• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

SIMULTÁNEA. Sete exposicións, sete cidades

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
SIMULTÁNEA. Sete exposicións, sete cidades
  • 09-09-2024 22-03-2025 SIMULTÁNEA. Sete exposicións, sete cidades Co gallo do noso 10º aniversario, presentamos este proxecto expositivo que se poderá visitar nas nosas sete sedes á vez, percorrendo diferentes apartados da Colección de Arte Afundación, do século XIX ao XXI, a través de pintura, fotografía, escultura, videoarte e instalación. Únete á nosa festa creativa! Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)//Sede Afundación Ourense Avenida de Pontevedra, 9. Ourense (Ourense)//Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)//Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)//Café Moderno Afundación Pontevedra Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra)//Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)//Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)


    Sede Afundación Ourense

    Avenida de Pontevedra, 9. Ourense (Ourense)


    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)


    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)


    Café Moderno Afundación Pontevedra

    Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)


    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    9 OUT a 25 XAN 2025*

    (*Ferrol ata 1 MAR 2025 e Vigo ata 22 MAR 2025)

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Xa vai chegando ao seu cabo a nosa gran festa creativa en todas as cidades galegas: SIMULTÁNEA, a macroexposición centrada na Colección de Arte Afundación está nos seus derradeiros días. Gózaa nas nosas sedes ata as seguintes datas:

 

A CORUÑA | MODO RETRATO | ata o 25 XAN 2025

COMPOSTELA | ARQUITECTURAS NARRADAS | ata o 25 XAN 2025 (Visitas escolares ata o 1 FEB 2025)

FERROL | O OBXECTO CONTEMPORÁNEO E DOMÉSTICO | ata o 1 MAR 2025

LUGO | ESCENAS DE COSTA E MAR ABERTO | ata o 25 XAN 2025 (Visitas escolares ata o 10 FEB 2025)

OURENSE | ESPAZO ABERTO E NATUREZA  | ata o 25 XAN 2025

PONTEVEDRA | ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS | ata o 25 XAN 2025 (Visitas escolares ata o 1 FEB 2025)

VIGO | VOAR COA IMAXINACIÓN | ata o 22 MAR 2025

 

Un total de trescentas cincuenta obras, entre fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación, de máis de duascentas autorías do século XIX á actualidade.

Agardámoste nos nosos edificios!

  

SIMULTÁNEA
7 exposicións, 7 cidades

 

comisariado | PALOMA VELA

 

Ao longo dos anos o noso compromiso coa Colección de Arte Afundación, declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2015, é o de mantela cun carácter sempre dinámico e aberto á ollada pública a través de distintas mostras itinerantes, que poñen o foco a cada volta en diferentes temáticas, artistas ou épocas. Agora, traémola de novo á palestra dun xeito diferente, afondando en elementos identitarios que nos anoan como comunidade e que dan conta da riqueza, calidade e evolución da nosa arte: o retrato, o obxecto, o mar, a natureza, a abstracción, a arquitectura e a fantasía son os sete temas que abordamos desde un percorrido multidisciplinar.

  

VISITAS VIRTUAIS

Agora podes entrar en cada unha das sete exposicións virtualmente para coñecer os seus contidos como, onde e cando queiras. Entra nas ligazóns enriba e descubre toda a arte da nosa Colección desde a casa. 

 

CATÁLOGO SIMULTÁNEA

Ademais, agora podes descargar de balde unha versión reducida do catálogo SIMULTÁNEA ou facéreste con el nas nosas tendas físicas ou online. Cun desconto durante o tempo de exposición!
Entra e infórmate.

 

PASAPORTE SIMULTÁNEA

¿E aínda non coñeces o PASAPORTE SIMULTÁNEA? Solicita o teu, accede con el a un mínimo de tres das mostras nos nosos edificios e forma parte automaticamente dun sorteo moi especial...
Máis información.

 

CONCERTOS SIMULTÁNEA

Concertos simultáneos nas sete salas de exposicións de SIMULTÁNEA.
 
22 NOV | 19.30 h
 
(O acceso á sala de exposicións pecharase ás 19.00 h. A partir desa hora, só poderán acceder as persoas con entradas para o concerto).
 
Sede Afundación A Coruña | PAVA
PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo pegadizo e honesto que vai da psicodelia ao pop. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey. A personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas do outro lado do Atlántico. PAVA 3 é o terceiro EP que ve a luz no mes de novembro.
 
Sede Afundación Ferrol | Sofía Espiñeira
Sofía Espiñeira crea composicións orixinais que beben da raíz, maridando o latexo das músicas do mundo e da canción de autora máis íntima e espida. Tras o camiño feito nos escenarios co seu disco debut Alá onde agroman as herbas, Sofía Espiñeira inicia a súa segunda viaxe musical: Xeografías.
 
Sede Afundación Santiago de Compostela | Raposa 
Raposa é unha formación pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad. Un proxecto consolidado sobre un cimento de corda pulsada, onde a versatilidade e virtuosismo de ambos compoñentes sobrevoa paisaxes batuxadas por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución rebosante de matices e delicadeza. O material sonoro desprende equilibrio e proporción, música orixinal que evoca harmonías pretéritas, exóticas e vernáculas; unha confección acústica concibida como ofrenda e reivindicación do honesto e fermoso da natureza humana e da música como ferramenta de cambio social.
 
Sede Afundación Pontevedra | Anxo Araújo 
O músico pontevedrés Anxo Araújo presenta o seu segundo traballo discográfico Aprender a bailar. Unha proposta de melodías pop que se achega ao lado máis luminoso do artista. Reminiscencias do folk e da música tradicional nos marcos das cancións e unha temática que vai do íntimo e máis persoal ao social e comunitario. Un traballo cheo de sensibilidade que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz.
 
Sede Afundación Vigo | Abril
Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade. Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.
 
Sede Afundación Ourense | Magín Blanco
Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011) A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013), e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco (Ed. Galaxia 2014), Gatuxo (Ed. Fol música 2015) ou Camiños (Ed. Fol música, 2017). Despois do éxito acadado co espectáculo A nena e o grilo nun barquiño, co que realizou máis de un cento de actuacións durante a súa xira, consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia.
 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA AQUÍ.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078