Teatro en familia: Gaia. A Coruña
O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. Gaia perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s un mañá feliz e un mundo a toda cor. Espectáculo de danza que chega á Sede Afundación A Coruña o 14 de decembro dentro da programación de actividades paralelas á mostra «O noso planeta».
As túas entradas en Ataquilla.com
(Esta actividade tamén se enmarca na Programación para Escolares Afundación 2019-2020).
Cía. Entremáns
Galego | 60 minutos
A partir de 3 anos
Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento en que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. A importancia da interacción entre as persoas e a natureza será a clave desta obra. Ao final da mesma, haberá unha pequena charla coa rapazada.
Dirección: Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez | Guión e dirección de escena: Kirenia C. Martínez Acosta | Coreografía e interpretación: Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez | Voz en off: Ramiro Neira e Estefanía Gómez | Espazo sonoro: Carla López e Iago Mouriño | Aderezo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans | Deseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego) | Animación/vídeo: Ziwa | Arte-Imaxe: Gosia Trebacz | Vestiario: Santos Salgado e Compañía Entremans | Asesoramento lingüístico: Beatriz Corral | Asesoramento medioambiental: Noel Miguélez | Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural
VÍDEO