Actividades para escolares curso 2017-2018
Presentámosvos a oferta de actividades escolares para o curso 2017-2018. O obxectivo da programación é fomentar o interese dos máis novos pola cultura, a historia ou a natureza desde unha perspectiva diferente e favorecer o seu desenvolvemento na súa transición cara a idade adulta. Ademais, as actividades que o alumnado realiza fóra das aulas complementan e enriquecen a súa educación, brindándolles a oportunidade de compartir, aprender e madurar.
A oferta inclúe actividades de artes escénicas, obradoiros e visitas comentadas ás exposicións e ao Centro de Educación Ambiental Naturnova. Alén disto, dentro da oferta deseñada, incorpórase o novidoso programa de educación interxeracional «Fálame da emigración», que permite aos estudantes achegarse a un período significativo da nosa historia da man dos seus protagonistas, persoas maiores voluntarias de once centros de Afundación.
Descarga a oferta completa.