Desde que foi erixido, o inmoble que na actualidade ocupa a Sede Afundación de Ferrol non deixou de ter un papel protagonista na vida da cidade. Albergou sucesivamente o concello, o cárcere, o instituto de segundo ensino (onde impartiu clases Gonzalo Torrente Ballester) e o Goberno Militar.
Atópase na Magdalena, verdadeiro corazón de Ferrol, a escasos metros dalgúns dos edificios máis emblemáticos da cidade: o Mercado, o Teatro Jofre ou a Concatedral. A espazosa explanada peonil que se estende perante o edificio, a praza da Constitución que enlaza coa popular zona de paseo e lecer dos Cantóns de Molíns, resulta idónea para realizar actividades promocionais no exterior.
Tras a última reforma do edificio, concluída en 2005, este adquiriu a súa configuración actual. Grazas a unha rehabilitación respectuosa co pasado á vez que situada no presente, na que conviven de xeito harmonioso a pedra, o vidro, o aceiro e a madeira, convertemos este inmoble nun polivalente colector con multitude de posibilidades, ademais de ofrecer acceso universal, condición que o fai único na cidade.
Sede Afundación Ferrol.
Nos seus 4.317 m², distribuídos en sete plantas, sitúanse, para alén do salón de actos equipado cos últimos avances tecnolóxicos, diversas salas para acoller exposicións, cursos, obradoiros, faladoiros e todo tipo de actos culturais e sociais.
Accesos
Autobuses. Paseo da Estación. Liñas: 1-b, 1-2, 3, 4, 7 e 9. Máis información da estación de autobuses de Ferrol.
Estación de trens. Paseo da Estación. Liñas: 1-b, 1-2, 3, 4, 7 e 9. Máis información da estación de trens de Ferrol.
Se precisas máis información, ou che interesa reservar algún espazo, contacta connosco nos teléfonos 981 330 280 ou no enderezo electrónico socioculturales@afundacion.org
Espazos e Salas disponibles
Horarios
Localización
">
https://www.google.com/maps/embed?pb=!1m18!1m12!1m3!1d220088.54887778126!2d-8.444370416089813!3d43.3962410705047!2m3!1f0!2f0!3f0!3m2!1i1024!2i768!4f13.1!3m3!1m2!1s0x405a03ac2ed8dd2f%3A0x2c1777e7d5acec26!2sSede%20Afundaci%C3%B3n%20Ferrol!5e1!3m2!1ses!2ses!4v1728473666561!5m2!1ses!2ses> Ver mapa más grande
Contacto