• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

EMHU Encontro Mundial de Humorismo, na Coruña

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
EMHU Encontro Mundial de Humorismo, na Coruña
  • 25-04-2024 05-05-2024 EMHU Encontro Mundial de Humorismo, na Coruña As grandes figuras do humor reúnense nunha serie de encontros divertidos e irreverentes dos que vas poder gozar esta tempada. Ademais, asistindo a eles convidámoste a colaborares coa nosa campaña solidaria de doazón para os bancos de alimentos locais, Cultura por Alimentos Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    25 ABR a 5 MAI 2024

O Encontro Mundial de Humorismo EMHU chega á Coruña do 25 de abril ao 5 de maio e tamén se apropia do noso espazo no Cantón Grande. A Sede Afundación A Coruña agárdate para desfrutar da comedia.

 

As actividades paralelas do encontro están anoadas á nosa campaña solidaria Cultura por Alimentos. Participa e colabora traendo a túa doazón de alimentos non perecedoiros para axudar o banco de alimentos local das Rías Altas.

Campaña colaboradora con FESBAL Federación Española de Bancos de Alimentos. Infórmate máis aquí.

 

CALENDARIO

Xoves 25 ABR | 20.00 h | El nicho con David Perdomo
Sábado 27 ABR | 12.30 h | Match de Impro con Escuela de Impro Coruña
Martes 30 ABR | 20.00 h | Coidado coas bromas, unha mesa redonda sobre os perigos do humor. 
Sábado 4 MAI | 12.30 h | O negocio do humor con Álex Clavero, Juan Herrera, Luis Piedrahita e Raquel Martos. 

 

El Nicho de DAVID PERDOMO

O cómico abandona o salón da súa casa para desembarcar no Encontro Mundial de Humorismo con El nicho, o seu novo podcast de entrevistas sobre perfumes. Si, leron ben, perfumes: recendos que non se poden compartir por Youtube, pero que todo o mundo sente no seu programa. Unha serie de entrevistas que, como el mesmo afirma, “cheiran a xofre” e na que se abriron de arriba a abaixo, con moito humor e retranca, figuras como Melania Cruz, Dani Rovira ou Lúa Mosquetera, por mencionar tan só algunhas. E, nesta ocasión especial, Perdomo non podería elixir un mellor invitado: nin máis nin menos que o seu gran cómplice sobre os escenarios Xosé A. Touriñán, un dos cómicos máis queridos polo público do EMHU.

 

Match de IMPRO

Escola de Impro Coruña

Entradas: acceso gratuíto ata encher a capacidade

Duración: 90 minutos

Idade recomendada: todos os públicos

 

O encontro humorístico-deportivo máis divertido chega este 2024 ao EMHU da man da Escola de Impro Coruña. Unha mestura entre deporte e espectáculo teatral en que dous equipos se enfrontan, durante un tempo definido, interpretando escenas improvisadas no momento, baixo as directrices marcadas nunha tarxeta, cumprindo co regulamento que marca o xogo e... o máis importante, contando coa participación activa do público. Á cita non faltarán o árbitro e os seus asistentes, regulamento, puntuacións, himnos, equipacións e moito máis. O espectáculo está servido!

 

MESA REDONDA "Coidado coas bromas!"

Sobe o pano, e aparece un prestixioso columnista, un teórico da comedia e dous dos máis refinados cómicos de stand-up nacionais, nunha mesa, falando sobre algúns dos asuntos máis polémicos e delicados da comedia. Como se chama a mesa redonda? Coidado coas bromas!

Participantes:

Alberto Olmos é escritor e xornalista. Debutou en 1998 coa novela A bordo del naufragio, finalista do Premio Herralde. A esta obra seguírona novelas coma Trenes hacia Tokio, Ejército enemigo ou Alabanza. Publicou o libro de relatos Guardar las formas, os ensaios Vidas baratas: elogio de lo cutre e Tía buena: una investigación filosófica, así coma o texto autobiográfico sobre a paternidade Irene y el aire. É columnista do diario El Confidencial. O seu labor literario e xornalístico ten sido recoñecido co premio Ojo Crítico de RNE, e co I Premio David Gistau de periodismo. Algúns dos seus mellores artigos están recollidos en Cuando el Vips era la mejor librería de la ciudad.

 

Dani Alés é cómico de stand up desde fai tanto tempo que xa comeza a ser demais. Ten fracasado en varios programas de televisión (Comedy Central, La Sexta, Cuatro), suspendeu actuacións por falta de público e apenas ten seguidores en Instagram. Iso si: pétao moi por enriba da súa irrelevancia. Formado en Madrid (filólogo e doutor en Literatura) e Nova York (dramaturgo e director teatral cunha bolsa Fulbright), é director do Congreso Nacional de Comedia, ten coordinado Micro abierto: textos sobre stand-up comedy (UAM) e prepara El pequeño mundo del cómico (La Uña Rota).

 

José María Rodríguez é profesor titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Unha parte dos seus traballos dedicounos á análise e descrición teórico-literaria do monólogo cómico. Ten participado en distintos congresos sobre a comedia e o humor para expor as súas investigacións e coordinou un libro colectivo publicado por Ediciones Universidad de Valladolid en 2020 titulado El monólogo cómico. Poética y retórica de la comedia de stand-up: transferencias y escena. Tamén foi membro do comité organizador do Congreso Nacional de Comedia, un evento que reuniu aos mellores cómicos do país nas súas sete edicións celebradas na Universidade Autónoma de Madrid.

 

Luis Álvaro leva case 15 anos ofrecendo a súa propia versión do stand up comedy. A profundidade naif do seu material e a súa explosiva posta en escena afástano de calquera outro cómico do planeta: se o viches en directo, xa o sabes. Reclutou fieis seguidores tras o seu paso por varios espazos de comedia nacionais (Comedy Central, Buenafuente, Ilustres Ignorantes) e incluso actuado no estranxeiro, pero asegura que o gran público –teu pai, túa tía– descubrirá o seu talento aos 60, coma a Chiquito.

 

O NEGOCIO DO HUMOR

É o humor un bo negocio? Pódese vivir del? Cantos cartos ten Broncano no banco? Todas estas preguntas -e outras moitas- NON se responderán na mesa-coloquio que presentan Álex Clavero, Raquel Martos, Juan Herrera e Luis Piedrahita. Os catro dedicaron a súa vida ao turbio negocio do humor, protagonizando algúns dos proxectos máis exitosos e creativos da radio, a televisión e o teatro. En O negocio do humor descubrirannos as súas experiencias, os seus éxitos e, sobre todo, os seus fracasos. O humor para eles é un xeito de vida, mais, tamén, unha actitude ante a vida.

Participantes:

Álex Clavero dedícase a contar historias desde a verdade -aínda que quizais é de esaxerar-. Diante dun micrófono ten o humor xestual, a simpatía, a absurdeza e o ritmo como ingredientes fundamentais. É colaborador de RockFM, coma El Francotirarock no programa El pirata y su banda. Foi guionista en programas de televisión como El Hormiguero e colaborador en espazos como Lo mejor que te puede pasar, de Nuria Roca.

 

Juan Herrera é, sen ningunha dúbida, unha auténtica eminencia no mundo da radio e a televisión. Toda unha institución. É un dos piares fundamentais do entretemento tal e como o coñecemos: ten sido o creador de xoias coma Humor Amarillo ou o Gran Prix, un dos guionistas do primeiro Club de la Comedia, e peza clave no nacemento de El Hormiguero. E isto é só a punta do iceberg dun dos máis prolíficos creadores do audiovisual nacional.

 

Luis Piedrahita é humorista, escritor, ilusionista, presentador e director de cinema. É colaborador e guionista do programa El Hormiguero e colabora habitualmente en La Ventana, na Cadena Ser. É autor de sete bestsellers de humor, entre eles, Cambiando muy poco algo pasa de estar bien escrito a estar mal escroto e A mí este siglo se me está haciendo largo. O seu último monólogo, Es mi palabra contra la mía, é un espectáculo cheo de enxeño e tenrura en que Luis analiza por que ninguén se sente contento co que lle tocou.

 

Raquel Martos, xornalista, guionista e escritora, que desenvolveu case toda a súa carreira no mundo audiovisual, traballou en radio e televisión con figuras como Pablo Motos, Luis del Olmo, Carlos Alsina ou Julia Otero entre moitos outros. Na súa extensa traxectoria pasou por Onda Cero, M80, La SER, Antena 3, Movistar Plus+ e canles de televisión públicas (La 1, La 2).

 

El negocio del humor. EMHU 2024
El negocio del humor. EMHU 2024
Dani Ales. Mesa redonda. EMHU 2024
Dani Ales. Mesa redonda. EMHU 2024
Luis Álvaro. Mesa redonda. EMHU 2024
Luis Álvaro. Mesa redonda. EMHU 2024
José María Rodríguez. EMHU 2024
José María Rodríguez. EMHU 2024
Match de Impro. EMHU 2024
Match de Impro. EMHU 2024
El Nicho de David Perdomo. EMHU 2024
El Nicho de David Perdomo. EMHU 2024
Alberto Olmos. Mesa redonda. EMHU 2024
Alberto Olmos. Mesa redonda. EMHU 2024
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078