• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Diálogo literario con FERNANDO ARAMBURU. "Los vencejos" en Pontevedra

Cultura Xornadas e conferencias Outras Profesorado Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Diálogo literario con FERNANDO ARAMBURU.
  • 22-11-2021 22-11-2021 Diálogo literario con FERNANDO ARAMBURU. "Los vencejos" en Pontevedra A súa última novela, aceda e tenra, é a súa nova obra mestra que o confirma coma un dos mellores escritores europeos Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    22 NOV 2021

  • Horario:

    19.30 h

Apúntate

Diálogo literario con Fernando Aramburu no marco da publicación da súa nova novela Los vencejos. Acompáñano Xavier Seoane e Javier Pintor.
 

Reserva xa a túa entrada a través de Ataquilla.com
Este evento forma parte do programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa solidaria de intercambio de actividades culturais por comida, en colaboración cos Bancos de Alimentos de Galicia. Deberás reservar previamente na nosa plataforma Ataquilla.com. O propio día do evento, acude coa túa invitación e unha achega de alimentos non perecedoiros para acceder á actividade.
De antemán, dámosche as grazas por colaborar con esta acción solidaria. 

 
Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) é autor dos libros de contos Los peces de la amargura (2006, XI Premio Mario Vargas Llosa NH, IV Premio Dulce Chacón e Premio Real Academia Española 2008) e El vigilante del fiordo (2011), das obras de non ficción Autorretrato sin mí (2018), Vetas profundas (2019) e Utilidad de las desgracias (2020), así como das novelas Fuegos con limón (1996), Los ojos vacíos (2000, Premio Euskadi), Bami sin sombra (2005), La gran Marivián (2013), El trompetista del Utopía (2003), Viaje con Clara por Alemania (2010), Años lentos (2012, VII Premio Tusquets Editores de Novela e Premio de los Libreros de Madrid), Ávidas pretensiones (Premio Biblioteca Breve 2014) e Patria (2016, Premio Nacional de Narrativa, Premio de la Crítica, Premio Euskadi, Premio Francisco Umbral, Premio Dulce Chacón, Premio Arcebispo Juan de San Clemente, Premio Strega Europeo, Premio Lampedusa, Premio Atenas…), o último gran fenómeno literario, traducida a 32 linguas e convertida en prestixiosa serie por Aitor Gabilondo para HBO. Cinco anos despois, Los vencejos, aceda e enternecedora, é a súa nova obra mestra, que o confirma como un dos mellores escritores europeos.


Tras o éxito internacional de Patria, Fernando Aramburu regresa cunha extraordinaria novela, Los vencejos (Tusquets, 2021) que é un fermoso canto ao verdadeiramente importante: a amizade, o amor, a liberdade e, sobre todo, a vida: unha vida que pode ter as súas sombras, pero que tamén, se se sabe apreciar, é luminosa.


O protagonista de Los vencejos é Toni, un home de cincuenta e cinco anos, divorciado e cun fillo que xa non vive con el. É profesor de filosofía nun instituto e vive en Madrid, no barrio da Guindalera. Huraño e a mal co mundo, que o decepcionou, a súa vida redúcese a traballar, pasear a súa cadela Pepa e tomar algunha cervexa co seu amigo Patachula. Por moitos libros que lese, Toni confesa que hai cousas que non entende. Tamén cre que o importante xa o viviu, e que non merece xa a pena seguir no mundo, polo que toma a firme decisión de poñer unha data para quitarse a vida. Concédese un ano para poñer en orde todos os seus asuntos, e pescudar as verdadeiras razóns da súa determinación. Só a chegada dos birrios, na primavera, confirmaralle se tomou a decisión correcta. Na conta atrás que vai do 1 de agosto de 2018 ata a data elixida para o seu suicidio, Toni desfaise aos poucos das súas pertenzas e escribe un diario: unha anotación cada día, durante os 365 días que faltan ata chegar ao 31 de xullo do 2019; nesas anotacións repasa, sen filtros e cunha franqueza desacostumada, o que foi a súa vida, cos seus altibaixos, os seus momentos de gloria, pero tamén os seus fracasos. E sobre todo a constelación de persoas que coñeceu e que forman o seu particular universo. Toni recolle no seu diario asuntos candentes ao fío da actualidade dese ano e moi particularmente a crispación política instalada na nosa sociedade.


Cun sentido do humor corrosivo, unha gran dose de ironía e unha afiadísima mirada ao mundo que vivimos, Fernando Aramburu consegue interpelar ao lector coas numerosas cuestións que expón, pero sobre todo fai un retrato prodixioso dun home do noso tempo, superado polos acontecementos, vítima dunha deficiente educación sentimental doutra época, e perdido nun mundo postmachista, o do fin do heteropatriarcado.

 

Este encontro enmárcase no proxecto CULTURA POR ALIMENTOS lanzado por Afundación Obra Social ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Faite con entradas a eventos culturais a cambio de alimentos non perecedoiros. Infórmate aquí.

Fernando Aramburu
Fernando Aramburu
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078