• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Segundo turno viaxe a Cantabria, Espazos +60 Afundación

Maiores Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Segundo turno viaxe a Cantabria, Espazos +60 Afundación
  • 13-10-2019 19-10-2019 Segundo turno viaxe a Cantabria, Espazos +60 Afundación As persoas socias dos Espazos +60 Afundación visitarán San Vicente de la Barquera, Comillas, Santander, Santillana del Mar, Santoña, Laredo, Noja, Castro Urdiales... Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    Do 13 ao 19 de outubro de 2019

  • Entrada:

    De pago

Lonxe de desdebuxar a súa identidade, Cantabria reúne mar e montaña, gastronomía e cultura, extensos areais e poboacións medievais. Unha das comunidades máis fermosas de España, é alegre e acolledora, recende a sobao e a manteiga. Un golpe de aire fresco.

Picos de Europa, anchoas, vilas pintorescas, edificios históricos, impresionantes paisaxes naturais, ríos e vales. Cantabria é infinda, como todos sabemos, pero nesta viaxe coñeceremos o mellor dela, e tamén o máis descoñecido, o “auténtico”. Se ves con nós, descubrirás o Palacio da Magdalena, a costa cántabra desde o mar, o Capricho de Gaudí e o cocido lebaniego. Con 220 km de costa e máis de 90 praias, percorreremos os Picos de Europa, as casas nobres, os portos pesqueiros, as súas covas e o Parque de Cabárceno.

13 de outubro – Galicia – San Vicente de la Barquera – Comillas - Noja

Saída á hora indicada dirección Cantabria, con breves paradas en ruta. Chegada a San Vicente de la Barquera,unha vila ligada ao mar polas súas tradicións e costumes. Destaca polo seu valor paisaxístico e polos seus bens culturais, como a igrexa de Santa María de los Ángeles, o antigo convento de San Luis e o castelo de San Vicente. Continuación da viaxe cara a Comillas, para visitar esta emblemática vila cántabra na que contemplarán os exteriores da Universidade Pontificia, o Palacio de Sobrellano e o Capricho do xenial arquitecto Gaudí.

14 de outubro – Santander

Saída para visitar, con guía local, a emblemática cidade de Santander, onde coñecerán os xardíns de Pereda, a praza Porticada, o edificio rexionalista de Correos e Telégrafos, a igrexa del Cristo e a Catedral. A comercial rúa de Juan de Herrera achégaraos ao centro neurálxico onde está o concello, preto do cal se atopan o Museo Municipal de Bellas Artes e a Casa-Museo e Biblioteca de Menéndez Pelayo. Un dos espazos máis fermosos e significativos é a Península de la Magdalena, onde o autobús os levará ata o Palacio. Visitarán o exterior e o interior do Palacio de la Magdalena, coñecendo as dependencias deste edificio, construído entre 1909 e 1911 por subscrición popular para albergar a familia real española. Pola tarde coñecerán Santander dende o mar, realizando un interesante paseo en barco que lles mostrará toda a costa santanderina. Poderán contemplar o Palacio de Festivales, o Real Club Marítimo, o Paseo Pereda, o Palacete del Embarcadero, o Centro Botín, o Museo Marítimo del Cantábrico, o Hotel Real e Casa Pardo, a praia dos Peligros, a praia da Magdalena, a praia do Sardinero, a illa de Mouro… Tras esta interesante visita, regresarán ao porto. Breve tempo libre na cidade para dar un paseo ou gozar do ambiente das súas terrazas. 

15 de outubro – Santillana del Mar – Cartes – Aés – Puente Viesgo

Visitarán, con guía local, a vila de Santillana del Mar, chea de innumerables edificios nobres e brasóns que conservan o seu pasado medieval. Destaca a colexiata de Santa Juliana, o edificio máis representativo e a xoia máis importante do románico en Cantabria. Tamén visitarán o Museo Nacional e o centro de interpretación de Altamira.

Pola tarde percorrerán a Cantabria máis descoñecida. Primeiro visitarán a vila de Cartes, un conxunto histórico onde destacan os torreóns góticos. Atoparán casas con fachadas de cachotería, algunhas con capelas, de reducido tamaño, aínda que con escudos de armas. Entre elas destacan a dos Terán, Bustamante, Obregón, Ceballos, etc.

Traslado a Aés, onde se conservan fermosas casas brasonadas (século XVII) no barrio de Las Cortes.

Despois visitarán Puente Viesgo, onde coñecerán a igrexa de San Miguel, con capela e torre exterior do século XVIII. Verán a curiosa estación de tren de comezos do século XX que utilizaban os viaxeiros que se achegaban ata o balneario de Puente Viesgo. O edificio e o reloxo conservan os elementos orixinais. Alí tamén se atopa a locomotora de motor Reyerta, unha máquina de uso industrial que prestou servizo ata os anos 70. Destaca tamén o edificio do balneario, do século XIX, e a Casa de Fuentes Pila, hoxe sede do Concello.

16 de outubro – Santoña – Laredo – Noja

Visitarán Santoña, vila mariñeira aos pés do monte Buciero e famosa pola elaboración das súas anchoas. Nesta localidade poderán atopar varios monumentos declarados Ben de Interese Cultural, como a igrexa de Santa María do Porto, o antigo Hospital Militar, os fortes (o de Napoleón, o de San Carlos ou o de San Martín) ou a Casa Palacio do Marqués de Manzaneda. Visitarán unha famosa fábrica de conservas de anchoa. Despois subirán ao barco que os trasladará a Laredo cruzando a ría. Visitarán Laredo, comezando o percorrido por “Puebla Vieja”, declarada conxunto histórico-artístico. Admiraremos o seu conxunto arquitectónico, que alberga un valioso tesouro artístico en retablos, sepulcros, tallas e pinturas. Destacan as casonas e pazos, as torres, igrexas e conventos, que forman un valioso conxunto. Regreso en barco a Santoña. 

Pola tarde visitarán camiñando a localidade turística de Noja, onde destacan a praia de Tregandín, a casa-palacio dos Venero, a casona dos Garnica e a dos Velasco. A igrexa parroquial de Noja (século XVII) é o mellor exemplo de construción relixiosa.

17 de outubro – Noja – Castro Urdiales

Pola mañá visitarán Castro Urdiales. Trátase dunha antiga vila de pescadores que conta coa igrexa de Santa María da Asunción, o castelo faro, a ponte Medieval e a ermida de Santa Ana, Concello, Palacio e castelo de Ocharán, etc. Regreso ao hotel. Pola tarde, os integrantes do grupo que o desexen poderán disfrutar de Noja, pasear polas súas rúas... Tamén disporán, os que o desexen, dun traslado ao centro de Santander para facer unha visita libre.

18 de outubro – Cova do Soplao – Cabezón do Sal – Parque Cabárceno

Pola mañá coñecerán a cova do Soplao, unha marabilla da natureza onde as formacións kársticas de excéntricas formas construíron un mundo subterráneo único no mundo e espectacular.

Saída cara a Cabezón do Sal, que toma o seu nome da actividade que exerceu durante séculos: a extracción do sal. Conta cun riquísimo patrimonio histórico-artístico, con multitude de edificios dignos de mención, que invitan a un percorrido minucioso. Entre os máis importantes figura a casa-pazo de Carrejo (hoxe convertida en Museo da Natureza de Cantabria) e o pazo de Bodega (século XVIII).

Pola tarde visitarán o parque de Cabárceno, situado nunha antiga mina, na que conviven de forma natural diversos animais salvaxes. Relizarán unha visita guiada gozando dos seus animais e dos espectáculos, así como das novas cabinas de cristal do parque.

19 de outubro – Fuente Dé – mosteiro de Santo Toribio de Liébana – Potes – Galicia

Saída cara a Fuente Dé, onde subirán ao teleférico que, salvando un desnivel de 800 metros, nos situará no corazón dos Picos de Europa. Traslado de ida e volta. Ao finalizar esta impresionante visita natural, coñecerán o mosteiro de Santo Toribio de Liébana. Despois trasladaranse a Potes. Xantar especial a base de cocido lebaniego en restaurante. Visita á vila de Potes, unha das máis bonitas de Cantabria. O centro histórico está declarado Patrimonio de Interese Histórico Artístico polas súas pequeñas calellas empedradas, pontes e casonas brasonadas. Saída cara a Galicia, con breves paradas en ruta.

A viaxe, organizada por Viajes Embajador, inclúe:

- Traslados dende os Espazos +60 Afundación ao punto de saída

- Autocar Gran Turismo para todo o percorrido

- Pensión completa en hotel Milagros Golf, 4* estrelas en Mogro

- Pensión completa toda a viaxe dende o almorzo do primeiro día alo almorzo do último día

- Bebidas (auga e viño) en xantares e ceas. Café ou infusión nos xantares e ceas

- Visitas e excursións relacionadas no programa con audioguías

- Guía acompañante dende Galicia

-  Visitas con guía oficial en Santander, Comillas, Santillana del Mar e Parque de Cabárceno.

- Entradas ao Palacio da Magdalena, barco de Santander dende o mar, ao Capricho de Gaudí, colexiata de Santillana del Mar, fábrica de conservas de Anchoa (con visita guiada), barco Santoña a Laredo (ida e volta), cova do Soplao (con visita guiada), parque de Cabárceno, Teleférico de Fuente Dé, mosteiro de Santo Toribio

- Seguro de viaxe e de cancelación.

Prezos:

Persoa socia Abanca: 639€

Persoa socia: 702,9€

Suplemento habitación individual: 195€ (a realizar no último pagamento)

Hotel: Hotel Milagros Golf 4*

Procedemento de inscrición:

A inscrición será efectiva unha vez se cubra o formulario ou se entregue no Espazo +60 de Afundación ou axencia de viaxes xunto co resgardo acreditativo do pago do importe inicial. As solicitudes presentadas online a través do formulario terán a mesma validez que as entregadas presencialmente. Para verificar que a súa inscrición foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación.

As plazas do autobús se outorgorán por rigorosa orde de inscrición.

Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.

(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Viaxes Embajador (Picavia, 1 baixo Esq. Praza de Ourense - A Coruña 981 210 480

Folleto Cantabria
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078