O edificio denominado Casa Grande do Pozo está incluído no catálogo de Protección do Patrimonio Construído de Interese Cultural do Concello de Santiago de Compostela. Pertenceu ao cabido entre os séculos XV e XIX, era moi apreciado por albergar no seu interior un pozo que alimentaba as fontes públicas da cidade. No ano 1895 o arquitecto Manuel Pereiro Caeiro realizou unha importante reforma no inmoble.
Ideamos o edificio como colector cultural de espazos diáfanos, no que os elementos preexistentes con valor histórico e etnográfico pasan a ser os protagonistas, incorporándose ás novas estruturas. Debido á súa especial significación histórica e patrimonial, consolidamos e acondicionamos o pozo. Así a súa estrutura queda exposta permanentemente na planta baixa e intégrase completamente dentro do deseño do propio edificio.
Na actualidade dispomos dun auditorio, salas de exposicións e unha sala de consellos.
Accesos
Autobuses. Zona peonil. Información sobre buses en Santiago.
Trens. R/ Hórreo 75. Información sobre a estación de trens de Santiago.
Aeroporto. Distancia 13 km. Información sobre o aeroporto de Lavacolla.
Se che interesa alugar os nosos espazos, ou se tes algunha dúbida, podes chamarnos ao 981 552 577 ou escribirnos a socioculturales@afundacion.org
Espazos e Salas disponibles
Horarios
LUNS a SÁBADOS | 12.00 a 14.00 e 16.30 a 20.30 h
DOMINGOS e FESTIVOS | pechado
Localización
Ver mapa más grande
Contacto