• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Cruceiro fluvial polos Países Baixos (Bélxica e Holanda), Espazos +60

Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Cruceiro fluvial polos Países Baixos (Bélxica e Holanda), Espazos +60
  • 12-05-2019 19-05-2019 Cruceiro fluvial polos Países Baixos (Bélxica e Holanda), Espazos +60 Visitarán as cidades de Amsterdam, Rotterdam (Holanda) e Middelburg (Zelanda), nos Países Baixos, ata Gante, Amberes (Flandes) e Bruxelas, en Bélxica. Apúntaste? Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    12 ao 19 de maio de 2019

Do 12 ao 19 de maio, as persoas socias dos Espazos +60 Afundación voarán a Bruxelas, vía Madrid, para embarcar no M.S. SWITZERLAND II e realizar un cruceiro por Bélxica e Holanda. 

 

O prazo de inscrición ábrese o 4 de marzo, ás 10.00 horas. Prazas limitadas. Este turno está completo, xa no quedan plazas. Pode anotarse en lista de espera.

 

Esta ruta, a bordo do barco "M.S.Switzerland II", vainas levar navegando polos ríos Maas (Mosa), Escalda e a través de diferentes canles, desde o mesmo corazón das cidades de Amsterdam, Rotterdam (Holanda) e Middelburg (Zelanda), nos Países Baixos, ata Gante, Amberes (Flandes) e Bruxelas, en Bélxica, gozando ao máximo do seu patrimonio monumental histórico e de ambiente festivo só con dar un simple paseo.

Embarcarán no porto fluvial de Bruxelas. Ao día seguinte, realizarán unha visita panorámica da capital de Bélxica, unha cidade na que se combinan multitude de elementos culturais, destacando o seu centro histórico no que atopamos a Grand Place, así como museos, xardíns e infinidade de restaurantes típicos nos que gozar da súa rica gastronomía. Pola tarde, realizarán a excursión a Malinas e Lovaina. Malinas, que está a 15km de Bruxelas, foi a capital dos Países Baixos na época dos Duques de Borgoña e a cidade onde Carlos I recibiu a súa educación para converterse no emperador Carlos V. Hoxe en día, é a capital eclesiástica de Bélxica, ademais da cidade dos carillóns, os tapices e o pazo da Margarida. Conta tamén con varios monumentos declarados Patrimonio da Humanidade. Continuamos cara a Lovaina,  fermosa cidade belga de interior e sede da famosa Universidade Católica de Lovaina. Alí verán o concello, obra mestra do gótico civil belga, a igrexa de San Pedro e a biblioteca.

Navegarán dirección a Amberes, mentres gozan da cea. Visitarán a pé o centro da cidade de Amberes. Este porto foi o máis importante do mundo no século XV e onde sucederon os conflitos relixiosos que separaron Europa. Importante centro mundial da industria do diamante, capital da moda e berce dos grandes mestres do barroco, entre os que destaca Rubens.

Chegarán cedo a Gante. Pola mañá, realizarán a excursión en autobús a Bruxas, para facer unha visita completa a pé da cidade, Patrimonio da Humanidade. Pola tarde, visitarán a pé Gante, a capital de Flandes Oriental, berce do emperador Carlos V e famosa polas súas suculentas cervexas. Ao rematar a visita, traslado en autobús a Terneuzen, onde os espera o barco, para continuar ata Middelburg.

Pola mañá, visitarán a pé Middelburg, unha das cidades con máis historia e mellor conservada de Holanda, responsable do comercio da compañía das Indias Orientales, capital do estado de Zelanda, situada nun dos esteiros do Mar do Norte. Pola tarde, poderán gozar dunha fabulosa navegación con charlas e actividades ata Rotterdam, cuxo porto é un dos máis importantes de Europa. Esta cidade holandesa é tamén coñecida pola súa arquitectura moderna na que destacan as famosas Casas Cúbicas. Visita panorámica desde o barco. Pola noite paseo a pé ata as Casas Cúbicas.

Realizarán unha excursión a Delft e A Haia. A Haia é a terceira cidade do país, capital administrativa holandesa, onde habitan os Reis e onde se atopa o Parlamento, os diversos ministerios e os consulados. Realizarán unha visita onde poderán ver a residencia da Casa Real e o Tribunal Internacional da Xustiza de A Haia e dispoñerán de tempo libre na cidade. A poucos quilómetros atópase a encantadora Delft, cidade medieval mellor conservada dos Países Baixos, célebre no mundo enteiro pola súa porcelana branca e azul, polas súas pequenas canles, igrexas e por ser o berce do mestre Vermeer (A moza da perla).

Pola tarde, visitarán a pé á cidade de Amsterdam, a tamén coñecida como a Venecia do Norte polos centos de pontes que teñen as súas canles e as mansións que aínda quedan na cidade. Despois de cear, realizarán a excursión de Amsterdam polas canles e Barrio Vermello. Percorrerán Amsterdam, a través das súas canles declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Desde as canles contemplarán unha cidade distinta, alonxada do balbordo, desde un relaxante espazo acristalado. Poderán gozar dun percorrido nocturno por esta encantadora cidade, acompañados por un guía de Politours. Ao rematar o percorrido, reembarcarán de novo contemplando a cautivadora cidade de Amsterdam, mentres navegan baixo as súas pontes nesta tranquila embarcación de regreso ata o cruceiro.

Mañá libre para gozar de Amsterdam. Pola tarde, realizarán a visita do Grand Tour do Norte. Comezarán a visita paseando por Edam, unha típica localidade coñecida polos seus queixos. Visitarán despois unha das súas granxas de queixo, onde coñecerán as súas instalacións e procesos de elaboración, para rematar cunha degustación da gran variedade de queixos desta localidade holandesa. A continuación, desprazaranse a través de Beemster (pólder fundado en 1962 e declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO), cara a Volendam, localidade situada a carón do lago artificial Marken. Nesta fermosa poboación costeira dispoñerán de tempo libre. Acabarán a excursión en Zaandam, localidade que conserva a estrutura urbana tradicional da Holanda máis orixinal, onde terán a oportunidade de ver unha serie de muíños que levan funcionando séculos, axudando a desecar terreo, entre outras funcións. Cea de gala

A viaxe, organizada por Halcón, inclúe (*):

- Traslados desde os Espazos +60 Afundación ao aeroporto.

- Voos de ida e volta con Iberia desde Santiago.

- Facturación dunha maleta de 23 kg/persoa.

- Copa de benvida

- Pensión completa a bordo con bebidas incluídas

- Gastronomía de alta calidade con selección de menús diarios (servizo bufete)

- Asignación permanente de mesa en restaurante

- Café e té gratuíto despois de cada xantar

- Guías e animación en español

- Música a bordo

- Guía acompañante de fala hispana durante todo o percorrido

- Seguro de viaxe e de de cancelación

Prezos:


Persoa socia Abanca: 1.863€

Persoa socia: 2.049€

Suplemento camarote individual: 855€ (baixo disponibilidade - a realizar no último pagamento)

Suplemento camarote exterior: 156€ (baixo disponibilidade)

Procedemento de inscrición:

A inscripción será efectiva unha vez cubra o formulario online ou entregue a ficha de inscrición no Espazo +60 ou na axencia de viaxes xunto co resguardo acreditativo do pago do importe inicial, desde o luns 4 de marzo ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. As solicitudes presentadas online a través do formulario terán a mesma validez que as entregadas presencialmente. Para verificar que a súa inscripción foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. 

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, abrirase un segundo turno en datas próximas.

As prazas do autobús outorgaranse por rigurosa orde de inscrición.

Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.

 

(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Halcón (R/Federico Tapia, 13 - A Coruña 981 228 609)

Folleto viaxe
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078