minh, Palacio do Gobernador (exterior), pagodas do Pilar Único e de Tran Quoc, Prisión Museo Hoa-Lo, Templo da Literatura, Lago Hoan Kiem e paseo en xiclo, Cruzeiro pola baía de Halong, Visita de Hoi An: Templo chinés Phuc Kien, Salón de Asembleas Cantonés e Ponte Xaponesa, Excursión a Tra Que, Visita panorámica de Danang, incluíndo parada na Ponte do Dragón, Visita ao mausoleo do emperador Khai Dinh e á aldea do incenso Thuy Xuan, Paseo en barco polo Río dos Perfumes e visita á pagoda Thien Mu, Visita á Cidade Imperial, Visita panorámica de Saigón, incluíndo os exteriores da Catedral, Oficina de Correos, Alcaldía, Ópera e Palacio da Reunificación, Paseo en barco polo Delta do Mekong, Visita aos túneles de Cu Chi, Visita de Angkor e Angkor Wat, Asistencia á cerimonia de bendición na pagoda Wat Damnak, Paseo en barco polo lago Tonle Sap
  • Guía local de fala hispana durante todo o percorrido, agás no barco en Halong / Lan Ha (os pasaxeiros serán atendidos pola tripulación do barco)
  • Guía acompañante cualificada de NAUTALIA dende a orixe e durante toda a viaxe
  • 2 acompañantes de Afundación
  • Audioguías individuais para as visitas
  • 1 botella de auga e 1 toalliña húmida para cada pasaxeiro por día
  • Taxas turísticas locais
  • Propinas
  • Seguro de viaxe de asistencia e cancelación non reembolsable (160 €)
  • Agasallo para cada viaxeiro

O prezo NON inclúe:

  • Visado de entrada a Camboxa (aproximadamente 30 USD, pago en destino)
  • Extras nos hoteis
  • Calquera outro servizo non especificado no apartado de servizos incluídos

Prazos de pago:

  • No momento da confirmación da praza: 710€
  • Antes do 27 agosto: 1150€
  • Antes do 27 de setembro: 1150€
  • Antes do 27 de outubro:
    • 1150€ socio ABANCA + suplemento habitación individual (860€)
    • 1566€ socio + suplemento habitación individual (860€)

Condicións de cancelación:

  • Desde o momento da confirmación da viaxe ata 121 días antes da saída: 400 €
  • Entre 120 e 91 días antes da saída: 600€
  • Entre 90 e 61 días antes da saída: 1.500€
  • Entre 60 e 31 días antes da saída: 2.500€
  • 30 días antes da saída: 100%

 

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

A solicitude de inscrición será efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, dispoñible dende o 19 de febreiro ás 10:00 horas ata que se completen as prazas. Para verificar que a solicitude se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación de solicitude. Se non o recibe, contacte co teléfono 698 197 990.

A confirmación da praza realizarase mediante un novo correo electrónico, momento no que deberá efectuar o primeiro pagamento.
As prazas do autobús asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Se aínda non é socio/a e desexa viaxar con nós, pode acudir a un Espazo +60 ou solicitar cita previa.

(*) Condicións completas dispoñibles no seu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia Viajes (R/ Durán Loriga, 12. A Coruña. 15003; 981 117 659).

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078