Ruta arqueolóxica e de natureza - Espazo +60 Ourense
Xornada completa de arqueoloxía e natureza da man de Coureleando. Pola mañá realizaremos unha ruta a pé circular de 9 km, con arredor de 300 metros de desnivel positivo, ata a Mina Romana da Toca, un espectacular espazo arqueolóxico de época romana. Durante a visita poderemos coñecer as infraestruturas mineiras e acceder ao interior da mina, unha experiencia tan impactante como reveladora da magnitude da minería romana.
Pola tarde visitaremos o Castro da Torre, un xacemento arqueolóxico escavado no que se conservan claramente as estruturas e o urbanismo castrexo-romano. A visita estará guiada por un profesional que participou directamente como arqueólogo nas campañas de escavación, o que permite unha interpretación rigorosa e de primeira man do xacemento.
Toda a xornada estará guiada por Iván un técnico Deportivo de Media Montaña (TD2), arqueólogo e membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Courel”.
Prezo:
50€ (inclúe transporte, restaurante, seguro e guía experto)
Horario:
7.45h (saímos de Ourense, r/Xoan XXIII, detrás da subdelegación de Goberno)
Regreso sobre ás 20.30h
Inscripción:
Inscríbete ata o día 27/01, no Espazo +60, no 988 23 63 03 ou a través do formulario.