A construción de finais do século XVII conta con dous andares (semisoto e planta baixa) cunha superficie total de 640 m². No semisoto atópanse un vestíbulo, uns aseos, un almacén, unha cociña e un salón-comedor, mentres que a planta baixa dispón doutro vestíbulo, unha área de recepción, uns aseos, un gardarroupa, un gabinete, unha sala de xuntas e dúas salas de conferencias.
O parque urbano, con máis de 17 000 m², alberga importantes mostras do patrimonio artístico e cultural de Galicia xunto co pombal e a capela de San Roque, conformando un conxunto único e un marco incomparable para darmos lugar a eventos que requiren grandes instalacións e ambiente distinguido.
Dotamos o pazo dos máis modernos medios tecnolóxicos e audiovisuais, acceso a internet, canón de vídeo, videoconferencia e acondicionámolo para a realización de diversas e variadas actividades sociais e culturais. É ideal para a celebración de reunións, xornadas, xantares e ceas, cursos e conferencias.
Accesos
Autobuses. Liñas : 12B, L14, C3. Información da estación de autobuses de Vigo.
Estación de trens Guixar: r/ Areal, s/n Vigo. Información da estación de trens Vigo-Guixar.
Aeroporto: a 16 km de distancia. Información do aeroporto de Peinador.
Información e reservas
Se tes algunha dúbida acerca dos nosos espazos ou se che gustaría facer unha reserva, contáctanos no teléfono 986 120 082 socioculturales@afundacion.org