Que podemos facer fronte ao problema do lixo mariño? - Espazos +60 Vigo e Pontevedra
Os Espazos +60 de Vigo e Pontevedra organizan unhas charlas informativas sobre o proxecto de Afundación, PLANCTON, e a campaña de sensibilización O mar empeza aquí.
Nelas presentarase a campaña de sensibilización e concienciación ambiental no marco de PLANCTON, destacando a intervención de Saleta González Pimentel, bióloga mariña, experta en sustentabilidade e directora técnica do proxecto PLANCTON, quen compartirá a súa visión e experiencia sobre sustentabilidade e conservación da contorna mariña.
A xornada servirá tamén para animar a cidadanía a sumarse ás actividades previstas con motivo da presentación oficial da campaña, que terá lugar o vindeiro 9 de xuño en Sanxenxo.
Vigo: 20 de maio | 12.00 horas
Pontevedra: 21 de maio | 11.30 horas
Para máis información, contacte co seu Espazo +60 de Vigo ou Pontevedra.