• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

A chambra branca

SEOANE

A chambra branca
INV:
577
Año de creación:
1969
Dimensiones:
100 x 81 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Figura feminina corpulenta, cortada na súa parte inferior polo bordo da tea, o que acentúa o seu achegamento ó espectador; ó fondo, unha ventá e maila aresta vertical da parede, que separa superficies de distinta cor. A composición, perfectamente meditada, estructúrase con rasgos esquemáticos, que combinan a fronte e o perfil, xogando coas cores que duplican a imaxe, sen ningún tipo de misterio, cunha estética inxenua de gran valor plástico. O branco ocupa o lugar principal; ó seu lado, aparecen vermello, ocre, marelo, marrón e negro.

Exposiciones

"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo" itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988 e xaneiro de 1989; "Artistas Galegos na Colecçao Caixavigo" Casa D. Hugo, Porto do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

Reproducciones

"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", Catálogo da Exposición, Vigo 1988; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX", Catálogo da Exposición, Vigo 1992; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 62

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78