• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición GALICIA A UN PASO DE TI na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición GALICIA A UN PASO DE TI na Coruña
  • 03-11-2021 08-01-2022 Exposición GALICIA A UN PASO DE TI na Coruña Fotografías do sonense Adolfo Enríquez que amosan os lugares máis incribles da nosa xeografía. Exposición dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    3 NOV a 8 XAN 2022

  • Horario:

    LUNS A VENRES 17.00 A 21.00 h
    SÁBADOS E FESTIVOS 12.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 h
    PECHADO, DOMINGOS e os días 24, 25, 31 DEC e 1 XAN 2022
  • Entrada:

    Gratuíta

Galicia é unha terra atlántica que leva séculos exercendo un fascinante poder de atracción. É aquí onde situaban os antigos o fin do mundo, o Finis Terra e, na súa capital, Santiago de Compostela, onde alcanzan o seu destino final os peregrinos que percorren o Camiño...

Nova exposición de fotografía na Sede Afundación da Coruña. A través de 216 instantáneas, Adolfo Enríquez amosa Galicia e o seu rico patrimonio histórico, unha invitación aos seus habitantes e a quen a visita a coñecer, descubrir e tamén redescubrir a súa gran riqueza arquitectónica, natural e paisaxística. Valorar esta riqueza é o primeiro paso para conservala e preservala para as futuras xeracións. 

 

«Galicia a un paso de ti», producida por Turismo de Galicia, é unha exaltación do territorio galego e o seu extraordinario poder de atracción, dunha terra única e privilexiada. As circunstancias excepcionais provocadas polo impacto da COVID-19, que limitaron os desprazamentos, serviron tamén para que en cada recanto do planeta os seus habitantes se detiveran a observar o que teñen máis preto, a valoralo e a reflexionar sobre a importancia de preservalo. Así nace este proxecto de Turismo de Galicia, sustentado en tres piares: a natureza, o patrimonio e o Camiño de Santiago. A mostra detense, primeiro, na natureza: as instantáneas do fotógrafo Adolfo Enríquez mostran as súas espléndidas praias, a Galicia interior que bañan mil ríos, o seu hábitat privilexiado, os seus 6 parques naturais, o Parque Nacional das Illas Atlánticas… E continúa despois mostrando a súa historia, o Camiño de Santiago e a zona histórica de Compostela, a Muralla de Lugo ou a Torre de Hércules, declarados todos eles pola UNESCO «Patrimonio da humanidade» e outros moitos recantos emblemáticos, os seus costumes, as súas festas ou a súa gastronomía, conservados ao longo dos séculos, nunha simbiose perfecta de tradición e modernidade.

Imposible recoller todo o esplendor de Galicia en 216 imaxes, que si serven para cativar a quen non a coñece e para convidar a quen a habita a descubrir pequenos paraísos que están apenas a uns pasos. Con esta exposición convidamos a viaxar polos lugares máis sorprendentes da nosa xeografía galega sen saír dunha sala de exposicións, á vez que divulgamos os múltiples destinos onde podemos dirixir os nosos pasos para vivir en bosques frondosos, solpores cheos de luz, descubrir a pedra feita arte ou percorrer camiños de auga, entre outras moitas máis experiencias ao alcance da nosa man.

 
O AUTOR
Adolfo Enríquez (Porto do Son, 1965) empezou na fotografía aos 14 anos, por casualidade, cando o seu pai levou á súa casa unha cámara Yashica Electro 35 que atopara abandonada. Desde entón, a fotografía é parte da vida deste autor, convertido nun nomeado profesional cunha gran paixón: os escenarios naturais de Galicia. Unha devoción plasmada en guías e revistas de viaxes; exposicións en varios continentes, e nos libros Cara a Santiago e Sinte Galicia.

 

Esta exposición encádrase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS, que promove o troco de produtos e servizos culturais por produtos alimenticios de primeira necesidade. As persoas que nos visiten ao longo do ano poderán doar alimentos, depositándoos nas caixas habilitadas á entrada dos nosos edificios en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Solidarízate!

 

CONCURSO!

Ademais, podes participar dun concurso que pon en marcha Turismo de Galicia! Realizaranse dous sorteos para A Coruña e Vigo, e só terás que subir unha foto ás redes sociais co cancelo #GaliciaAUnPasoDeTiACoruña ou #GaliciaAUnPasoDeTiVigo. 

Sortearase unha selección de produtos gastronómicos galegos e un set do peregrino:

- Selección de produtos gastronómicos: 1 botella de viño Albariño, 1 botella de licor café, 1 queixo San Simón, 1 queixo ecolóxico Moeche, 1 botella de aceite de oliva virxe extra, 6 latas de conservas, 1 paquete de galletas de nata Maruxas, 1 bote de Geleé de Baladiña.

- Set peregrino: 1 mochila, 1 gorro de auga, 1 botella-termo, 1 paraugas pregable, máscaras, 1 axenda, 1 chaveiro

Para saber como participar, aquí tes as bases!

 

Exposición producida por Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

 

Xacobeo 21-22

 

MEDIDAS COVID #CulturaSegura
 
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

- Asistencia obrigada con máscara

- Control da capacidade

- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público

- Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas

- Desinfección rigorosa de espazos

- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico

- Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

Exposición: Galicia a un paso de ti. Santiago de Compostela
Exposición: Galicia a un paso de ti. Santiago de Compostela
Exposición: Galicia a un paso de ti. Santiago de Compostela
Exposición: Galicia a un paso de ti. Santiago de Compostela
Exposición: Galicia a un paso de ti. Santiago de Compostela
Exposición: Galicia a un paso de ti. Santiago de Compostela
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078