• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Viaxe a Moscova e San Petersburgo, Espazos +60 Afundación

Maiores Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Viaxe a Moscova e San Petersburgo, Espazos +60 Afundación
  • 26-06-2019 03-07-2019 Viaxe a Moscova e San Petersburgo, Espazos +60 Afundación En xuño as persoas socias dos Espazos +60 viaxarán a Rusia para coñecer Moscú e San Petersburgo. Apúntaste? Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Do 26 de xuño ao 3 de xullo de 2019

  • Entrada:

    De pago

Rusia é o país dos extremos, o máis grande do mundo, once franxas horarias, unha superficie de 17.075.000 km² e uns 150 millóns de habitantes… Un país xigante entre Europa e Asia.

O prazo de inscrición abriuse o 4 de marzo ás 10.00 horas. PRAZAS ESGOTADAS. Pode anotarse na lista de espera

En xuño as persoas socias dos Espazos +60 de Afundación visitarán Moscú e San Petersburgo. Volarán a San Petersburgo, unha vez alí realizarán unha visita panorámica da cidade, co seu centro histórico e os seus monumentos principais. Terán a oportunidade de apreciar a perspectiva Nevsky, cos seus prestixiosos edificios: Pazos Aníchkov, Stronganov e Beloselski-Belozerski e a catedral ortodoxa de Nosa Señora de Kazán. Pasarán ante o Almirantado e a súa imponente Áecha dorada. Visitarán a Fortaleza de Pedro e Pablo, situada nunha pequena illa en fronte do Pazo do Invierno. Dominando os tres brazos do Neva, desde as súas murallas, diariamente, un canonazo marca as doce do mediodía. Desta maneira é sinxelo situarse nesta bonita cidade.

O 27 de xuño realizarán un Cruceiro polas Canles do río Neva. San Petersburgo é coñecida como a Venecia do norte, é unha cidade rodeada de ríos e canles. Visitarán a Igrexia de San Salvador sobre o sangue derramado. Durante a Segunda Guerra Mundial e o bloqueo da cidade, una bomba caeu encima da cúpula máis alta da igrexa. A bomba non explotou e estivo dentro da cúpula da igrexa durante 19 anos. Só cando os obreiros subiron á cúpula para remendar as goteiras, a bomba foi atopada e retirada. Entón decidiuse comezar a restauración da Igrexa do sangue derramado. Tras 27 anos de restauración, a Igrexa do Salvador sobre o Sangue Derramado foi inaugurada como museo estatal onde os visitantes poden coñecer a historia do asesinato de Alexandro II.

Pola tarde visitarán o Museo do Hermitage, situado no Pazo de Inverno, antiga residencia dos tsares. É o maior museo de Rusia, así como un dos máis importantes do mundo.

O venres visitarán Peterhof (a ida se fará en hydrofoil a través do río Neva a toda velocidade, o que sen dúbida fará máis encantadora esta fabulosa visita do coñecido como "Versalles ruso", residencia de verán dos tsares. O regreso farase en autobús). Situado á  beira sur do golfo de Finlandia, visitarán o pazo e os xardíns, declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Excursión a Paulovsk e visita exterior do Pazo de Catalina e o parque. A pequena cidade de Pushkin, situada a 30 km ao sur de San Petersburgo, denominouse así en honor do máis grande poeta ruso. Nela atópase unha das máis belas residencias imperiais, o Pazo de Catalina. A fermosísima arquitectura do pazo atopa o seu reflexo no parque circundante, onde se pode pasear entre bosques de bidueiros e abetos, pontes, lagos, esculturas e pérgolas. De volta a San Petersburgo, visitarán a Catedral de San Nicolás dos Mariños

O sábado, despois de xantar, trasladaranse á estación de ferrocarril para saír en tren Sapsan de alta velocidade con destino a Moscova.

O 30 de xuño realizarán unha visita da cidade, onde poderán contemplar os edificios máis emblemáticos da capital. Comezarán xunto á Praza Manézhnaya. Pararán ante a fachada do edificio da "Duma" ou Parlamento ruso. Admirarán o célebre Teatro Bolshói e o impoñente edificio da "Lubianka", sede do antigo KGB. Chegarán, a continuación, á praza Vermella, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, chamada así pola cor dos ladrillos dos edificios que a rodean: o Museo de Historia, as murallas do Kremlin e a catedral de San Basilio. Rematarán o paseo bordeando as murallas do Kremlin, o xardín de Alexander, o máis antigo de Moscova. Pola tarde, visitarán o espectacular metro de Moscova que, aínda hoxe en día, é o principal medio de transporte da cidade e un dos principais do mundo.

O 1 de xullo realizarán a visita do Kremlin coas súas catedrais. A palabra "kremlin" significa fortaleza en ruso. O de Moscova, berce da cidade, é o máis importante do país e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Visita do interior do recinto para admirar a "Campá Tsarina", a maior do mundo, e o "Canón Zar". Rematarán visitando a célebre "Praza das Catedrais", enmarcada polas de San Miguel, a Durmición e a Anunciación. Despois de xantar visitarán a Rúa Arbat para explorar unha das rúas máis famosas de Moscova nun agradable percorrido a pé. É unha exposición permanente ao aire libre, onde se venden libros, artigos de mastres populares de artes aplicadas e decorativas, óleos e miniaturas de talentosos mozos pintores. Din que, paseando por esta rúa, se entende mellor a alma de Moscova. Aprenderán como a rúa recibiu o seu nome e o que significa, e viaxarán a través dos séculos para coñecer a historia dunha das rúas máis antigas que sobreviviron na capital rusa. Arbat ofréceselles para un paseo que mostra as facetas ben diversas de Moscova: todos os estilos arquitectónicos (obras da Idade Media, clasicismo, art noveau, o constructivismo, a arquitectura estaliniana), a historia dos moscovitas destacados que residían alí (como o escritor e poeta Alexander Pushkin, a poetisa Marina Tsvetayeva, o compositor Alexander Skriabin, o escritor Mijaíl Bulgakov), as festas rusas e a cociña, os teatros de Moscova. O restaurante emblemático "Praga", situado ao inicio da rúa Arbat, garda recordos dos seus famosos visitantes como Antón Chejov.

O 2 de xullo saírán para realizar a visita do famoso mercadillo de Izmáilovo. Situado a pouca distancia de Moscovo, Izmáilovo é célebre polo seu inmenso mercado, onde todo se pode atopar, desde modestos recordos e artígos que non valen máis que uns poucos de rublos, ás requintadas producións dos mellores artesáns. Ademáis das tradicionais bonecas rusas, pódese atopar, sobre todo, xoias e artigos de bixutería, "recordos" da época soviética e tamén artesanía procedente de todos os recunchos do país. A inmensa cantidade de artigos e o variado das súas orixes son a proba palpable de que nos atopamos no cruzamento de Europa e Asia. Varios obradoiros permiten descubrir os oficios tradicionais como a ourivería, a cerámica ou o traballo dos teceláns. Pódense, igualmente, admirar diferentes edificios que representan a arquitectura tradicional rusa tanto en pedra como en madeira. Pola tarde saírán cara ao Parque VDNJ, Parque Temático de Exposicións. Este centro de exposicións foi motivo de orgullo e símbolo de unión para o pobo soviético. Hoxe en día segue sendo de grande importancia para Rusia. Nos anos 50 foi reconstruido e ampliado para dar cabida a exposicións temporais, conferencias científicas e, por suposto, ao famoso Museo do Cosmos e ao Pabellón Espacial, con prototipos dos satélites Sputnik, os foguetes Soyuz e Vostok, reconstrucións do Apolo norteamericano e un avión Tupolev 154. Poderán contemplar, ademais, as súas impresionantes fontes. Cea especial de despedida en Moscú.

A viaxe, organizada por Nautalia, inclúe (*):

- Traslados desde os Espazos +60 Afundación ao aeroporto de Santiago

- Avión ida e volta desde Santiago, con voo especial directo, Santiago - San Petersburgo e de Moscova a Santiago

- Maleta facturada de 20 kg.

- Réxime de pensión completa.

- Estancia de 3 noites en San Petersburgo e 4 noites en Moscova en hoteis de 4*

- 13 comidas (6 xantares e 7 ceas). Inclúe xantar a bordo o 1º día e no aeroporto de Moscova, o 8º día

- Bebidas en xantar e cea (auga, copa de viño ou cervexa ou refresco)

- Billete de tren de alta velocidade Sapsan San Petersburgo/Moscova

- Visita panorámica de San Petersburgo e Moscova

- Visita á fortaleza de Pedro e Pablo

- Visita ao Hermitage con entrada

- Visita da igrexa do Sangue Derramado con entrada

- Excursión ao Pazo e Xardíns de Peterhof (ida en hydrofoil) con entrada

- Excursión ao pazo e parque de Pavlovsk con entrada e aos exteriores do pazo Catalina (Pushkin)

- Visita de San Nicolás dos Mariños

- Visita do Kremlin coas súas catedrais coa entrada incluída

- Visita á rúa Arbat

- Excursión ao mercadillo de Izmálovo e parque de VDNJ

- Seguro de viaxe e de cancelación coa compañía Mapfre

- Visado de entrada en Rusia

- Audioguías individuais

Prezos:

Prezo socio Abanca: 2.035€
Prezo socio: 2.240€

Suplemento habitación individual: 395€ (a realizar no último pagamento)

Hoteis:

En San Petersburgo: Holiday Inn St. Petersburg Moskovskye Vorota 4*/Holiday Inn St. Petersburg Sadovaya 4*/ Nashotel 4*

En Moscú: Renaissance Moscow Monarch Centre hotel 4*/ Novotel Moscow center 4*/Holiday Inn Moscow Sodolniki

Procedemento de inscrición:

A inscripción será efectiva unha vez cubra o formulario online ou entregue a ficha de inscrición no Espazo +60 ou na axencia de viaxes xunto co resguardo acreditativo do pago do importe inicial, desde o luns 4 de marzo ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. As solicitudes presentadas online a través do formulario terán a mesma validez que as entregadas presencialmente. Para verificar que a súa inscripción foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. 

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, abrirase un segundo turno nas mesmas datas.

As prazas do autobús outorgaranse por rigurosa orde de inscrición.

Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.

(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia (Juan Flórez, 53 A Coruña 981 117 659)

Instrucciones para realizar el pago Folleto Moscova - San Petersburgo
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078