Cos nosos proxectos de voluntariado interxeracional poderás contribuír ao diálogo con mozos, nenos e e nenas, participando nos clubs de lectura en centros de secundaria. A través dos proxectos de voluntariado cultural e educativo poderás achegar os teus coñecementos a outras persoas maiores participando como formador/a ou guía de rutas históricas, ou participar en actuacións dos nosos grupos artísticos de contacontos, teatro, monicreques ou musicais en beneficio de diferentes colectivos.
Se queres facer voluntariado medioambiental, poderás achegar o teu coñecemento para a plantación de árbores. Se a túa vocación é social, nos nosos obradoiros solidarios podes aprender a elaborar produtos de artesanía destinados á venda nos nosos mercados solidarios cuxa recadación destinamos a oenegués de acción social.
-
Mercadiño solidario en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC) - Espazo +60 Ourense
O vindeiro martes 26 de maio celebrarase un mercadiño solidario organizado polas voluntarias do Espazo +60 de Afundación, cunha mostra dos produtos elaborados artesanalmente.-
Datas:
Martes, 26 de maio de 2026
-
-
Mercadiño Solidario de primaveira - Espazo +60 Pontevedra
Mercadiño solidario con produtos artesanais elaborados por persoas voluntarias a beneficio do Comedor de San Francisco.-
ONDE:
Espazo +60 Pontevedra -
Datas:
Mércores, 20 de maio do 2026
-
Horario:
11.00 a 13.00 horas
-
-
Obradoiro de costura colaborativo, CHUO - Espazo +60 Ourense
O luns 20 de abril, as voluntarias do taller solidario do Espazo +60 de Ourense, en colaboración co CHUO, impartirán un obradoiro de costura dirixido a pacientes de saúde mental do hospital.-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Luns, 20 de abril do 2026
-
Horario:
11.00 a 12.00 horas
-
-
Entrega Talón Tenda Solidaria - Espazo +60 Viveiro
Charla sobre o Alzheimer e entrega de donativo do obradoiro solidario do Espazo +60 de Viveiro-
ONDE:
Espazo +60 Viveiro -
Datas:
Mércores, 4 de marzo do 2026
-
Horario:
17.30 h
-
-
Acto entrega almofadas solidarias CHUO e Hospital Verín - Espazo +60 Ourense
As almofadas en forma de corazón, elaboradas artesanalmente polas voluntarias do obradoiro solidario do Espazo +60 Afundacion Ourense, axuda ás pacientes a aliviar a dor do postoperatorio dunha ciruxía mamaria e, ao mesmo tempo, contribúe a reforzar a unha rede de apoio entre mulleres, transmitindo a través deste agasallo unha mensaxe de solidariedade e acompañamento.-
ONDE:
Espazo +60 Ourense -
Datas:
Xoves, 23 de outubro 2025 Ourense
Venres, 24 de outubro 2025 Verín
-
Horario:
11.00 h
-
-
CUBERTOS NADAL 2021
A acción forma parte das iniciativas postas en marcha para paliar as necesidades das persoas e fogares máis desfavorecidos durante as festas do Nadal-
Datas:
22 e 23 de decembro
-
Horario:
10:00 a 14:00
-
-
Dinamización de accións solidarias
Se che interesa participar, infórmate no teu Espazo +60!-
ONDE:
Consultar
-
-
Obradoiro e tenda solidaria en favor de oenegués
Se che interesa participar, infórmate no Espazo +60!-
ONDE:
ConsultarObradoiro e tenda solidaria en favor de oenegués
-