ANDAINA CAMIÑO DA AMARGURA - Espazo +60 Ourense
Ruta de sendeirismo pola Ribeira Sacra que percorre antigos camiños tradicionais entre bosques de carballos e castiñeiros.
O percorrido comeza na Praza do Afilador (Luintra) en dirección a Baldomar, internándose en frondosos bosques. Visitaranse varios miradoiros e puntos de interese como as Mámoas das Cabanas e o Bambán do Solpor.
A ruta continúa cara a Pedra Longa, onde se realizará unha parada para gozar das vistas do río Sil. Posteriormente, o itinerario atravesa Biduedo e Paradela ata descender por un camiño empedrado cara ao impresionante mosteiro de Santo Estevo.
Tras a visita, retómase o camiño polo antigo Camiño Real, desviándose por unha senda entre castiñeiros que conduce á fervenza do regato de San Miguel. O regreso realízase polo monte dos Cis ata A Cruz, onde remata a ruta. Inclúe visita guiada á igrexa de Santo Estevo e traslado en autobús para o xantar.
Prezo:
- 50 € (ata 25 prazas)
- 60 € (ata 35 prazas)
Inscrición obrigatoria:
- 988 23 63 03 (Espazo +60)
- Formulario en liña
Prazo límite: 9 de abril de 2026