Tempada de Abonos de TEATRO Afundación 2024, en Vigo
Aquí chega unha nova TEMPADA DE ABONOS de TEATRO Afundación a Vigo! O Teatro Afundación Vigo acolle de setembro a decembro catro novas obras sobre as táboas con elencos de primeira orde e baixo as indicacións e a guía de directores e directoras consagradas no panorama nacional. Olla a seguir os títulos e datas e infórmate sobre como facerte co teu paquete de teatro esta nova tempada, que desta volta trae unha novidade, as persoas xa abonadas poden renovar as súas butacas tamén de xeito online.
UNA PEQUEÑA HISTORIA | xoves 26 SET | 20.30 h
LA MUJER SIN NOMBRE: SEÑORA DE MACBETH | xoves 10 OUT | 20.30 h
MENTIRAS INTELIGENTES | xoves 7 NOV | 20.30 h
PANDATARIA | xoves 12 DEC | 20.30 h
CULTURA POR ALIMENTOS
Goza da cultura mentres axudas os bancos de alimentos locais de Galicia!
Todas as funcións da nosa Tempada de Abonos encádranse neste programa solidario en colaboración con FESBAL, a Federación Española de Bancos de Alimentos. Axúdanos traendo a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando asistas ao teatro. Grazas!
OBRAS
UNA PEQUEÑA HISTORIA de Ángela Bacaicoa
xov 26 SET | 20.30 h
70 min | castelán | NRM 14
DIRECCIÓN Ángela Bacaicoa
ELENCO Héctor Alterio, Juan Esteban Cuacci (piano)
PRODUCIÓN Pentación
«Unha celebración sobre o escenario cun inmenso Héctor Alterio cargado de lembranzas e vivencias»
Héctor Alterio convídanos a facer un percorrido canda el pola súa propia historia persoal e profesional, desde os seus comezos en Bos Aires, ata que o exilio o trouxo a España aló polo ano 1974. Ao longo da función, vai relatando ese camiño acompañado cun recital de tangos, a poesía na que foi tallado desde neno, e vai ganduxando a emoción de todos estes anos entre León Felipe, Borges, Catulo Castillo, Piazzolla, Horacio Ferrer, Hamlet Lima Quintana e Eladia Blázquez.
LA MUJER SIN NOMBRE: SEÑORA DE MACBETH de William Shakespeare
xov 10 OUT | 20.30 h
90 min | castelán | TP
VERSIÓN LIBRE e DIRECCIÓN José Carlos Plaza
ELENCO Olga Rodríguez, Israel Frías
PRODUCIÓN Faraute
COMPAÑÍA Miguel Narros
«Magnífica adaptación de José Carlos Plaza, un dos grandes da escena española»
Este proxecto trata de estudar a esencia da obra de Shakespeare con tres personaxes: unha muller, un home e o Mal. Unha muller da que Shakespeare oculta o seu pasado, sen nome, propiedade do home, que enxendra o mal. E un home honesto, envelenado pola ambición e incitado á violencia, que corrompe o seu espírito ata a indignidade. As palabras solidariedade, empatía e amor son descoñecidas. O sexo como arma de conquista é tema principal. Só unha reflexión: en que avanzou a humanidade desde a época de Shakespeare?
MENTIRAS INTELIGENTES de Joe Diprietro
xov 7 NOV | 20.30 h
90 min | castelán | NRM 14
DIRECCIÓN Raquel Pérez
ELENCO María Luisa Merlo, Jesús Cisneros, Juan Jesús Valverde, Ana Escribano
PRODUCIÓN Descalzos Producciones
«Disparatada e hilarante comedia na que se formula, entre outras cousas, a seguinte reflexión: Que precisamos para ser felices?»
Alicia intúe que o seu marido lle oculta algo sobre o seu fillo... Decidida a armar o crebacabezas, convida o seu fillo e a súa nora a cearen, e desencadéase o caos. Intentando buscar a verdade, destaparanse unha serie de confesións maiores que ninguén esperaba... Ás veces, non estamos a gusto coas cartas que nos tocaron na vida e miramos de buscar outras: outra casa, outro coche, outro amante, outro cabelo... Mais esta opción sempre nos remata por levar á insatisfacción e, por riba, obríganos a mentir para evitar o desastre... Quen non mentiu algunha vez?
PANDATARIA
xov 12 DEC | 20.30 h
80 min | castelán | TP
DIRECCIÓN e COREOGRAFÍA Chevi Muraday
ELENCO Cayetana Guillén Cuervo, Chevi Muraday, Elio Toffana, Lisvet Barcia, Basem Nahnouh, Chus Western
DIRECCIÓN DE ESCENA David Picazo
TEXTOS Laila Ripoll
«Descubre unha Cayetana Guillén Cuervo soberbia neste espectáculo de dramaturxia, teatro e danza, probablemente, un dos mellores das últimas edicións do Festival de Mérida»
Pandataria, hoxe Ventotene, preséntase coma unha illa prisión onde se desterra aqueles que non encaixan na sociedade. Julia A Maior, protagonista desta historia, vive no exilio nesta illa de 1,54 km² sen poder saír. Coa chegada de Spinelli, Rossi e Colorni, baixo as ordes de Mussolini, nace un paraíso canda os descendentes de Julia, baixo o manifesto Por unha Europa libre e unida.
Un espectáculo de danza e teatro que é un berro ao amor polos demais, un canto á diversidade e unha oda á aperta. Unha utopía onde non hai fronteiras.
RENOVACIÓN DE ABONOS
Novidade! Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:
- Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 10 ao 16 de xuño.
- Billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n), os días 17 e 18 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.
VENDA XERAL DE ABONOS
Online en www.ataquilla.com do 19 de xuño ao 31 de agosto.
VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO
Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 2 de setembro.
Tes máis información no 986 12 00 78
DESCONTOS DOS ABONOS
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete*
*Gastos de xestión á parte.
Outras bonificacións e descontos xerais
- Xente moza: carné Xove
- Maiores de 65: carné de xubilación
- Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
A programación poderá estar suxeita a cambios.
A duración das obras é aproximada.