• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «O noso planeta». A Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «O noso planeta». A Coruña
  • 06-11-2019 08-02-2020 Mostra «O noso planeta». A Coruña A aclamada e necesaria serie de Netflix, coa participación de David Attenborough, chega en forma de exposición para abrir conciencias e deixar claro que estamos ante unha situación de emerxencia climática Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    6 de novembro a 8 de febreiro 2020

  • Horario:

    Luns a venres de 14.00 a 21.00 h (Polas mañás de 10.00 a 14.00 só para público escolar)

    Sábados e festivos de 11.00 a 21.00 h

    Domingos pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación A Coruña acolle do 6 de novembro ao 8 de febreiro a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.

 

Como complemento á mostra, desenvolveremos un amplo programa de actividades para todas as idades que podes consultar embaixo.

 

VISITAS GUIADAS

Mércores e venres (non festivos) | 19.00 h | GRATUÍTAS

E para grupos (mínimo 10 persoas) | horario a convir | 1 €/ participante | Reservas 981 185 060

 

MAMUT VR. VIAXE AO PASADO
Luns a venres de 18.00 a 20.00 h e sábados de 12.00 a 14.00 h e 18.00 a 20.00 h

Atrévete a poñeres unhas lentes de realidade virtual e convivir con animais que poboaron a Terra hai 8.000 anos... A experiencia non te deixará indiferente.

 

O NOSO PLANETA VIRTUAL
Luns a venres de 18.00 a 20.00 h e sábados de 12.00 a 14.00 h e 18.00 a 20.00 h

Descubre o noso planeta virtual con Google Earth a través do módulo interactivo multipantalla ou vive o percorrido mediante unhas lentes de realidade virtual.

 

 

ESCOLARES

• Patas peludas, peludas patas. Visita obradoiro de infantil a 3o de primaria
• A sangue frío... Visita obradoiro de 4º de primaria a 2º de ESO
• O noso planeta. Visita obradoiro para 3º, 4º de ESO, bacharelato e CF
Prezo: 1 €/participante
Sede Afundación A Coruña | Cantón Grande, 8
areaeducativacoruna@afundacion.org | 981 185 060

 

ACTIVIDADES PARALELAS

Unha vez máis desde Afundación Obra Social ABANCA queremos ir máis aló co concepto de exposición, organizando un completo programa de encontros, cursos e espectáculos estreitamente vinculados coa temática da mostra: a sustentabilidade.

Serie documental Nuestro planeta | 9, 16, 23, 30 Nov. 7, 21 DEC. 2, 3, 11, 18 XAN. | 12.00 a 20.00 h (sesións continuadas)

Proxeccións da serie documental de Netflix, froito de catro anos de traballo e producida por Silverback Films en colaboración con WWF. Rodouse en 50 países de todos os continentes cun equipo de máis de 600 persoas.

MÁIS INFO

Gaia | 14 de decembro

Obra de teatro para toda a familia, na que se aborda a importancia da sustentabilidade para que todas as persoas poidan gozar dunha vida digna neste planeta.

MÁIS INFO

 

Ciclo Cinema e natureza

Proxectamos unha colección de filmes recoñecidos por crítica e público que tratan o tema central da nosa exposición. Toma nota: A princesa Mononoke, Mañá, Alma salvaxe, Wall-E e A viaxe do emperador.

MÁIS INFO

 

Ciclo Cociña en familia para un planeta sustentable

Toda a familia está convidada a participar duns divertidos cursos de cociña nos que aprender a elaborar pratos riquísimos, sen desatender a importancia de cociñar en consonancia coa sustentabilidade.

MÁIS INFO

Reserva a túa praza aquí, en Ataquilla. com!

 

A MOSTRA

Trátase dunha primicia mundial que arrinca na Coruña. O documental OUR PLANET é o produto máis visto da plataforma Netflix, por enriba de calquera serie ou película. E esta é a primeira vez que se aborda ese contido en formato exposición. A mostra ve a luz grazas á colaboración entre Afundación e GeoPlaneta, que da man seleccionaron as imaxes da exposición, os textos e o deseño xeral da mostra.

 

«Esta é a exposición máis importante que verás este ano, calquera ano, porque contén o problema máis importante ao que se enfronta a humanidade». David Atthenborough na publicación OUR PLANET.

 

O ano 2020 é o 75 aniversario da ONU. Na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático en Cancún, no 2010, estableceuse que no 2020 se mobilizarían 100.000 millóns de dólares para protexer os bosques tropicais así coma o desenvolvemento de enerxías verdes. Tamén entrará en vigor o Acordo de París, que establece a redución de gases de efecto invernadoiro. Celebraranse, ademais, os primeiros Xogos Olímpicos Verdes en Tokio. Estes acontecementos e moitos outros xustifican o longo percorrido deste proxecto expositivo, audiovisual e editorial.

 

Coordinadores do proxecto (textos do libro, documentais, película e expo):

Alastair Fothergill galardoado produtor das series da BBC sobre vida salvaxe Life in the Freezer, Planet Earth, Frozen Planet, The Blue Planet e The Hunt. Tamén dirixiu catro films para Disney e é autor de catro libros.

Ao longo do case trinta anos nos que traballou para a BBC Natural History Unit, Alastair Fothergill produciu, entre outras, as emblemáticas series Planeta Azul, Planeta Tierra e El planeta helado. Desde o 2006 tamén traballou para Disney, dirixindo seis películas sobre fauna para o selo Disneynature. No 2012 creou Silverback Films xunto a Keith Scholey, coa que produciron as series La Caza para a BBC e Nuestro planeta para Netflix, a primeira serie documental de natureza orixinal de Netflix. Membro da Royal Geographic Society e galardoado coa medalla de ouro da mesma, Fothergill tamén foi recoñecido cos doutoramentos honoríficos das universidades de Durham, Hull, York St. John e Bristol. Actualmente vive en Bristol coa súa esposa, dous fillos e dous cans Jack Russell terrier.

 

Keith Scholey é doutor en Zooloxía pola Bristol University e é cofundador de Silverback Films xunto con Alastair Fothergill. Ten unha longa experiencia en series documentais coa BBC, Disney, Discovery e outros.

Criado en África Oriental, Keith Scholey estudou Zooloxía na Universidade de Bristol, obtendo un grao de ciencias e un doutoramento. En 1982 incorporouse á BBC Natural History Unit como documentalista da serie de David Attenborough El planeta viviente. Posteriormente converteuse en produtor, e despois en produtor de series, con títulos no seu haber como Prisoners of the Sun, Wildlife on One, e os Wildlife Specials; e creando e producindo Big Cat Diary. En 1998 pasou a ser xefe da BBC Natural History Unit e, por conseguinte, controller de todas a BBC Factual Productions. Na actualidade é director adxunto de Silverback Films, con sede en Bristol, coa cal dirixiu e produciu tres documentais de animais para Disney –Grandes felinos africanos, Bears e Dolphin Reef– ademais de ser responsable das series de Discovery Channel tituladas North America e Deadly Islands, e da serie documental orixinal de Netflix Nuestro planeta.

 

A mostra presenta un total de 45 fotografías, organizadas en diferentes apartados, segundo os distintos ecosistemas. Cada imaxe acompáñase dun texto que estuda os aspectos biolóxicos, ecolóxicos, de sustentabilidade, alertas ambientais ou curiosidades da natureza.

Velaquí as malas noticias. A Terra é o noso planeta e os humanos estamos a perder o control, aniquilando a fauna e destruíndo os seus sistemas de soporte vital. Pero tamén as hai boas, porque se recoñecemos o perigo que corremos, teremos a oportunidade de redimirnos, de empezar unha gran restauración da natureza. Estamos a tempo!

Necesitamos madurar, estar orgullosos do noso fogar. Facer unha lista de reformas e poñernos ao choio. Esta exposición é un chamamento á acción para empezar a cambiar o panorama desde hoxe mesmo, un fermoso e, á vez, reveladora viaxe polos distintos reinos biolóxicos.

Seguindo os pasos da serie O noso planeta, de Netflix, a exposición percorre desde as minguantes selvas tropicais ata a sobreexplotación mar a fóra, ilustrando a destrución sen precedentes da natureza a mans do ser humano, mais dirixindo todas as esperanzas cara á súa incrible capacidade para recuperarse.

O noso planeta
O noso planeta
Realidade aumentada. O noso planeta
Realidade aumentada. O noso planeta
Pantallas de proxeccións. O noso planeta
Pantallas de proxeccións. O noso planeta
Pantallas interactivas. O noso planeta
Pantallas interactivas. O noso planeta
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. A Coruña
Expo O noso planeta. Joaquín Araújo. A Coruña
Expo O noso planeta. Joaquín Araújo. A Coruña
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078