• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. Quince anos de cómics de DAVID RUBÍN. A Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. Quince anos de cómics de DAVID RUBÍN. A Coruña
  • 03-11-2021 29-01-2022 Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. Quince anos de cómics de DAVID RUBÍN. A Coruña A sede Afundación da Coruña acolle esta antolóxica sobre o autor ourensán, amosando a súa evolución creativa até chegar ao mercado norteamericano coma un dos imprescindibles do cómic Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    3 NOV A 29 XAN 2022

  • Horario:

    LUNS A VENRES 17.00 A 21.00 h

    SÁBADOS E FESTIVOS 12.00 A 14.00 E 17.00 a 21.00 h

    PECHADO, DOMINGOS e os días 24, 25, 31 DEC e 1 XAN 2022

  • Entrada:

    Gratuíta

SACRIFICIO E ASCENSIÓN. 15 ANOS DE CÓMICS DE DAVID RUBÍN, unha mostra que percorre con espírito antolóxico as diferentes etapas, influencias e series desta gran figura da ilustración, partindo dos seus primeiros traballos en Galicia para acabar cos últimos no esixente mercado americano. David Rubín (Ourense, 1977) é un dos historietistas españois máis recoñecidos nos últimos anos. É cofundador do colectivo Polaqia, formado por historietistas de Galicia e recoñecido con varias candidaturas aos pretixiosos premios Eisner. Desde uns duros comezos en que o cómic era unha paixón, máis ca un traballo, ata o momento actual, en que deviu nun dos historietistas máis solicitados do panorama internacional, esta é a exposición máis extensa, completa e ambiciosa das realizadas sobre este autor, con máis de 230 obras, en que se reflicten todos os seus fitos creativos.

 

3 NOV | VISITA GUIADA INAUGURAL | 19.00 a 20.00 h
A cargo do artista David Rubín e do curador da mostra Asier Mensuro.

3 NOV | INTERVENCIÓN MURAL | 11.30 a 12.30 h
O propio David Rubín rematará un mural da súa autoría na sala de exposicións. Ademais, mediante un audiovisual proxectado en sala, poderemos seguir todo o proceso de creación do mural, vendo como emerxe o debuxo desde as primeiras liñas do lapis.

4 NOV | SINATURA de BANDAS DESEÑADAS a cargo de D. RUBÍN | 17.00 a 19.00 h 
David Rubín estará na exposición asinando e dedicando bandas deseñadas. Convidamos a que o público se achegue co seu exemplar de Rubín, e tamén contaremos coa selección que nos vai traer a libraría especializada ALITA Cómics.
Ademais, agasallaremos (até esgotar existencias) unha reprodución tamaño tarxetón do cartaz que Rubín deseñou para esta exposición, e asinada polo propio autor!

 

COMISARIO | Asier Mensuro 

 
Na súa primeira etapa como profesional destacan títulos como La tetería del oso malayo ou Cuaderno de tormentas; mais non é ata El Héroe, cando consegue o éxito nacional e internacional, xa que se publica no estranxeiro, abríndolle a porta a outros mercados. Ségueo Beowulf, outra obra sobresaínte que o confirma coma un dos autores fundamentais do panorama actual. Comeza así a traballar para o mercado americano en series coma Aurora West, La Ficción, Ether ou Sherlock- Frankenstein, combinando os devaditos traballos con outros realizados directamente para o mercado español, como Gran Hotel Abismo ou Fuego, o seu último proxecto aínda en desenvolvemento, que verá a luz en 2021 da man da editorial Astiberri.

 
Da man desta exposición, Afundación converteuse en pioneira na aplicación de tecnoloxía de Realidade Aumentada tanto na propia sala de exposicións coma na visita virtual albergada aquí. Esta tecnoloxía permite que, quen visita a sala en presencial ou en virtual, acceda a contidos extras a través do seu dispositivo móbil: descrición de personaxes, proceso creativo, bosquexos, e moitas máis sorpresas que chegan ao visitante a través da AR (Augmented Reality) deseñada para varias obras da exposición. Con esta aplicación, Afundación promove que as visitas ás salas de exposicións sexan unha experiencia con que descubrir moito máis do que parece exposto e que esta información sexa ademais accesible desde calquera lugar do mundo con conexión a Internet.

 

* Esta mostra enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora coa túa achega cando nos visites!

 

 

 

Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín". Sesión de sinaturas. Foto: Mero Barral
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín". Sesión de sinaturas. Foto: Mero Barral
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín". Sesión de sinaturas. Foto: Mero Barral
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín". Sesión de sinaturas. Foto: Mero Barral
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín". Sesión de sinaturas. Foto: Mero Barral
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín". Sesión de sinaturas. Foto: Mero Barral
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078