IESIDE. Escuela de negocios

Desde a Afundación Obra Social ABANCA cremos que informar toda a cidadanía sobre as finanzas persoais nas diferentes etapas da vida é importante, isto tradúcese nun avance cara a un comportamento máis responsable e nunha toma de decisións financeiras máis informada. Así nace o noso programa de Educación Financeira.

Escolares

Impulsamos proxectos, tanto presenciais como dixitais, que teñen como propósito achegar a estudantes coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes relacionados cos conceptos máis importantes da economía e as finanzas, para poder avanzar cara a unha conduta máis responsable en todo o referido a esta materia.

A TOLA AVENTURA DO AFORRO

Experiencia inmersiva baseada na gamificación, dirixida a estudantes desde 1º a 6º de primaria co obxectivo de que aprendan de maneira colaborativa a distinguir entre o necesario e o desexado.

A través de operacións matemáticas e situacións cotiás que viven os divertidos personaxes de Un Planeta Moi Tolo, entenderán a importancia de xestionar correctamente o diñeiro, o aforro e a solidariedade, mentres se preparan financeiramente para a vida adulta.

Máis información

GRAND PRIX FINANCEIRO

Actividade presencial nos centros educativos, dirixida a estudantes de 4º, 5º e 6º de Primaria, en que a través dunha experiencia baseada no xogo da OCA, as e os estudantes aprenden a valorar o esforzo para poder ter a capacidade de comprar e elixir entre os desexos e as necesidades, e a xestionar adecuadamente un orzamento mensual para chegar á meta con diñeiro aforrado.

Seguramente ABANCA

Programa escolar de finanzas en formato de xogo en liña, ambientado no Camiño de Santiago, no que o alumnado de Primaria (3º a 6º), ESO (1º a 4º) e FP Básica, terán que planificar a súa viaxe, facer unha valoración dos riscos e posibles imprevistos e decidir os seus gastos.

Axustado en función do nivel educativo das e dos participantes, o xogo facilita unha aprendizaxe significativa sobre finanzas, ao mesmo tempo que reforza transversalmente outros coñecementos relacionados coa experiencia do Camiño de Santiago, como historia, arte, literatura… e mesmo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible! Hai premios para as aulas que percorran máis quilómetros do Camiño.

Máis información

As túas finanzas, o teu futuro (en colaboración coa Asociación Española de Banca- AEB)

As túas finanzas, o teu futuro está dirixido a estudantes de 3º e 4º de ESO, ten como obxectivo activar na mocidade a reflexión sobre a importancia da educación financeira nas súas vidas.

O programa consta de 3 sesións de 50 minutos semanais, en 3 semanas consecutivas, e impartidas por voluntariado con experiencia no sector financeiro.

Ao longo do programa, aprenden a facer un orzamento equilibrado, toman consciencia da importancia do aforro e de planificar as súas finanzas para os posibles imprevistos que poidan xurdir. Así mesmo, traballan o concepto de banca dixital e ciberseguridade, así como algunhas das modalidades de fraude financeira cibernética máis comúns, co fin de promover a súa detección e prevención.

Programa A Empresa Familiar nas aulas

Dirixido a estudantes de 4º de ESO e Formación Profesional, os obxectivos deste programa, promovido pola Asociación Galega da Empresa Familiar en colaboración con Afundación, son dar a coñecer o papel e relevancia da empresa familiar na economía e sociedade, trasladar unha imaxe positiva sobre a figura do empresariado e promover o espírito emprendedor entre as persoas máis novas.

Participan de forma presencial nas aulas profesionais das principais empresas familiares galegas que, á súa vez, se converten en anfitrións do estudantado que participa no programa, cando lles devolven a visita á súa empresa.

O programa inclúe un concurso que premia a mellor idea emprendedora.

Programa Preparados para dar o salto

Dirixido a estudantes de Bacharelato e Formación Profesional, unha interesante conferencia de 50 min que aborda os retos que marcarán a evolución da economía, facendo especial fincapé na necesidade de mellorar o nivel do coñecemento das finanzas para avanzar cara á necesaria alfabetización e benestar financeiro na vida adulta. Todo isto, dentro do contexto tecnolóxico actual transformando os nosos estilos de vida e traballo, e cun efecto directo sobre a xestión das nosas finanzas persoais e a seguridade que hoxe esixe o mundo dixital.

Artes escénicas para escolares

Cíclope é a cuarta obra de teatro do programa de educación financeira que desenvolvemos, despois de Laberinto, Troya e De los cuentos a las cuentas. Para iso, contamos unha vez máis coa experiencia da empresa Zarándula no desenvolvemento do guión e a representación da montaxe que, desta volta, usa os mitos clásicos para concienciar estudantes de 11 e 12 anos da importancia de realizar unha boa xestión das finanzas persoais.

Desde as artes escénicas buscamos achegar coñecementos sobre finanzas a escolares, un recurso anovador que responde á filosofía do programa de educación financeira de ABANCA e Afundación, que trata de adaptar os formatos das actividades en función do público ao que están dirixidas. Cada ano benefícianse deste programa máis de 100.000 persoas.

Xuventude

Inscricións do 1 de outubro ata esgotar prazas.

FPDual (18 a 35 anos) Actividade Interna en colaboración coa Xunta de Galicia. (Non precisa de inscrición).

Seminarios e cursos con sesións teóricas e prácticas para alumnado de ciclos formativos de Comercio e Márketing e de Administración e Xestión impartidos por persoal de ABANCA, que pretenden actualizar e complementar os coñecementos docentes.

Campus ABANCA (18 a 35 años)

En colaboración con las universidades gallegas, está dirigido a difundir la educación financiera y la cultura emprendedora entre estudiantes de universidad.

Maiores

Desde os Espazos +60 Afundación ofrecemos xornadas e obradoiros relacionados coas finanzas:

Curso Banca Electrónica e Móbil. (Máis de 60 anos)

En colaboración co departamento de Banca Electrónica e Móbil de ABANCA, este curso familiarízanos con operacións e situacións habituais de banca. Operacións con recibos, como aplicar límites e bloqueos ás tarxetas e, sobre todo, cuestións de ciberseguridade relacionadas con claves de banca electrónica e pagos online.

Novidade! Obradoiro de Cultura Financeira, Obradoiro de Fiscalidade e Sucesións e Obradoiro de bolsa. (Máis de 60 anos)

Talleres dun día de duración, en colaboración co Departamento de Banca Persoal e Mercados de ABANCA. Prazas limitadas!

Novidade! Fai a túa vida máis doada cos caixeiros ABANCA. (Máis de 60 anos)

Taller de dixitalización, en colaboración co departamento de Sistemática e Operativa de ABANCA. Prazas limitadas!