IESIDE. Escuela de negocios

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) é un centro de formación directiva creado en 1987 cuxa misión é a de ofrecer educación superior de calidade baseada na excelencia e contribuír á mellora da competitividade das empresas de Galicia e noroeste peninsular. Conta con tres campus situados en Vigo, Pontevedra e A Coruña, unha Residencia de estudantes en Pontevedra e catro unidades satélite en Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Ourense.

IESIDE nace da colaboración entre Afundación e ABANCA a través da súa RSC. Cimentado na que foi a Escuela de Negocios Afundación, incorpora aos programas xa consolidados unha nova oferta formativa para dar resposta ás demandas do mercado laboral, tanto en grao, posgraduado, Business Programs e desenvolvementos in Company, incluíndo acordos con universidades nacionais e internacionais de recoñecido prestixio para crear e fomentar programas de colaboración e intercambio. Estes acordos contribúen á excelencia académica da nosa oferta formativa e aos procesos de innovación tecnolóxica de Galicia.

Configurada como unha entidade de servizo público, sen ánimo de lucro e autosostible, IESIDE imparte un modelo académico diferencial, adaptable e áxil, baseado en competencias e con profesores e investigadores asignados a programas perecedoiros e non a contedores ou unidades administrativas convencionais. Ademais, complementamos a oferta universitaria actual coa cooperación coa empresa e a universidade galega, especializándonos na formación de posgraduado aplicada ao ámbito empresarial.

Conta IESIDE tamén co apoio de dous centros ABANCA: o Centro de Investigación, que serve de catalizador da investigación e do intercambio de coñecemento compartido entre a universidade e a empresa, especialmente no ámbito económico e coa aplicación inicial en Galicia; e o Centro de Innovación e Tecnoloxía, destinado á investigación e servizos tecnolóxicos para a innovación empresarial, especialmente na área de FinTech, InsurTech e RegTech.

Ciclos formativos

Colexio Fogar Afundación

Impártense seis ciclos de grao medio: Preimpresión Dixital, Impresión en Artes Gráficas, Soldadura e Caldeirería, Mecanizado, Instalacións Eléctricas e Automáticas e Instalacións de Telecomunicacións. E tres ciclos de grao superior: Programación da Produción en Fabricación Mecánica, Automatización e Robótica Industrial e Mantemento Electrónico.

Tamén se ofrecen cursos formativos de reciclaxe para traballadores en activo.

CPR Afundación

Impártense tres ciclos de grao superior: Administración e Finanzas, Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Asistencia á Dirección.

Tamén se imparten cursos AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados) homologados pola Xunta de Galicia.

Internacionalización

Impulsamos a internacionalización do estudantado mediante a colaboración con universidades estranxeiras, proceso xa iniciado en 1994 coa posta en marcha do Bachelor in Business Administration (BBA) coa University of Wales. Actualmente, mantemos convenios en Europa, América do Norte e Asia: Haute École de Gestion de Genève, Regent’s University London, Dublin Business School, Memorial University Newfoundland do Canadá, University of Applied Sciences of Vienna, Georgetown University ou as universidades chinas BISU (Beijing International Studies University) e UIBE (University of International Business and Economics).

Fomento da RSC e economía social

Todos os nosos graos e mestrados inclúen materias coma Ética ou Responsabilidade Social Corporativa. Ademais, levamos a cabo accións divulgativas para diferentes colectivos coma o Foro de Empresa Responsable, en colaboración con Cruz Vermella, ou as «Xornadas sobre boas prácticas en innovación social» organizadas pola propio IESIDE en Vigo e A Coruña.