Catro fachadas nobres realzadas por unha estudada iluminación nocturna son a nosa carta de presentación deste harmonioso edificio que se levanta entre as dúas principais prazas da cidade, flanqueado polo concello e a catedral, no mesmo centro de Lugo, unha área urbana en auxe e recentemente renovada, dinámica e de constante tránsito peonil.
A Sede Afundación de Lugo é un edificio multifuncional, concibido co fin de que os seus espazos poidan ser tamén utilizados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes á nosa filosofía.
Accesos
Autobuses Urbanos . Todas as liñas teñen parada no centro de Lugo. Máis informacion da estación de autobuses de Lugo.
Estación de trens. Praza Conde de Fontao. s/n 982 320 320. Máis información da estación de trens de Lugo.
Información e reservas
Se che interesa alugar os nosos espazos, ou se tes algunha dúbida, podes contactarnos no teléfono 982 289 096 ou no enderezo electrónico socioculturales@afundacion.org
Espazos e Salas disponibles
Horarios
Exposicións:
LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h
Apertura sede:
A consultar
Localización
Ver mapa más grande
Contacto