Viaxes +60 Afundación
Afundación, dentro dos seus programas de envellecemento activo, ofrece ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de realizaren unha serie de viaxes, coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para as persoas participantes. Para 2019 están programadas cinco viaxes, tres internacionais — Cruceiro fluvial por Bélxica e Holanda, Moscova-San Petersburgo, Atenas e illas gregas e dous destinos nacionais - Jaén - Almería e Cantabria.
Todos as viaxes inclúen autobuses desde os Espazos+60 ata o aeroporto, ida e volta, voos con tasas incluidas, hoteis de catro estrelas, guía acompañante e guía local para as visitas, seguro de viaxe e de cancelación.
O prazo de inscrición abrirase o 4 de marzo ás 10.00 horas.
Aínda non es soci@? Infórmate.