No marco do noso fomento de propostas de acción social, poñemos en marcha no ano 2021 e ao longo do próximo ano 2022, un ambicioso programa no que os eventos culturais desenvolvidos nos nosos centros, e tamén naqueles espazos nos que se leven a cabo actividades nosas, animen á solidariedade.

Mediante a colaboración cos Bancos de Alimentos locais, nas nosas habilitaranse, de modo gradual, contedores que servirán como puntos de recollida dos alimentos que os visitantes das iniciativas culturais queiran doar. Así, «Cultura por alimentos», apela á participación da cidadanía e responde ao chamamento solidario dos Bancos de Alimentos.

¡Participa!