Levitando

- INV:
- 3991
- Año de creación:
- 1990
- Dimensiones:
- 162 x 130 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Nesta obra, Alfonso Costa fai gala dunha indiscutible personalidade pictórica, onde a materia parece que se dilúe e desaparece ante os nosos ollos.
A estrutura arquitectónica que acolle a escena delimita un espazo irreal no que unha figura antropomorfa parece levitar sobre unha peaña. Unha imaxe inquietante que continúa na liña onírica na que este autor se atopa tan cómodo e coa que consegue crear mundos irreais e sorprendentes como o que protagoniza esta escena.
O incontible dinamismo que protagoniza esta obra é tamén outra constante na traxectoria deste autor, ao igual que o é o uso case máxico da cor, utilizado nesta ocasión ao servizo desa levidade que inunda o personaxe central, en contraste coa estrutura que o enmarca, de gran solidez e rotundidade. O resultado é, pois, unha obra de contrastes: dinamismo-estatismo, corpóreo-lixeireza, escuridade-luminosidade, etc. que nos permite apreciar o dominio técnico co que o seu autor aborda todas as súas obras, conseguindo nesta ocasión un dos seus traballos máis completos e interesantes.
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
"Alfonso Costa" Antolóxica. Centro Cultural Caixanova. Vigo del 28 de outubro ao 29 de novembro de 2009. Centro Social Caixanova de Pontevedra do 17 de decembro de 2009 ao 24 de xaneiro de 2010. Centro Social Caixanova de Ourense. Do 4 de febreiro ao 14 de marzo de 2010.