Maratón documental da serie O noso planeta de Netflix. A Coruña
O noso planeta, o documental de Netflix sobre a vida na Terra converteuse nun dos contidos estrela na plataforma de streaming. A produción, composta por oito capítulos e narrada para o público español pola actriz Penélope Cruz, mostra incribles imaxes da Terra co fin de concienciar o público sobre a importancia de preservar os recursos naturais. A serie documental é froito de catro anos de traballo, e foi producida por Silverback Films en colaboración con WWF.
Proxeccións todos os sábados!
9, 16, 23, 30 NOV. 7, 21 DEC. 2, 3, 11, 18 XAN. | 12.00 a 20.00 h (proxección dos 8 capítulos en sesión continua) | Sede Afundación A Coruña
Entrada gratuíta ata encher a capacidade.
PASES
12.00 h | Episodio 1. Un planeta (49’)
12.50-13.00 h | Descanso
13.00 h | Episodio 2. Mundos de hielo (53’)
13.54-14.00 h | Descanso
14.00 h | Episodio 3. Las selvas (51’)
14.52-15.00 h | Descanso
15.00 h | Episodio 4. Aguas costeras (50’)
15.51-16.00 h | Descanso
16.00 h | Episodio 5. Desiertos y praderas (51’)
16.52-17.00 h | Descanso
17.00 h | Episodio 6. Alta mar (49’)
17.50-18.00 h | Descanso
18.00 h | Episodio 7. Agua dulce (49’)
18.50-19.00 h | Descanso
19.00 h | Episodio 8. Bosques (49’)
NRM 7 anos.
Versión dobrada ao español.
Non se permite a entrada na sala unha vez comezado un episodio nin acceder con comida ou bebida.
Este arduo proxecto, que esixiu catro anos de rodaxe en 50 países de todos os continentes cun equipo de máis de 600 persoas, aborda a enorme diversidade de hábitats que hai no noso planeta: desde a natureza virxe do Ártico e as misteriosas profundidades oceánicas ata as vastas chairas de África e as variadas selvas de América do Sur.
Esta actividade encádrase dentro do programa de paralelas á MOSTRA «O noso planeta», que podes ver ata o mes de febreiro na Sede Afundación da Coruña, un incrible proxecto expositivo baseado na serie documental de Netflix, que baixo o mesmo título nos activa e conciencia cara á sustentabilidade.