Viaxe a Córcega e Cerdeña, Espazos +60
Embárcate nunha viaxe entre Córcega e Cerdeña, dúas illas mediterráneas onde a natureza salvaxe, as vilas con encanto e os mares turquesa crean un paraíso que namora á primeira vista.
4 de setembro – Recollida nos diferentes centros de Afundación. Traslado ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trámites de facturación. Voo con destino Barcelona para coller o voo con destino Olbia. Chegada e traslado ao hotel, cea no hotel e aloxamento.
5 de setembro (25 km de traslados) – Almorzo no hotel e saída para descubrir a Costa Esmeralda. Fundada nos anos 60 polo Príncipe Karim Aga Khan, é o lugar máis exclusivo e preferido polos VIP. Visita á localidade de Porto Cervo, famosa por contar cun dos portos máis exclusivos de Europa. A continuación, visita a San Pantaleo, característico pobo sardo, tamén coñecido como a vila dos artistas.
Regreso ao hotel para o xantar. Tempo libre pola tarde.
Cea e aloxamento.
6 de setembro (70 km de traslados) – Almorzo no hotel. Saída cara ao porto de Santa Teresa di Gallura. Traslado en ferry a Córcega e chegada ao porto de Bonifacio. A cidade érguese maxestosa sobre un promontorio que domina o mar. Tras visitar a parte baixa da cidade, traxecto en tren turístico á parte alta da cidade medieval, onde se poderá admirar a famosa Escaleira Aragonesa, escavada na rocha, as antigas fortificacións, as pintorescas igrexas, o antigo cuartel da Lexión Estranxeira e o monumento dedicado.
Xantar en restaurante e tempo libre antes da saída.
Chegada ao porto de Santa Teresa e regreso ao hotel.
Cea e aloxamento.
7 de setembro – Almorzo no hotel. Saída para visitar a Illa da Magdalena. Oficialmente coñecida como Parque Nacional do Arquipélago da Magdalena, é un paraíso protexido que alberga fermosas praias virxes de area branca, mar azul turquesa e rochas escarpadas.
Xantar no hotel. Tempo libre para gozar das instalacións do hotel.
Cea no hotel e aloxamento.
8 de setembro (154 km de traslados) – Almorzo no hotel. Saída cara ao auténtico corazón de Cerdeña, Barbagia, onde tamén se atopa a cordilleira máis alta da illa, o Gennargentu. Visita ao Museo das Máscaras en Mamoiada, onde poderemos admirar obxectos vencellados ás antigas costumes da illa, que aínda hoxe seguen vivas entre os habitantes durante o Entroido. Saída cara a Orgosolo, un lugar moi especial grazas aos seus famosos murais que cobren as paredes das casas, coñecendo a interesante historia ligada a eles.
Xantar típico cos pastores a base de produtos tradicionais de Cerdeña e pequena mostra do folclore insular.
Traslado ao hotel, cea e aloxamento.
9 de setembro (50 km de traslados) – Almorzo no hotel. Visita guiada da cidade de Alghero, con marcados acentos españois (Catedral de Santa María, Palacio Guillot e Igrexa de San Francisco, templo do século XIV). A continuación, cata de viños.
Regreso ao hotel para o xantar, tarde libre, cea e aloxamento.
10 de setembro (80 km de traslados) – Almorzo no hotel. Visita a Castelsardo, considerado un dos pobos máis fermosos de Cerdeña e de Italia. O pobo sitúase nun cantil fronte ao mar e desenvólvese aos pés do castelo, intacto desde hai máis de 1.000 anos. Fundado en 1270 pola familia xenovesa Doria, foi conquistado polos españois no 1400 e bautizado como Castello Aragonese, pertencendo durante uns 300 anos ao Reino de España. En 1720 pasou á Casa de Savoia e finalmente converteuse en Castelsardo.
Regreso ao hotel para o xantar, tarde libre, cea e aloxamento.
11 de setembro – Almorzo no hotel e traslado á hora acordada ao aeroporto para tomar o voo con destino Santiago de Compostela, vía Madrid. Recollida de equipaxes e traslado aos diferentes centros de Afundación.
Fin dos servizos.
Hotel:
Hotel Mangia’s Sardinia Resort 5*
Prezo (baseado nun grupo de 45 persoas de pago):
- Prezo en habitación dobre socio ABANCA – 2.899 €
- Prezo en habitación dobre socio – 3.189 €
- Suplemento habitación individual – 700 €
Esta viaxe organizada por Halcón Viaxes inclúe:
- Voos desde Santiago de Compostela vía Barcelona con Vueling
04/09 SANTIAGO 06:35 – BARCELONA 08:15 / 13:50 – 15:20 OLBIA
11/09 OLBIA 16:15 – BARCELONA 17:50 / 21:15 – 23:05 SANTIAGO
- Traslados aeroporto – hotel – aeroporto
- 1 maleta facturada de 24 kg e 1 de man situada debaixo do asento por persoa
- 7 noites de aloxamento no hotel Mangia’s Sardinia Resort 5*
- Autocar con aire acondicionado durante todo o circuíto
- Réxime de pensión completa desde a cea do primeiro día ata o almorzo do último
- Guía oficial en todas as visitas
- Asistencia en destino
- Excursión de medio día á Costa Esmeralda con visitas a Porto Cervo e San Pantaleo
- Excursión de día completo a Bonifacio (billete de ferry incluído)
- Excursión de medio día a Castelsardo
- Excursión de día completo a Orgosolo e Mamoiada con xantar típico cos pastores e entrada ao Museo das Máscaras
- Excursión de medio día a Alghero con cata de viño
- Excursión á Illa da Magdalena
- Tren turístico en Bonifacio
- Guía acompañante en destino de fala hispana durante todo o circuíto
- Guía acompañante da axencia
- Taxas turísticas
- Seguro de viaxe e cancelación (30 € non reembolsables en caso de cancelación)
- 2 acompañantes de Afundación
Prazos de pagamento:
- No momento da reserva: 870 € / persoa + 187 € seguro de libre desestimento SO se o contratou
- 04/05: 1.160 € / persoa
- 04/07:
- SOCIOS ABANCA: 869 € / persoa (+700 € suplemento individual, se procede)
- SOCIOS: 1.159 € / persoa (+700 € suplemento individual, se procede)
Condicións de cancelación:
- Desde a reserva ata o 02/05: 30 % do total
- Do 03/05 ao 03/07: 70 % do total
- Do 04/07 ao día da saída: 100 % do total
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A solicitude de inscrición será efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, desde o 19 de febreiro ás 10.00 h ata cubrir prazas. Recibirá un correo de confirmación da solicitude. Se non o recibe, contacte no 698 197 990.
Confirmarémoslle a praza cun segundo correo electrónico, momento no que deberá realizar o primeiro pagamento. As prazas do autobús adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio e quere viaxar connosco, pode achegarse a un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no seu Espazo +60 Afundación ou en Halcón Viajes (Federico Tapia, 10 - 15005 - A CORUÑA; 981228609 / 607886018 / 607615958).