Viaxe a Jaén e Almería, Espazos +60 Afundación
Do 23 ao 29 de abril os Espazos +60 Afundación organizan unha viaxe a Jaén e Almería para as persoas socias dos seus Espazos +60.
O prazo de inscrición abrirase o 4 de marzo ás 10.00 horas. Prazas limitadas
O primeiro día os recollerán nos diferentes Espazos +60 Afundación e os levarán ao aeroporto da Coruña dirección Sevilla. Xantarán en ruta. Realizarán unha visita guiada por Xaén que conta con importantes construcións que resumen todos os séculos de historia da cidade. Entre elas destacan: os Baños árabes (os maiores de Europa, baixo o pazo de Villardompardo); o Real Convento de Santo Domingo, a catedral, o castelo de Santa Catalina, as antigas murallas que rodeaban a cidade, a capela de San Andrés ou o monumento ás Batallas na praza de las Batallas, punto neurálxico da cidade. Cea e panorámica nocturna de Xaén.
O segundo día sairán cara a Úbeda, onde admiraremos os encantos desta fermosa vila como a praza Juan Vázquez Molina, a igrexa de Santa María, o concello, o parador de turismo, ou a capela de El Salvador e pasaremos polos miradoiros. Posterior visita á cidade de Baeza, co seu impresionante Conxunto Histórico e Monumental no que destaca a catedral, para logo pasear polas súas rúas e descubrir o seu extenso e rico patrimonio. Regreso a Xaén para visitar a súa catedral. A catedral de Xaén, obra mestra de Andrés de Vandelvira e fonte de inspiración para a construción de moitas catedrais en Hispanoamérica, é considerada unha das obras máis notables do Renacemento en Andalucía, de aí que hai uns anos se iniciase o proceso para conseguir a súa declaración como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
O xoves sairán cara a Martos, que é unha importante cidade que se asenta ao pé do cerro de la Peña (disfrutarán dunha visita guiada), ao longo de cuxa ladeira se estende o compacto núcleo urbano, presidido polo castelo de la Villa e pola igrexa de Santa María. Desde esta privilexiada situación divísanse as súas terras, poboadas dun inmenso mar de oliveiras, onde realizarán unha visita guiada a unha almazara para coñecer a elaboración do aceite de oliva, dende a recepción do froito, limpeza, batido e extracción, ata a almacenaxe e envasado. Terán unha degustación dos seus aceites. Posterior visita a Alcaudete, onde destaca o seu castelo, construción musulmá máis representativa da época medieval entre os séculos XI e XII, e a igrexa de Santa María la Mayor, templo cuxa impoñente torre e conxunto se levou a cabo nos séculos XV e XVII, son só algunhas das mostras que quedan de tan rico pasado. Pola tarde, visita a Alcalá la Real, berce de Juan Ruiz de Cisneros, máis coñecido como o Arcipreste de Hita. Un paseo por esta cidade, localizada ao suroeste da provincia de Xaén, levaranos a visitar, en primeiro lugar, conxunto monumental da fortaleza de la Mota. Situado nun enclave máxico a 1.033 m sobre o nivel do mar, este espazo amurallado foi a chave, garda e defensa dos reinos de Castela. Descendendo pola rúa Real, chegarán ata a señorial carreira das Mercedes, onde o museo Palacio Abacial lles permitirá coñecer o patrimonio e os vestixios do pasado desta cidade. Visitas obrigadas serán tamén o pintoresco barrio de las Cruces, a praza Arcipreste de Hita e a igrexa de la Consolación, entre outras. Alcalá la Real é terra de viños, aceite e cereixas. Esta localidade é a sede do coñecido Festival Etnosur, unha explosión cultural multiétnica que se celebra a mediados de xullo. A última hora da tarde, regreso ao hotel de Xaén.
O venres sairán cara á Serra de Cazorla, tamén coñecida como Alto Guadalquivir ou comarca de Cazorla. A maior parte do seu territorio forma parte do parque natural da serra de Cazorla, Segura e Las Villas. Trátase dunha comarca milenaria que deixou como legado as pegadas das diferentes civilizacións que viviron nela, como as “covachas” con mostras de pinturas rupestres, varios xacementos prehistóricos ou un gran número de vilas romanas. Na serra de Cazorla pódense practicar actividades relacionadas coa natureza no parque natural ou participar nas antigas tradicións e festividades da comarca, como a tradición medieval da “entrada dos borregos”, a súa curiosa procesión do Cristo del Consuelo, ou as diferentes festas relacionadas co lume, luminarias e fogueiras que alumean as noites da comarca. A primeira hora da tarde, saída cara a Roquetas de Mar.
O sábado sairán cara a Almería. O que fora un dos portos máis importantes do califato de Córdoba, descóbrenos a súa alcazaba e a súa catedral á beira do Mediterráneo. Rúas estreitas de fachadas encaladas compoñen parte do panorama do seu centro histórico, ademais de historia e cultura. Despois de xantar visitarán o cabo de Gata. O parque natural de cabo de Gata, primeiro parque marítimo-terrestre de Andalucía, é un parque de orixe volcánica econstitúe o espazo protexido marítimo-terrestre de maior superficie e relevancia ecolóxica de todo o mar Mediterráneo Occidental europeo.
O domingo sairán cara ao deserto de Tabernas, un dos espazos naturais máis prezados polo seu incalculable valor xeolóxico, que abre ante o visitante un relevo impoñente e desconcertante. Nos anos 60 e 70, profesionais italianos do mundo cinematográfico descubrían, no sur de España, os mellores escenarios para rodar as películas que anos máis tarde conformarían o xénero ‘spaguetti western’. Tamén en Hollywood se tivo referencia das impresionantes paisaxes desérticas almerienses e polo deserto de Tabernas pasaron actores da talle de Clint Eastwood, Anthony Quinn e Sean Connery, entre outros. Títulos como ‘Por un puñado de dólares’, ‘El bueno, el feo y el malo’ ou ‘Le llamaban Trinidad’ forman parte da historia do cine, pero tamén da historia de Tabernas, o municipio que foi testemuña das mellores historias de vaqueiros. (Entrada con espectáculo “Western”) Regreso ao hotel para o xantar. Tarde libre en Roquetas.
O luns sairán para visitar Mojácar. A cidade é un conxunto monumental impresionante, típico mediterráneo, localizado no alto dun monte, dende o cal se divisa a praia e ‘’Mojácar Playa’’, todo construído con chalés de luxo de planta baixa de estilo árabe-mediterráneo, enteiro de branco. Destaca a igrexa, as fontes e a praza maior, cun gran miradoiro. Xantar pola zona. Saída cara ao aeroporto de Alicante, onde collerán o voo ás 20.25 h para chegar a Santiago ás 22.05 h. Traslado aos Espazos +60.
PREZO:
En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 795€
En habitación dobre/persoa socia: 875€
Suplemento habitación individual: 114€ (a realizar no último pagamento)
Prezos baseados nun mínimo de 45/50 participantes
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual
HOTEIS:
Jaén: Hotel Condestable Iranzo 4*
Roquetas de Mar: Hotel Mediterráneo Bay 4*
O PREZO INCLÚE:
Desprazamentos desde os Espazos +60 ao aeroporto de Alvedro para coller o voo A Coruña-Sevilla (ida) e Alicante – Santiago (volta) Autocar Gran Turismo para todo o percorrido en Andalucía
Pensión completa en hotel 4 estrelas en Xaén e Roquetas de Mar
6 Xantares en ruta, ida e volta incluídas, e 1 no hotel o 28/04
Guía acompañante desde Galicia
Visitas con guía oficial a Úbeda, Baeza, Xaén, Almería e Martos Entrada á capela del Salvador de Úbeda, á catedral de Baeza, á de Xaén, á torre da Homenaxe, ao castelo da vila de Martos, ao castelo de Alcaudete, á fortaleza da Mota e museo Pazo Abacial en Alcalá la Real, catedral de Almería, alcazaba de Almería, espectáculo Western no deserto das Tabernas
Visita a unha Almazara con desgustación
Seguro de Multiasistencia en viaxe con cancelación
O PREZO NON INCLÚE:
Entradas a monumentos, agás os especificados. En xeral, calquera servizo non especificado no apartado. *A orde do viaxe é orientativo, As visitas poden sufrir modificacións por condicións climatolóxicas ou axustes de tempo.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscripción será efectiva unha vez cubra o formulario online ou entregue a ficha de inscrición no Espazo +60 ou na axencia de viaxes xunto co resguardo acreditativo do pago do importe inicial, desde o luns 4 de marzo ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. As solicitudes presentadas online a través do formulario terán a mesma validez que as entregadas presencialmente. Para verificar que a súa inscripción foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación.
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, abrirase un segundo turno nas mesmas datas.
As prazas do autobús outorgaranse por rigurosa orde de inscrición.
Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Galaecia Viajes (Ronda de Nelle, 124 - A Coruña - 881 899 065 - grupos@galaeciaviajes.com)