Centros sociais e culturais

  • Sede Afundación A Coruña

    Sede Afundación A Coruña

    O edificio, sede do Padroado de Afundación, é un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw. Achega unha obra vangardista ao patrimonio arquitectónico da cidade e de Galicia e completa a fisionomía do Cantón Grande permitindo, grazas a un enorme corredor interior, que o propio inmoble funcione como vía de conexión entre a rúa da Estrela e os Cantóns.

    • Dirección: Cantón Grande, 8, A Coruña. 15003, A CoruñaEspaña
    • Información e reservas: 981 185 060 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sede Afundación Vigo

    Sede Afundación Vigo

    O edificio, sede da Xerencia de Afundación, foi proxectado en 1879 polo arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez. De estilo eclecticista, loce un virtuoso traballo de cantería e presenta dúas fachadas enlazadas por un chafrán, resaltado con miradoiros de fundición.

    • Dirección: Policarpo Sanz, 24 - 26, Vigo. 36202, PontevedraEspaña
    • Información e reservas: 986 120 078 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sede Afundación Pontevedra

    Sede Afundación Pontevedra

    A Sede Afundación Pontevedra foi redeseñada polo arquitecto pontevedrés César Portela cunha filosofía de combinar a tradición formal do inmoble coa estética do século XXI, dotándoo dunhas instalacións innovadoras acordes aos seus novos usos sociais. 

    • Dirección: Augusto González Besada, 2, Pontevedra. 36001, PontevedraEspaña
    • Información e reservas: 986 100 404 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sede Afundación Ourense

    Sede Afundación Ourense

    Sede Afundación de Ourense está situada nun dos edificios máis representativos do modernismo galego, deseñado polo arquitecto Daniel Vázquez Gulías.

    • Dirección: Avenida de Pontevedra, 9, Ourense. 32005, OurenseEspaña
    • Información e reservas: 988 391 746 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sede Afundación Lugo

    Sede Afundación Lugo

    Sede Afundación de Lugo é un edificio multifuncional, concibido co fin de que os seus espazos poidan ser tamén utilizados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes á nosa filosofía.

    • Dirección: Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n, Lugo. 27001, LugoEspaña
    • Información e reservas: 982 289 096 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sede  Afundación Santiago de Compostela

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    O edificio denominado Casa Grande do Pozo está incluído no catálogo de Protección do Patrimonio Construído de Interese Cultural do Concello de Santiago de Compostela. Pertenceu ao cabido entre os séculos XV e XIX, era moi apreciado por albergar no seu interior un pozo que alimentaba as fontes públicas da cidade. No ano 1895 o arquitecto Manuel Pereiro Caeiro realizou unha importante reforma no inmoble. 

    • Dirección: Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela. 15705, A CoruñaEspaña
    • Información e reservas: 981 552 577 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sede Afundación Ferrol

    Sede Afundación Ferrol

    Nas catro plantas que ocupa a Sede Afundación Ferrol sitúanse, ademais do salón de actos equipado cos últimos avances tecnolóxicos, diversas salas para acoller exposicións, cursos, obradoiros, faladoiros e todo tipo de actos culturais e sociais.

    • Dirección: Praza da Constitución s/n, Ferrol. 15402, A CoruñaEspaña
    • Información e reservas: 981 330 280 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Auditorio ABANCA

    Auditorio ABANCA

    Inaugurado en 2011, o Pazo de Ramirás acolle agora un auditorio que respecta a antiga fisonomía do edificio en pleno casco histórico compostelán.

    • Dirección: Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela. 15704, A CoruñaEspaña
    • Información e reservas: 981552577 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Café Moderno Afundación Pontevedra

    Café Moderno Afundación Pontevedra

    A última rehabilitación do Café Moderno Afundación foi dirixida polo arquitecto portugués Álvaro Siza. O edificio alberga un encantador café e conserva interesantes pinturas, obra de destacados artistas galegos da primeira metade do século XX, como Monteserín, Pintos Fonseca, Carlos Sobrino ou Laxeiro. 

    • Dirección: Praza de San Xosé, 3, Pontevedra. 36001, PontevedraEspaña
    • Información e reservas: 986 864 612 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Pazo de San Roque

    Pazo de San Roque

    Trátase dunha construción de finais do século XVII ideal para a celebración de reunións, xornadas, xantares e ceas, cursos e conferencias. O Pazo de San Roque está dotado dos máis modernos medios tecnolóxicos e audiovisuais, acceso a internet, canón de vídeo, videoconferencia e acondicionámolo para a realización de diversas e variadas actividades sociais e culturais. 

    • Dirección: Filipinas, 8, Vigo. 36204, PontevedraEspaña
    • Información e reservas: 986 120 078 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Sala de exposicións  Afundación Ourense

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    A Sala de exposicións Afundación en Ourense trátase dunha xoia arquitectónica situada en pleno barrio histórico, que reformamos totalmente no seu interior para transformalo nun innovador edificio de espazos diáfanos e liñas modernas, conservando por completo a súa fachada tradicional, de gran valor artístico.

    • Dirección: Praza Maior, 4, Ourense. 32005, OurenseEspaña
    • Información e reservas: 988 391 746 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis
  • Teatro Afundación Vigo

    Teatro Afundación Vigo

    Situado en pleno corazón da cidade de Vigo, o Teatro Afundación inaugúrase en 1984. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o magnífico teatro García Barbón, que o arquitecto Antonio Palacios proxectara a principios do século XX. 

    • Dirección: Policarpo Sanz, 13, Vigo. 36202, PontevedraEspaña
    • Información e reservas: 986 447 369 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
    Ver máis